1467 [= RM 66,1]
Come asno no mercado

Esta cantiga foi feita a ũu cavaleiro, que ouve nome Fernan Vaasquez Pimentel, que foi primeiro vas[s]alo do conde Don Pedro, pois partiu-se dele e foi-se pera Don Joan Afonso d’Alboquerque, seu sobrinho, e depois partiu-se de Don Joan Afonso e foi-se pera o infante Don Afonso, filho d’el-rei Don Denis, que depois foi rei de Portugal; e todo esto foi en seis meses.

Come asno no mercado
se vendeo un cavaleiro
de Sanhoan’a Janeiro
tres vezes (est’é provado);
pero se oj’este dia
lh’outren der maior contia,
ficará con el de grado.
El foi comprado tres vezes
ogano de tres senhores,
e ben saben os melhores
ca non á máis de seis meses,
ca el ten que toda via
á de pojar en contia,
en panos ou en torneses.
Se máis senhores achara
ca os tres que o compraron,
os seis meses non passaron
que [e]l con máis non ficara;
mais está-xe en sa perfia
én pojando cada dia,
ca el non se desempara.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1448 (f. 301r, cols. a-b), B 1448bis (f. 301r, col. b), V 1058 (f. 172r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional presenta algunhas anomalías na copia desta cantiga e da rúbrica. A composición foi copiada na columna a do folio 301r, seguida da rúbrica, por man do copista (B1), e na columna b reitérase a copia das dúas primeiras estrofas da cantiga (B’). No entanto, no folio anterior (300v), aproveitando o final do espazo en branco dunha ausente terceira estrofa da cantiga correspondente (UC 1466), Colocci copiou tamén a rúbrica da composición (B2).

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 303 [= LPGP 428]); Lagares (2000: 169 [rúbrica]); Lopes (2002: 533); Littera (2016: I, 496-497).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 367); Braga (1878: 201); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 518); Machado & Machado (1958: VI, 148-149).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 70); Cátedra de Lingüística e Literatura Galega (1980: 19 [rúbrica]); Tavares & Miranda (1987: 281); Diogo (1998: 269).

Variantes manuscritas


Rúbrica: cantiga] .ca. B2; feita] facta B1; ũu] hū B2; cavaleiro] Caualiero B1; Fernan] ff’rnam V; Vasquez] viasq̄ȝ B1 : vaasqȝ B2 : uiasq̄z V; primeiro] primo B1B2; conde] comde B2; partiu-se] p̃tius(s)e B1; dele e foi-se pera Don Joan Afonso d’Alboquerque, seu sobrinho, e depois partiu-se] om. B1; e] et B2; Don Joan Afonso] dō jo. affon̄ B2 : dam̄ Joham̄ affom̄ V; seu] scai V; e] et B2; de Joan Afonso] da dona Joana Affom̄ B1 : de don ioāa affon̄ B2 : de ioħ ana affom̄ V; e] et B2; infante] Jnffanc B1; Afonso] Affom̄ B1V : affon̄ B2; Denis] donys B1 : donis V; Portugal] Port̃ B1 : por̄t B2 : port̃ V; e todo] emdo V; seis meses] sex messas B1V : sey messas B2

Texto:
1 asno no] as no V   2 un] huu V; cavaleiro] Caualiero B’   5 se] s\e/ V   6 contia] cōtra V   8 foi] ffroy B : ff(r)oy B’   9 tres senhores] Tres (s) senorhes B   10 ben] hee B : lxe B’V   11 ca non] Cāno BB’; seis meses] ssex messes BB’V   12 caebrē q̅ro dauya V   13 á] e V; contia] contija BB’V   14 panos] panes B; torneses] tornesses BV : Tornesses B’   17 seis meses] sex messes BV   19 perfia] perfful V   20 én pojando] Enpoiando B : enpoiando V   21 desempara] dessenpara B : dessenpara V

Variantes editoriais


Rúbrica: ũu] un Lapa : um Lopes, Littera; ouve] havia Lopes, Littera; Vasquez] Vasques Littera; seis] sex Lagares

Texto:
2 vendeo] vendeu Lapa, Lopes, Littera   4 est’é] este Lapa : éste Lopes, Littera   6 outren] outrém Littera   13 pojar] poiar Lapa, Lopes, Littera   19 -xe] x’ en Lapa : -x' em Lopes, Littera   20 én pojando] empoiando Lapa, Lopes

Paráfrase


Esta cantiga foi feita a un cabaleiro que tiña o nome de Fernán Vaásquez Pimentel, que foi primeiramente vasalo do conde Don Pedro, despois deixouno a el e foi ao servizo de Don Joán Afonso d’Alboquerque, o seu sobriño, e despois deixou a Don Joán Afonso e fíxose vasalo do infante Don Afonso, fillo do rei Don Denis, que despois foi rei de Portugal; e todo isto aconteceu en seis meses.

(I) Como asno na feira se vendeu un cabaleiro tres veces desde o mes de Xuño a Xaneiro, isto é ben certo; mais se no día de hoxe alguén lle der unha maior cantidade, ficará con el gustosamente.
(II) El foi comprado tres veces este ano por tres señores, e ben saben os mellores que non pasaron máis de seis meses, porque el coida que aínda ha de facer medrar o valor da recompensa que recibirá en panos ou en moedas de prata. 
(III) Se achase máis señores que os tres que o compraron, non pasaran nin seis meses sen que el ficase con outros máis; mais el segue coa súa teima tentando subir máis cada día, porque el non se deixa sen protección.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’c 7’c 7’a (= RM 161:294)

Encontros vocálicos: 2 ven·de͜o; 19 -xeen

Notas


Rúbrica
  • Fernan Vasquez Pimentel, da importante liñaxe Pimentel, era fillo de Vaasco Martin Pimentel, que foi meirinho-mor con Afonso III e con D. Denis, e de Maria Gonçalvez de Portocarreiro. Fernan acompañou seu pai no exilio en Castela (1281-1283) cando entrou en conflito con D. Denis e se puxo ao servizo de Afonso X. En 1300 xa se documenta a Fernan Vasquez de regreso na corte portuguesa, onde sería rehabilitado por D. Denis (Sousa 1998: 1428-1429; 2000). Precisamente, na guerra entre este monarca e seu fillo (o futuro D. Afonso IV), “é um dos confirmantes do importante documento no qual D. Dinis enumera as acusações contra o infante rebelde” (cfr. Projeto Littera, s.v. Fernão Vasques Pimentel; véxase tamén Pizarro 2008: 255-256). Porén, mudou de bando e acabou apoiando Afonso IV, tras ser vasalo do Conde D. Pedro de Barcelos e de Joan Afonso d’Alboquerque –fillo de Afonso Sanchez, bastardo do rei D. Denis–, que acabou a súa vida en Castela ao servizo dos reis casteláns. Véxase Projeto Littera (s.v. Fernão Vasques Pimentel, João Afonso de Albuquerque); Marcenaro & González (2024: s.v. Fernan Vasques Pimentel, Johan Afonso de Alboquerque, Don).

Texto
  • *

    Tal como no Projeto Littera se afirma (consult.: 14-4-2025), a cantiga é unha “[s]átira certeira contra um oportunista (...): Fernão Vasco Pimentel, mudando de campo e tornando-se vassalo de D. Afonso, poderia ser apenas o elo fraco que João de Gaia utiliza para, defendendo a posição do rei, fazer um ataque indireto ao infante rebelde”.

  • 2

    A desinencia analóxica (gráfica) -eo na P3 dos pretéritos da segunda conxugación, con -o gráfico final, é máis escasa nas cantigas do que nos verbos da terceira conxugación (-io), xa que en todo o corpus só se atestan estoutras formas: tolleo (302.14), morreo (384.7, 20, 29 e 31), viveo (640.2), naceo (927.8), prometeo (1340.30), pereceo (1448.26), pareceo (1491.5). Véxase nota a 41.7-9.

  • 3

    Sanhoane é evolución diverxente de Sancti Ihoanni (> San Joan), denominación popular do mes de Xuño que chega á actualidade. De todos os xeitos, semella que Oane chegou a se constituír en forma independente e concorrente con Joan (véxase CGPA):  

    Et faredes cada anno tres vegadas serviço a os frades do Mato, huna por natal et outra por pascoa et outra cada festa de San Oane de juyo (doc. 1332, ed. Romaní Martínez);

    E out(ro)ssy a vigilia de Sam Oane auãgalista por q(ue) cãe enas oytauas de natal (Primeyra Partida, ed. J. de Azevedo Ferreira).

  • 4

    A cláusula est’é provado, cun certo ton formulario, remite a ben provado (1417.9, 1424.5).

  • 5

    A expresión oj’este dia, locución adverbial equivalente a ‘hoxe’, é a formulación xeral corpus trobadoresco (520.7, 715.4, 983.7, 1288.1), aínda que pode aparecer con interpolacións (cfr. 736.5 Se oj’el este dia / soubesse, migo iria) ou sen a presenza do demostrativo (682.3 oje dia cuidades que venha?). En calquera caso, resulta significativo que hoj’este dia represente exactamente o hodie latino (> hoje), con orixe en hoc die ‘(n)este día’.

  • 8-11

    O refrán desta cantiga presenta unha rima defectuosa (vezes meses) que di respecto a unha nivelación fonolóxica de sibilantes que non é canónica nas rimas trobadorescas (cfr., tamén, as rimas fiz : quix (698.5-6), fiz : quix : prix (1145.8-10), rafez : Ocres en 1610.16-18 e Galiza : Fariza : peliça : liça en 1635.18-24)1 . Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 1118.10-12.

  • 11

    A lección <ssex> (e <sex> no v. 17) constitúe un frecuente latinismo gráfico para seis, que se pode achar en todo tipo de textos, e tamén nas cantigas (véxase tamén <sex> en 1433.11, 1369.3, 1507.2, xunto con <seix> en 1594.17).

  • 13

    O verbo pojar (< *podiāre), tamén no v. 20 (véxase nota), co sentido de ‘facer subir, elevar, medrar’ só aparece noutras tres composicións (336.20, 1421.10, 1526.4, 7, 13, 18 e 20). En calquera caso, a evolución do grupo -dj- dá como resultado a fricativa palatal sonora /ʒ/ e debe ser representada con <j> (cfr. poiar en todos os editores precedentes).

  • 14

    Os torneses son moedas de prata, de orixe francesa. Aparecen citadas nas Cantigas de Santa Maria xunto con outras moedas:

    e viu seer na rua, com’eu achei por verdade,
    un canbiador que canbiava d’aver mui gran quantidade,
    esterlĩis e to[r]neses, burgaleses, pepiões (CSM 305.33).

    Tamén aparecen en diversos documentos e crónicas; eis o seu valor na Crónica de D. Pedro I de Fernão Lopes (CGPA, ed. D. Peres): 

    Lavravom outra moeda de prata que chamavam torneses, que saseenta e cinquo faziam huum marco, de liga e peso dos reaaes delRei Dom Pedro de Castella; e outro tornes faziam mais pequeno de que o marco levava çento e trinta, e dhuum cabo tiinha quinas, e do outro cabeça dhomem com barvas grandes e coroa em ella, e as leteras damballas partes, eram taaes como as das dobras, e valia o tornes grande sete soldos, e o pequeno tres soldos e meo, e chamavam a estas moedas, dobra e mea dobra e tornes e meo tornes.

  • 20

    A inexistencia do verbo empojar na lingua aconsella a segmentación do pronome adverbial én, a diferenza de edicións anteriores (Lapa, Lopes). Véxase Ferreiro 2012d: 220-221.

  1. ^

    Na realidade, a distinción entre sibilantes en posición final podería estar xa neutralizada.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado