(I) Maior Garcia sempre ouviu dicir que todo aquel que se puidese preparar para a propia morte e confesarse ben, que non podería ser condenado; e ela di, para se librar de mal, que en canto dispuxer de medios para facer iso, que non quere xa vivir sen un clérigo, (II) pois di que non sabe cando ha de morrer, e por iso quere facer o posíbel, da maneira que sexa, para se preparar para iso; e di que ten ben con que facelo co que ten de seu, se non por outra vía: dous ou tres clérigos a un tempo [...].
(III) E Maior Garcia, por non perder a súa alma, cando isto ouviu foi buscar un clérigo e non se atreveu a albergarse [...] e xa ten tres clérigos pagados, de xeito que –sabédeo ben– sen un deles a morte non a pode levar.