Esta cantiga foi feita a Miguel Vivas, que foi enleito de Viseu, e a Gomiz Lourenço de Beja.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 482-483); Simões (1991: 67-68 [= LPGP 759-760]); Lagares (2000: 127 [rúbrica]); Lopes (2002: 545); Littera (2016: II, 274).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 359-360); Braga (1878: 197); Machado & Machado (1960: VII, 139-140).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 299-300); Tavares & Miranda (1987: 38); Alvar & Beltrán (1989: 391); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 179); Arias Freixedo (2003: 909-910); Alvar & Talens (2009: 594).
5 posfaçan] posfatar V 8 trabalhan] trabalhar V 10 non] ū V 11 de] ce V 12 e] o V 14 ave-lo-á u l[h]o pedir] auelodoul opedir V 15 e] o V 16 qual vos ja i agora] q̄l uꝯ caia gora V 20 én] ero V 23 ren] reno V
Rúbrica: Gomiz] Gómez Lapa
Texto:
4 non no] nõn’o Lopes : non’o Littera 7 compre] compra Lapa; todo seu talan] tod’a seu talan Lapa, Simões : tod’a seu talam Lopes, Littera 10 se non] seus Lapa : seus [nom] Lopes, Littera 12 e quen] O que Lapa, Simões, Lopes, Littera 15 Se[u] sén e seu saber] seu sen e seu sabor Lapa : Seu sem ou seu saber Littera 16 ja i agora] cá ja ‘gora Lapa, Lopes, Littera : ca j’agora Simões 21 razoan-no ben] razoam o bem Littera; por] per Simões 22 comprir] compre Lapa, Simões, Lopes, Littera
Esta cantiga foi feita a Miguel Vivas, que foi (bispo) electo de Viseu, e a Gómiz Lourenço de Beja.
(I) Os privados que, para mal de moitos, detentan gran poder do rei, o único que saben é xuntar diñeiro, e non o gastan nin o doan, e aínda falan mal de quen o dá; e canto pasa no reino, todo se cumpre segundo a súa vontade.
(II) Aos que se esforzan por servir ao rei esperando ser recompensados –sexan ou non do seu bando–, logo se esforzan por llo impedir; e quen quixer recibir o favor do rei sen lle prestar servizo, se lles pagar, recibirao no momento de o pedir.
(III) O seu siso e a súa sabedoría é tal como vos agora contei; e fan outra cousa, que vos direi, que é moito peor que o resto: cando o rei se decide a obrar ben, como é razoábel, senten pesar por iso e xulgan o ben como un mal.
(1) E cando ao seu señor lle cómpre un consello ou un xuízo con criterio, non saben de nada, senón que en todo teñen un coñecemento desaxeitado.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:269) + 8c 8c 8a
Encontros vocálicos: 16 i‿agora
A forma enleito vén sumarse a eleito (na cantiga 1611) e esleito (en 1497.12) como designación do bispo elixido polo cabido, aínda non confirmado e/ou consagrado:
Onde stabelecem(os) q(ue) logo que o bispo ou o enleyto for (con)firmado e quiser receb(er) as cousas d(e) sa eygreya e de seu bispado, receba todo dante seu cabijdoo e se(us) cooijg(os) da eyg(re)ya (Afonso X, Foro Real; cfr. CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).
Esta composición está dirixida contra os privados do rei Afonso IV, fillo de D. Denis. O primeiro dos personaxes citados é Miguel Vivas, bispo eleito de Viseu, que tamén é obxecto de dúas sátiras de Estevan da Guarda (UC 1327 e 1339), ben como é citado tamén directamente na rúbrica de UC 1327 (Joan de Gaia). O confesor da raíña D. Isabel foi unha moi importante figura na corte de D. Afonso IV: “Occupa il ruolo di vedor da chancelaria o cancelliere del monarca fra 1325 e 1338, assieme a differenti benefici ripartiti in varie diocesi” (cfr. Marcenaro & González 2024: s.v. Miguel Vivas). En 1329 ou 1330 converteuse en bispo de Viseu, mais semella que nunca foi confirmado como tal polo Papa (véxase Projeto Littera, s.v. Miguel Vivas). Véxase tamén BITAGAP (bioid 1994) e Jabares Fernández (2022).
O segundo dos privados citados é Gomes Lourenço de Beja, principal na corte de Afonso IV e un dos seus máis firmes apoios desde a súa etapa de infante, especialmente durante o enfrontamento co pai, D. Denis. De feito, o conde D. Pedro de Barcelos considérao como o principal instigador do propio conflito. De orixe vilá (fillo dun carpinteiro), desenvolveu unha ascendente carreira cortesá xunto ao infante Afonso, do que se documenta como familiar en 1313, vogado en 1319 e chanceler en 1321. Ademais, a proximidade ao poder real facilitou o seu ascenso ao cargo de Comendador-mor da Orde de Santiago entre 1341 e 1351. Véxase Projeto Littera, s.v. Gomes Lourenço de Beja, e tamén Marcenaro & González 2024: s.v. Miguel Vivas.
Sobre ambos privados e as cantigas que lles dirixe D. Pedro de Portugal, véxase tamén Neto (2012: 100 e ss.).
O contido semántico de talan ‘vontade, desexo, inclinación’ mostra que non é preciso alterar a lección dos manuscritos, emendados en todas as anteriores edicións.
É forma de orixe galo-románica, seguramente provenzal (cfr. prov. talan ~ talen, fr. talant, do lat. talentum), que escurece o uso de talante (só en 924.21 e 1334.11). Véxase García-Sabell Tormo (1990: s.v. talan).
Nótese a abreviatura <ñ> para non (<ũ> = <ñ>), que só volve aparecer en BV en 521.11, mais que o Cancioneiro da Vaticana presenta en 509.6, 544.6 e 857.13. No Cancioneiro da Ajuda é certamente rara a súa utilización, que só localizamos na abreviación de non no refrán da derradeira estrofa de A 75 (164.24) e mais en A 114 (214.13).
Nótese o repetido erro <o>/<e> en V, nos vv. 12 e 15, confusión moi frecuente nas copias dos manuscritos italianos. Deste modo, a consideración deste erro permite fixar un texto aceptábel: e quen d’el-rei quiser tirar / ben sen servir ... (cfr. o que d’el-rei... en todas as edicións).
Peitar ‘pagar (un tributo)’ é verbo derivado de *pactāre, derivado de pactum.
De novo no v. 15 comparece o mesmo erro <o>/<e> a partir do cal estabelecemos sen problemas a pasaxe:
Se[u] sén e seu saber é tal
qual vos ja i agora contei.
Por outra parte, no v. 16 a sinalefa i‿agora (ou ja‿i) permite respectar a lección do manuscrito e escusa emendas, que todos os editores realizaron para acomodar o texto, coa consideración do inédito, nesta altura cronolóxica, adverbio ca ou cá.
Para alén da aparición da variante no do artigo após con, quen, ben, non e nen, non é moi frecuente o uso deste alomorfo após forma verbal acabada en nasal (razoan-no ben), aínda que, de modo similar ao que acontece con -lo tras -r ou -s, é produto da asimilación da consoante nasal final coa forma arcaica do artigo (-n+lo > -n+no): eran-nas melhores (113.13), perderon-no sén (202.16), [e] perdian-na color (489.12), «Venhan-nas barcas polo rio / a sabor» (1167.4).
Similar situación se produce nas Cantigas de Santa Maria, onde podemos achar o mesmo alomorfo no artigo e/ou pronome:
cab’ o altar u tangen-na canpãa
Do Corpus Domini (CSM 69.38)....; e prometeu poren
hũa que lle nacera de en orden-na meter (CSM 251.13).
Mantemos o futuro de subxuntivo comprir, lección abrevida nos manuscritos, en face do xeral compre das anteriores edicións.