1479 [= RM 64,21]
Par Deus, amigos, gran torto tomei

Par Deus, amigos, gran torto tomei
e de logar onde m’eu non cuidei:
estand’ali ant’a porta d’el-rei
preguntando por novas da fronteira,
por ũa velha que eu deostei,
deostou-m’ora Maria Balteira.
Veed’ora se me devo queixar
deste preito, ca non pode provar
que me lhe oisse nulh’omen chamar
senon seu nome, per nulha maneira;
e, pola velha que foi deostar,
deostou-m’ora Maria Balteira.
Muito vos deve de sobervia tal
pesar, amigos, e direi-vos al:
sei mui ben que, [se] lh’est[o] a ben sal,
todos iremos per ũa carreira,
ca, porque dixe d’ũa velha mal,
deostou-m’ora Maria Balteira.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1460 (f. 306r, col. a), V 1070 (f. 174v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 298 [= LPGP 420-421]); Zilli (1977: 181-182); Lopes (2002: 204); Littera (2016: I, 491).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 372); Braga (1878: 204); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 252-253); Machado & Machado (1958: VI, 162-163).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 130); Landeira Yrago (1975: 222); Tavares & Miranda (1987: 62-63); Alvar & Beltrán (1989: 211-212); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 127); Alvar & Talens (2009: 488); Ferreiro (2023a: 65).

Variantes manuscritas


3 ali] alhi V   4 novas] nonas V   5 velha ... deostei] uel\h/a ... doestey V   8 preito] p’cyto B   9 chamar] chamȳ V   11 pola] pelo V; velha] uela B   12 deostou] deosto\u/ V   13 vos] uos BV; sobervia] sober nha B   14 amigos] emgos V; vos] uos BV   16 iremos] rremos V   17 dixe] dixo V

Variantes editoriais


En Lopes o quinto verso de cada estrofa forma tamén parte do refrán (biversal).

Paráfrase


(I) Por Deus, amigos, gran afronta sufrín e dun lugar onde eu nunca pensei: estando alí perante a porta do Rei preguntando por novas da fronteira, por unha vella que eu deostei, deostoume agora María Balteira.
(II) Vede agora se me debo queixar deste asunto, pois non pode probar de modo ningún que ninguén me ouvise que a chamase senón polo seu nome; e, pola vella que fun deostar, deostoume agora María Balteira.
(III) Moito vos debe pesar tal soberbia, amigos, e direivos algo máis: sei moi ben que, se isto sae como ela quere, todos iremos polo mesmo camiño, xa que, por falar mal dunha vella, deostoume agora María Balteira.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10a 10a 10’b 10a 10’B (= RM 13:32)

Encontros vocálicos: 9 lheo·i·sse; 13 so·ber·vi͜a

Notas


Texto
  • *

    O personaxe histórico de María Perez, chamada a Balteira, cuxa identificación histórica concreta aínda presenta múltiplas dificultades e imprecisións (véxase García-Fernández & Pichel 2025), é obxecto de numerosos escarnios no corpus profano galego-portugués. Nas cantigas aparece citada de diversas maneiras: Maria Perez en Fernan Velho (1523.1), Pero da Ponte (1654.1, 1565.2, 5 e 8), Pero Mafaldo (1532.1); Maria Balteira en Pero Garcia Burgales (1392.1), Joan Baveca (1479.6), Pero d’Ambroa (1584.4) e Pedr’Amigo de Sevilha (1681.3); ou, simplemente, Balteira en Afonso X (479.1), Vaasco Perez Pardal e Pedr’Amigo de Sevilha (1525.4 e 91528.5, 16, 31 e 34) e mais Pero d’Ambroa (1607.1). Non obstante, en Pedr’Amigo de Sevilha comparecen Maria Balteira e Maria Perez (1675.1, 6), e nunha cantiga de Fernan Velho (1523, vv. 1 e 25) explicítase o apelativo de Balteira atribuído directamente a Maria Perez:

    Maria Perez se maenfestou
    noutro dia, ca por [mui] pecador
    se sentiu, e log’a Nostro Senhor
    pormeteu, polo mal en que andou,
    que tevess’un clerig’a seu poder
    polos pecados que lhi faz fazer
    o demo, con que x’ela sempr’andou.
        ....................................................
    E, pois que s’este preito começou
    antr’eles ambos, ouve grand’amor
    antr’ela sempr’[e] o demo maior
    atá que se Balteira confessou;
    mais, pois que vio o clerigo caer
    antr’eles ambos, ouv’i a perder
    o demo des que s’ela confessou.

  • 3

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> (<alhi> V) aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 11

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 15

    Sair a ben é ‘saír ou resultar ben’ (cfr. o antónimo sair a mal, 1632.27).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado