(I) Por Deus, amigos, gran afronta sufrín e dun lugar onde eu nunca pensei: estando alí perante a porta do Rei preguntando por novas da fronteira, por unha vella que eu deostei, deostoume agora María Balteira.
(II) Vede agora se me debo queixar deste asunto, pois non pode probar de modo ningún que ninguén me ouvise que a chamase senón polo seu nome; e, pola vella que fun deostar, deostoume agora María Balteira.
(III) Moito vos debe pesar tal soberbia, amigos, e direivos algo máis: sei moi ben que, se isto sae como ela quere, todos iremos polo mesmo camiño, xa que, por falar mal dunha vella, deostoume agora María Balteira.