I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 293); Zilli (1977: 157-158 [= LPGP 422]); Lopes (2002: 200); Littera (2016: I, 488-489).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 370-371); Braga (1878: 203); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 249 [estrofa I], 267 [estrofa I]); Machado & Machado (1958: VI, 158-159).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 130); Tavares & Miranda (1987: 153-154).
1 prometeu] promereu V 2 Santa] sancta B : scā V 4 frume] fiume B 5 ca] ta V 6 Roçavales passou] rocauales passon B 7 de] (d) / De B 21 Roldan] iroldam B
2 Santa] Sancta Zilli 8 E, pois] om. Zilli 19-21 en buscar senon de que podesse / pois chufar e ach’aqui [...] / [...] o corno de Roldan [...] Lapa
(I) Pero d’Ambroa prometeu, certamente, que iría (a Terra Santa) como romeu de Santa María, e a súa romaría acabou tal como acabou a do río Xordán, pois daquela chegou a Montpellier, e agora pasou por Roncesvales e tornouse desde o outeiro de Roldán.
(II) E pois [...]
(III) Pois, xa que aquí cheguei, xa non dirán que non fun (?) [...] en buscar, senón de que puidese fachendear despois, e acho (?) aquí o corno de Roldán.
Esquema métrico: 3 x 10a 10’b 10’b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:110)
Encontros vocálicos: 5 entonce‿atá
Esta cantiga forma parte do pequeno ciclo dedicado a escarnecer Pero d’Ambroa pola súa inexistente peregrinación á Terra Santa (Ultramar)1
. Deste ciclo forman parte outras composicións de trobadores ligados á corte de Afonso X: UC 1414 (Gonçal’Eanes do Vinhal), 1466 (Pero Gomez Barroso) e 1673, 1674 e mais 1676 (estas tres de Pedr’Amigo de Sevilha), con resposta de Pedro d'Ambroa na cantiga UC 1608 (sobre Pero d'Ambroa, véxase tamén Marcenaro & González 2024: s.v. Pero d'Ambroa).
A composición é lacunosa nos manuscritos, feito que non permite estabelecer con seguranza a voz que fala na cantiga, un narrador ou o propio Pero d'Ambroa, agás no v. 15, en que a P1 de chegar atribúe o parlamento ao trobador e probabelmente até o final, embora no v. 20 é imposíbel discernir se ach’ constitúe a P1 de presente de indicativo (acho) ou de subxuntivo (ache) ou a P3 (ache) do presente de subxuntivo.
Eis a única atestación de frume (do lat. flumen, -inis ‘río’) nas cantigas profanas. A asociación de frume con Jordan é frecuente. Nas Cantigas de Santa Maria:
...: “Rey Jhesu-Cristo, tu que en Jordan no frume, [...]
Sennor, fuste batiçado, fas que aquest’ome veja” (CSM 338.28).
Na Primeira Partida afonsina (cfr. CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira), úsase a variante flume:
hũũ he p(er)[a] agua assy como aq(ue)l q(ue) fez N(ost)ro Senhor Ih(es)u Cr(ist)o quãdo o bautizou Sam Johãne eno flum(e) Jordam q(ue) foy começo de todolos desta maneyra (...) E ainda por moor auondamẽto (con)firmou el meesmo (con) seu corpo quando sse foy bautizar eno flume Iordam hu el mostrou (con)p(ri)damẽt(e) a Santa Trijdade.
No período medieval aínda existen algunhas ocorrencias máis desta voz. Véxanse no Corpus Galego-Portugués Antigo:
Et mouerõse de hultra o ffume [sic] Danubium et passarõ o mar et ueerõ astragando ata terra de Rroma (Crónica Geral Galega, ed. R. Lorenzo).
E forom todos cavaleiros, e moverom-se da flume de Nabiom, e passarom o mar, e veerom degastando por toda a terra de Roma (Livros de Linhagens; Mattoso 1980: II/1, 101).
Senhor bẽ podees vos conheçer que o emperador nõ pode estar derrador desta çidade dous messes cõpridos por mingoa da augoa que nõ ha hy se nõ vaã frumen, ou ao rio do diaboo que he hũa mea jornada aly onde se perderõ as duas çidades que auiã nome Sodoma e Gomorra (História do mui Nobre Vespasiano Imperador de Roma; Machado 2007-2013: 110).
A variante entonce (do lat. *ĭntŭnce, véxase Ferreiro 1999: §236b), frecuente na lingua medieval, é forma única nas cantigas, fronte á forma xeral enton.
A cidade francesa de Montpellier aparece atestada nas cantigas como Mompilier nesta composición, mais tamén como Mompiler (1482.3, 1587.8, 1673.26) e como Mompisler (1594.5).
Roçavales, en Navarra, é o nome dun desfiladeiro nos montes Pirineos, onde Roldán dirixiu as tropas de Carlos Magno nunha coñecida batalla onde a retagarda das tropas, capitaneadas por Roldán, foi estragada, tal como se narra na Chanson de Roland (e tamén nunha parte do Codex Calixtinus e nos Miragres de Santiago).
O poio de Roldán alude a un outeiro en terras rioxanas, non lonxe de Roncesvales, ligado a diversas lendas arredor da figura de Roldán. Véxase Marcenaro & González (2024: s.v. Poio de Roldán).
O verbo chufar ‘burlar, escarnecer’ (cfr. tamén chufador, véxase nota a 1442.32), talvez de orixe onomatopeica, conta con poucas documentacións na lingua medieval (véxase, nas cantigas, tamén 782.21, 1514.35, 1581.1, 1673.31). Con todo, a familia lexical está ben atestada nas Cantigas de Santa Maria, con chufar, chufa e chufador (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.vv.). Fóra da poesía, véxase no Livro das Confissões:
Queria outrossi que gardassem os homeẽs o sabbado e que quebrantassem o domĩgo, ou que leixẽ os homeẽs de laurar e que uaão aos mercados mentir e chufar e pelejar e dizer mal (...). Se foy tarde aa missa, ou se se sayo da egreja a chufar e a rijr fora (Martín Pérez 2012-2013: 197, 205).
O corno de Roldán fai alusión ao olifante que o heroe da Chanson de Roland fixo soar por derradeira vez cando xa era tarde para que as tropas de Carlos Magno o socorresen na súa batalla en Roncesvales contra os mouros.