1448 [= RM 118,11]
Ũu cavaleiro avia

Ũu cavaleiro avia
ũa tenda mui fremosa,
que cada que nela siia
asaz lh’era saborosa;
e ũu dia pela sesta,
u estava ben armada,
de cada part’espeçada
foi toda pela meestra.
Na tenda non ficou pano
nen cordas nen guarnimento
que toda non foss’a dano
pelo apoderamento
da Maestra, que, tirando
foi tanto pelo esteo
que por esto, com’eu creo,
se foi toda [e]speçando.
A corda foi en pedaços
e o máis do al perdudo;
mais ficaron-lhi dous maços
par do esteo merjudo,
e a Meestra metuda
n[a] grand’estaca jazendo,
e foi-s’a tenda perdendo
assi como é perduda.
Per mingua de boo meestre
pereceo toda [a] tenda,
que nunca se dela preste
pera don nen pera venda,
ca leixou, con mal recado,
a Meestra tirar tanto
da tenda que, ja enquanto
viva, seera posfaçado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Esta cantiga de cima foi feita a ũu Meestre d’ordin de cavalaria, porque avia sa barragãa e fazia seus [filhos] en ela ante que fosse Meestre, e depois avia ũa tenda en Lixboa en que tragia mui grande aver a guaanho. E aquela sa barragãa quando lhi algũus dinheiros viinhan da terra da orden e que o Meestre i non era, enviava-os a ‘quela tenda pera guaanharen con eles pera seus filhos, e depois tiraron ende os dinheiros da tenda e deron-nos en outras partes pera gaanharen con el[e]s; e ficou a tenda desfeita e non leixou por én o Meestre depois a gaa[r].

Manuscritos


V 1039 (ff. 168v, cols. a-b, 169r, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 484-485); Simões (1991: 73-74 [= LPGP 761-762]); Lagares (2000: 128 [rúbrica]); Lopes (2002: 546-547); Littera (2016: II, 275-276); Arias Freixedo (2017: 292-293).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 360); Braga (1878: 197-198); Machado & Machado (1960: VII, 140-141).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 118-119); Arias Freixedo (1993: 177-178); Diogo (1998: 197-198); Marcenaro (2006: 358-360).

Variantes manuscritas


Rúbrica: Meestre] meestꝯ V; cavalaria] cauolaria V; barragãa] barragaa V; en ela] euela V; avia] cauya V; tenda] temda V; grande] gramd e V; barragãa quando] barragua q̄rodo V; dinheiros] dp̄s V; meestre] me. V; enviava] ē/uyaa ua V; tenda] temda V; eles] ells̄ V; tiraron] tirāro V; deron-nos] dēronꝯ V; partes] p̃zes V; gaanharen] gaanhorē V; el[e]s] ells V; leixou] leixau V

Texto:
2 tenda ... fremosa] temda ... fremossa V   4 lh’era saborosa] lheta saborossa V   5 pela] pella V   7 part’espeçada] parte spezada V   15 creo] qeo V   16 [e]speçando] specando V   20 par do ... merjudo] pando ... merpado V   22 jazendo] iazemdo V   25 mingua de boo] mignā debro V   26 tenda] temda V   27 dela] della V   28 venda] uemda V   31 tenda] temda V   32 viva] uuia V

Variantes editoriais


Rúbrica: ũu] un Lapa, Arias Freixedo : um Lopes, Littera; Lixboa] Lisboa Lapa, Lopes, Littera; guaanho] gaanho Lopes, Littera; barragãa] barraguãa Lagares : barregãã Lopes, Littera; viinhan] vinham Lopes, Littera; a ‘quela] aaquela Lapa, Lopes, Littera : [a] aquela Lagares, Arias Freixedo; guaanharen] gaanharem Lopes, Littera; deron-nos] derom-os Arias Freixedo; partes] praças Lapa, Lopes, Littera; gaa[r]] barragãa Lapa : [barre]gãa Lopes, Littera, Arias Freixedo

Texto:
1 Ũu] Un Lapa : Um Simões, Lopes, Littera   3 siia] s’ia Simões   4 asaz] as[s]az Lapa, Simões, Lopes, Littera, Arias Freixedo   5 ũu] un Lapa, Simões, Arias Freixedo : um Lopes, Littera   13 Maestra] meestra Lapa, Simões : Meestra Lopes   20 par do esteo] por ond’o esteo é Lapa : a par do esteo Lopes, Littera   25 boo] bon Simões, Arias Freixedo : bom Lopes, Littera   26 toda [a] tenda] tod’a tenda Simões, Lopes, Littera, Arias Freixedo   32 seera] será Simões

Paráfrase


(I) Un cabaleiro tiña unha tenda moi fermosa, e cada vez que estaba nela pracíalle moito; e un día pola sesta, cando estaba moi ben armada a tenda, despezouse por todas as partes por culpa da (corda) mestra.
(II) Na tenda non ficou pano, nin cordas, nin gornicións por que non se estragase toda ela pola forza exercida pola mestra, que foi tirando tanto polo esteo que por iso foi, creo eu, polo que se foi despezando toda a tenda.
(III) A corda ficou en pedazos e case todo o resto se perdeu; mais ficáronlle dous mazos á par do esteo espetado e a mestra ficou metida na grande estaca, deitada; e foise a tenda estragando así como está estragada.
(IV) Por falta dun bo mestre arruinouse toda a tenda, de modo que nunca lle valerá para regalar ou para vender, pois, por non estar pendente, deixou que a mestra tirase tanto da tenda que, mentres viva, será escarnecido por iso.

Esta cantiga de cima foi feita a un Mestre dunha orde de cabalaría, porque tiña unha barregá e tivera fillos con ela antes de ser Mestre; e ademais tiña unha tenda en Lisboa con que gañaba moito diñeiro. E aquela súa barregá, cando recibían algúns diñeiros da terra da Orde e o mestre non estaba alí, investíaos naquela tenda para con eles tirar ganancia para os seus fillos, mais despois retiraron o diñeiro da tenda e investírono noutros negocios para se lucrar con el; e ficou a tenda desfeita e o mestre non deixou despois por iso de gañar...

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’d 7’d 7’c (= RM 113:1)

Encontros vocálicos: 1 Ũ͜u; 3 *si͜i·a; 5 ũ͜u; 25 bo͜o; 26 pe·re·ce͜o; 32 se͜e·ra

Notas


Rúbrica
  • Na rúbrica maniféstanse diversos trazos típicos da escrita tardia, cales a xeminada <ll> para /l/ (<ells̄>, <ells>) ou a grafía <m> para a consoante nasal implosiva en posición interior (<temda>, <gramde>; cfr. tamén <uemda>, v. 28; <temda>, v. 30), para alén da multiplicación da grafía <gu> en vez de <g> (cfr. <barraguaa>).

Texto
  • *

    O texto poético está baseado nun xogo de equívocos. Da explicación ofrecida na rúbrica, a palabra tenda parece referirse a un estabelecemento comercial moi lucrativo que o cabaleiro tiña en Lisboa. Porén, aquí refírese ás tendas en que os cabaleiros pasaban as campañas militares, levantadas cun esteo no centro e con varias cordas tendidas como soporte, das que a principal era a corda mestra. Mais hai aínda un terceiro sentido, xa que as alusións á tenda ben armada, á corda meestra, ao esteo merjudo, aos dous maços, á grand’estaca etc. refiren metaforicamente e con ironía as relacións eróticas do Mestre da Orde coa súa barragá. Sobre esta cantiga no contexto da produción literaria de D. Pedro de Portugal en relación coas ordes militares e a asociación dos seus mestres co mundo das cidades e do comercio, así como coas desordes sexuais, véxase Neto (2012: 108 e ss.): este investigador ofrece a hipótese de identificar o mestre citado na cantiga con Garcia Peres Escacho ou o seu irmán Pedro Escacho, que estiveron á fronte do mestrado de Santiago no segundo cuarto do séc. XIV e tiñan vínculos coa Estremadura e coa cidade de Lisboa. Pola súa banda, Graça Videira (2012: 45) chegou a indicar que “não seria impossível” que o Mestre non identificado fose “o Prior do Hospital D. Estêvão Vasques Pimentel”, da mesma familia que Mor Nunes Camela, relixiosa a que se alude na cantiga Natura das animalhas (UC 1449).

