1474 [= RM 64,15]
Maior Garcia sempr’oi[o] dizer

Maior Garcia sempr’oi[o] dizer
por quen-quer que [se] podesse guisar
da sa mort’e se ben maenfestar
que non podia perdudo seer;
e ela diz, por se de mal partir,
que, enquant’ouver per que o comprir,
que non quer ja sen clerigo viver,
ca diz que non sab’u x’á de morrer,
e por aquesto se quer trabalhar
a como quer de se desto guisar;
e diz que á ben per u o fazer
con o que ten de seu, se d’alhur non:
dous ou tres clerigos, ũa sazon
[............................................. -er]
E Maior Garcia, por non perder
sua alma, quando esto oio foi buscar
clerigo e non s’atreveu a ‘lbergar
[............................................ -er]
e ja tres clerigos pagados ten,
que, sen ũu deles, sabede vós ben
que a non pode a morte tolher.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1455 (ff. 302v, col. b, 305r, col. a), V 1065 (f. 173v, col. b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 292); Zilli (1977: 153 [= LPGP 417-418]); Lopes (2002: 199); Littera (2016: I, 488); Arias Freixedo (2017: 206).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 370); Braga (1878: 203); Machado & Machado (1958: VI, 157-158).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 75); Corral Díaz & Vieira (2023: 140-141).

Variantes manuscritas


7 clerigo] de rigo BV   8 morrer] moirer B   10 guisar] pagar / Gⁱsar B : pagar gⁱsar V   11 o] A B : a V; fazer] fagar V   12 con o ... seu] çono ... ssey V   13 dous] de9 BV; tres] cēs B : res V; clerigos] dīgos BV; ũa] hus̄ V   17 clerigo] dīgo BV; e] Et B; atreveu] a creueu BV   19 clerigos] dīgos B : dingos V; ten] rem BV   20 sen] se V; ũu] hūn B; deles] deꝉꝉs BV; ben] huu V

Variantes editoriais


1 oi[o]] oi[u] Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo   2 [se]] om. Lapa   10 guisar] pagar Lopes, Littera   12 con o] cono Lapa : cõn’o Lopes   13 ũa sazon] un sa sazon Lapa : hun a sazon Zilli : um a sazom Lopes, Littera   14 [pode mui ben consigo sempr’aver] Lapa, Arias Freixedo : [pode mui bem consigo sempr’haver] Littera   16 oio] oiu Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo   17 e] et Zilli; atreveu a ‘lbergar] atreveu albergar Lapa, Zilli, Lopes, Littera   18 [tan senlheira u quer que á viver] Lapa : tam senlheira u quer que há viver Littera : [senlheira u quer que ela maer] Arias Freixedo   20 sen ũu deles] sen un deles Lapa : sse [é] hũu d’elles Zilli : sem um deles Lopes, Littera   21 tolher] colher Lopes

Paráfrase


(I) Maior Garcia sempre ouviu dicir que todo aquel que se puidese preparar para a propia morte e confesarse ben, que non podería ser condenado; e ela di, para se librar de mal, que en canto dispuxer de medios para facer iso, que non quere xa vivir sen un clérigo, (II) pois di que non sabe cando ha de morrer, e por iso quere facer o posíbel, da maneira que sexa, para se preparar para iso; e di que ten ben con que facelo co que ten de seu, se non por outra vía: dous ou tres clérigos a un tempo [...].
(III) E Maior Garcia, por non perder a súa alma, cando isto ouviu foi buscar un clérigo e non se atreveu a albergarse [...] e xa ten tres clérigos pagados, de xeito que –sabédeo ben– sen un deles a morte non a pode levar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:43)

Encontros vocálicos: 1 o·i͜o; 16 su·aalma, quandoestoi͜o; 17 clerigoe; 20 ũ͜u

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, igual que UC 213, 270, 926 ou 960, entre outras, presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (con ligazón causal nas estrofas I-II) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 74.
    A composición de Joan Baveca é unha nova burla contra a soldadeira Maior Garcia baseada nunha utilización paródica da doutrina católica da condenación eterna da alma en caso de morrer en pecado mortal e da posibilidade de se confesar in extremis para evitala. Para impedir que a morte a colla desprevida e en pecado, Maior Garcia opta pola infalíbel estratexia de pagar tres clérigos a un tempo para que a acompañen dia e noite. Varios termos e expresións como clerigo (pene), con o (cono) que ten de seu, se d’alhur non (“se non por outro lugar”), teñen un duplo sentido sexual.
    A figura da (descoñecida) soldadeira Maior Garcia é escarnecida polos poetas Joan Baveca (UC 1473 e 1474), xunto con Pero d’Ambroa (UC 1588) e Pedr’Amigo de Sevilha (UC 1683). Véxase Marcenaro & González (2024: s.v. Maior Garcia).

  • 1

    A presenza de oio no v. 16 aconsella unha restauración oi[o] neste verso, coa desinencia -io que esporadicamente é utilizada na P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación, con esmagadora dominancia de -iu. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

  • 3

    No verso maniféstase a voz maenfestar-se (que, coas variantes mãefestar e mẽefestar competía con confessar-se), procedente de manĭfestāre, no seu uso como termo ligado ao acto relixioso de declarar os pecados (perante o confesor), que desaparece a finais do século XIV (véxase CGPA, s.v.).

  • 8

    O verbo morrer en principio non é un verbo pronominal; porén, nas cantigas profanas detéctase ese carácter nunhas poucas pasaxes (véxase tamén 395.20, 511.7, 757.7, 758.11, 1005.11, 1065.1, 1097.9, 1235a.3, 1235b.3, 1590.4). Na prosa, tamén aparece esporadicamente algún uso pronominal do verbo morrer, por exemplo na Geral Estoria (véxase Martínez López 1963: 34), na Crónica Geral Galega (véxase Lorenzo 1975: 727), na Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase Cintra 1952-1990: III, 266), ou na Crónica de D. João I (véxase Fernão Lopes 1994: 396).

  • 10

    O texto de V presenta no final do verso pagar guisar, coa (errada) xustaposición de dous verbos, probabelmente con pagar pola frecuencia de uso nun tal contexto.

  • 17

    A pesar da real posibilidade da construción atrever-se + infinitivo (véxanse exemplos no Corpus Galego-Portugués Antigo1 ), no corpus trobadoresco presenta sempre a preposición a (20.8, 1198.6). Neste caso, prodúcese aférese da vogal inicial, en liña con outras existentes nas cantigas: dira ‘lguen (73.19); Dona ‘Lvira (149.1); a ‘lvor (454.11); a ‘lguen (757.r1); e algo similar pode acontecer coa forma do artigo el- (cfr. nota a 51.1). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 358.21, 878.1.

  • 20

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que, en xeral, se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
    Por outra parte, a grafía <elles> de BV en eles, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  1. ^

    En xeral son mostras tardías. Eis algún exemplo indubitábel: «τ se eu me atrevi rrequerer τ açeptar este cargo que vos tam perigoso fazeis, nõ foy por cuydar que tall gemte avia de mamdar nẽ rreger» (Crónica do Conde D. Pedro de Meneses); «E outros com apertamento e temor da avareza a cousa de boo e seguro gaanço se nom atrevem despoer corregymento de casas e gente segundo seu estado nom trazem» (Leal Conselheiro).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado