I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 583 [= LPGP 851]); Lopes (2002: 427); Littera (2016: II, 394).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 367); Braga (1878: 201); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 267); Nunes (1919: III, 9); Machado & Machado (1958: VI, 146-147); Camargo et alii (1985: 79).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 155); Diogo (1998: 144-145).
1 Ambroa ... perdon] anbro ... pardon B 2 d’Ultramar] do ultramar B 8 Deus mi valha, vedes] des mj ualha \ue/des V 12 terra] tir̄a B : tirã V; u non] (no) hu nō B
1 perdon] pardon Lapa : pardom Lopes 2 d’Ultramar] do Ultramar Lapa 7 do] de Lapa
(I) Pero d’Ambroa, que Deus me perdoe, non vos trobei sobre a terra de Ultramar, e vede por que: porque nunca encontrei unha razón pola cal vos puidese trobar dela, pois non fostes alí; mais trobareivos de moitas cousas que eu vos direi, das cales vós non vos sabedes defender.
(II) Que Deus me valla, vede por que non vos trobei sobre Acre nin sobre ese lugar: porque todos cantos aquí están non viron nunca que vós pasásedes alén mar; e non sei como vos trobe da terra onde non estivestes, mais saberei contar sobre as mañas que vós tendes.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= RM 101:21)
Encontros vocálicos: 13 trobe‿i
Esta cantiga forma parte do pequeno ciclo dedicado a escarnecer Pero d’Ambroa pola súa inexistente peregrinación á Terra Santa (Ultramar)1
. Deste ciclo forman parte outras composicións de trobadores ligados á corte de Afonso X: UC 1414 (Gonçal’Eanes do Vinhal), 1475 (Joan Baveca) e 1673, 1674 e mais 1676 (todas tres de Pedr’Amigo de Sevilha), con resposta de Pero d'Ambroa na cantiga UC 1608. Véxase Marcenaro & González (2024: s.v. Pero d'Ambroa).
O espazo en branco e unha cruz de Colocci indican a ausencia de unha terceira estrofa na composición.
En B aparece a lección <pardon>, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon, neste caso P3 do presente de subxuntivo (< perdonet) de perdoar ou perdõar. Sen dúbida, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; copista e no presente verso), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
A terra d’Ultramar refírese sempre a Palestina, á Terra Santa.
Acri (Acre en 114.6) é unha cidade e porto de Palestina.