  • 1

    O indefinido ũu (e algũu e neũu), tamén no v. 5, debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 2

    A tenda do cavaleiro lembra a casa dalgunhas cantigas (véxase, por exemplo, 1403.18 ou 1509.3); isto é, a tenda como metáfora da vaxina (véxase Arias Freixedo 2014: 49-51).

  • 3

    A forma siia, P3 do copretérito de seer, que remite ao paradigma morfolóxico derivado de sĕdēre, xa se revela minoritaria na lingua das cantigas (só en 656.14, 691.3, 1448.3, 1509.7, 1546.9 e 1623.9, ademais de sedia), onde predomina a forma era, descendente de esse (ĕram, ĕras etc.). Véxase Ferreiro (1999: §§38c, 218d).
    Debe subliñarse que, aparentemente, esta forma xa computa como bisilábica no verso, feito condicente coa cronoloxía tardía de D. Pedro de Portugal.

  • 4

    A convivencia de assaz ~ asaz nos textos galego-portugueses (no CGPA, a presenza de assaz supón o duplo de ocorrencias en face de asaz) suxire unha diferente asunción fonética do provenzalismo na lingua medieval. É por isto que respectamos a forma transmitida por V (véxase tamén 1443.4 e 1585.3).

  • 5

    Repárese como en <pella> para a consoante lateral é utilizada a grafía <ll>, de igual maneira que se rexistra noutros encontros similares (<r-l>~<s-l>) do tipo poi-lo, Deu-lo etc. e que neste caso afecta ao conglomerado derivado de per+illum (> per-lo > pel·lo > pelo), que en BV presenta nesta pasaxe (e tamén en 1346.2) unha grafía arcaizante que mostra visualmente os restos da asimilación fonética producida en período protorrománico e que a produción prosística conserva con moita frecuencia.

  • 5-8

    As rimas sesta : meestra (vv. 5-8) e meestre : preste (vv. 25 e 27) forman parte dun conxunto de rimas defectuosas que se caracterizan pola aparición do fonema /ɾ/ nunha das secuencias rimantes. Véxase forca : boca (383.19-20), creades : mandardes (595.19-20), perca : erva : Eva (877.1-7), esforço : alvoroço : moço (1334.1-7), erva : leva (1507.r1-r3), calçades : pagardes (1598.15-18). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  • 7

    Espeçada é participio de espeçar ‘desfacerse (en pezas)’, tamén no v. 16, ten outra ocorrencia en 629.5.

  • 8

    Alén de aludir á corda mestra que sostén a tenda, a meestra será, tamén, a barragãa que tiña o meestre d’ordin de cavalaria, tal como indica a rúbrica.
    Repárese no formato conservador -ae- (Maestra) da habitual secuencia vocálica -ee- de Meestra, a mostrar a evolución que se producía en moitos dos hiatos xerados por caída de consoante intervocálica.

  • 14

    Como acontece decote, a cantiga escarniña xoga co duplo sentido dos vocábulos. O esteo, do lat. sty̆lum ‘columna’, procedente do grego, remite, obviamente, ao referente real, citado en relación a unha tenda na Crónica de D. João I de Fernão Lopes (CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto): 

    E a noute que hy chegou foi toda taõ estrannha de chuvas e tempestades que quebrou ho esteo da temda omde elle jazia, de guisa que cuidou ser morto; e todas suas gemtes cuidavão que a sanha de Deus vinha sobre eles, tamto era per tempo esquivo e forte. 

    Ao mesmo tempo, esteo presenta o duplo sentido de ‘pene’ (véxase nota aos vv. 19-20).

  • 19-20

    O esteo merjudo a carón dos dous maços evoca con clareza o aparello xenital masculino, reforzado coa presenza de estaca (v. 21), que é o significado etimolóxico de characulum (> caralho) e de vectem (> veite).

  • 26

    A desinencia analóxica (gráfica) -eo na P3 dos pretéritos da segunda conxugación, mostra -o gráfico final, formato máis escaso nas cantigas do que nos verbos da terceira conxugación (-io), xa que en todo o corpus só se atestan estoutras formas: tolleo (302.14), morreo (384.7, 20, 29 e 31), viveo (640.2), naceo (927.8), prometeo (1340.30), vendeo (1467.2), pareceo (1491.5). Véxase nota a 41.7-9.

  • 27

    Nótese a grafía <ll> de (d)ela <della> en V, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado