(I) Don Bernaldo, pésame porque mal traedes ese capote de augas e aquí dura moito o mao tempo, e vós non tendes iso em conta; e aconséllovos que procuredes outra cousa para vos cubrirdes, pois ese (capote) non é tan bo como para que vos non molledes moito baixo el.
(II) E quen despois vos vexa a saia mollada logo ha pensar que é pola vosa mesquindade, e en vós sempre houbo vontade de dar; e cando chegue aquí a crúa invernada, será cousa digna de admiración que vos poidades librar de vos mollar nin sequera un día baixo unha moi boa capa dobrada.
(III) E don Bernaldo, sequera nesta guerra, de canto o voso home vos mete, gardade un pouco para poderdes ter unha capa con capuz, aínda que a vós nunca se vos cerra ben a capa; ademais vós mañá querédesvos pór a cuberto e cabalgar, e así non hai forma de que non vos molledes nesa terra.