I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 280); Rodríguez (1980: 308 [= LPGP 399-340]); Lopes (2002: 185); Littera (2016: I, 468); Arias Freixedo (2017: 183).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 372); Braga (1878: 204); Machado & Machado (1958: VI, 164); Fernández Pousa (1959: 278).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 157-158); Seoane (1941: 79-80); Álvarez Blázquez (1975: 34); Tavares & Miranda (1987: 67); Diogo (1998: 225); Marcenaro (2006: 290-292).
3 dixe] (diss) dixe B : dize V; eu] en V 5 Dona] dōna V 6 nos] nos BV 8 e] Et B : et V; entremos] en Termos B 9 Non no] nono V 11 Dona] dōna V 12 nos] vos B : nos V 14 Dona] dōna V 17 Dona] dōna V 18 nos] uos BV 19 conhocedes] cognosceđs B; Dona] dōna V
3 e] om. Rodríguez 5 med[o] ei] med’ei Lapa : med’hei Lopes, Littera 9 Non no] Nõno Lapa : Non o Rodríguez, Arias Freixedo : nõn’o Lopes, Littera 11 med[o] ei] med’ei Lapa : med’hei Lopes, Littera 17 med[o] ei] med’ei Lapa : med’hei Lopes, Littera 19 conhocedes] conhoscedes Lopes, Littera
(I) Díxome Pero García que fose con el ver a miña señora, e díxenlle eu (en voz baixa) para que non oíse (ela): «Ai, Pero García, téñolle un gran medo a dona María, que nos mataría!».
(II) E díxome el: «Arrisquemos a vida e entremos alá». Dixen eu: «Non o faremos. Ai, Pero García, téñolle un gran medo a dona María, que nos mataría!».
(III) Díxome el: «Entremos antes de que dona María xante». Dixen eu: «Ide vós diante. Ai, Pero García, téñolle un gran medo a dona María, que nos mataría!
(1) Non coñecedes ben a dona María, ai Pero García!».
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’a 5’B 9’B 5’B (= RM 19:41) + 9’b 5’b
Encontros vocálicos: 2-3 visse/‿e; 8 ala‿entremos
Pero Garcia podería referirse ao trobador Pero Garcia Burgales (tal como suxire Marroni 1968: 331), en canto Dona Maria é personaxe que, a través deste común nome, non ten identificación segura, aínda que se podería pensar en Maria Balteira (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Maria, Dona; e sobre as propias dificultades para a identificación histórica da Balteira, véxase García-Fernández & Pichel 2025).
Nos Livros de Linhagens existe unha sorprendente coincidencia nos nomes dos protagonistas deste escarnio, embora ambos sexan nomes moi comúns, de modo que é ben difícil que estes Pero Garcia e Maria Garcia sexan os mesmos que os da cantiga:
E o sobredito dom Garcia Peres Ladrom, irmão de dom Vasco Veirom, foi casado con Gontinha Soares, e fege en ela Fernão Garcia, e este Fernão Garcia fez cavaleiro Nuno Martins de Chacim; e fege en ela dom Pero Garcia, o que fodeu e emprenhou sa irmã dona Maria Garcia, e houve ende um filho, e houve nome Martin Tabaia, e fege em ela Elvira Garcia (cfr. Piel & Mattoso 1980: I, 163).
A contaxe métrica octosilábica do verso aconsella a episinalefa visse/‿e.
A sistemática grafía conservadora e/ou latinizante <dōna> (= <donna>) de V no refrán (cfr. lat. dŏmĭnan > dom’na > donna > dona) é similar a outras que se rexistran ao longo do corpus: ano (<āno> BV, 1331.10; cfr. lat. annum), antano (<antāno> B, <antano> V; cfr. lat. ante annum) en 1594.21; dano (<dapno> BV, 1340.3; <dāno> B, <dano> V, 1487.17; cfr. lat. damnum). En calquera caso, son formatos gráficos relacionados con outras grafías latinizantes que se rexistran nos cancioneiros, cales absconde, peccado, soffrer, monstrar (só presente en copias de B, véxase nota a 9.3), o grupo -sc- en verbos inicialmente incoativos (conhoscer, parescer, escaescer, falescer, nascer; véxase nota a 117.19) ou a frecuente conxunción copulativa <et>, entre outros exemplos posíbeis. E para alén destas formas aínda se poden ter en conta outras como <in> en (2.18, 1451.2, 1624.17) e <cum> con (91.1, 671.2 e 6), <expedir> espedir (809.1, 1126.15), ou <cōmo> como e similares (294.15, 882.24, 1329.10, 1334.16 etc.). Véxase nota ao v. 19.
A expresión aventurar o(s) corpo(s), tamén en 1524, é ‘arriscar a vida’.
De novo comparece unha grafía latinizante na lección de B (<cognosceds̄>), fronte á lección canónica de V. Para alén de raridade que constitúe a grafía <gn> /ɲ/, nas cantigas profanas aparece por veces a grafía <sc> en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cōnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4)1 . Cfr. nota a 68.11.