1424 [= RM 79,17]
Don Estevan fez[o] sa partiçon

Don Estevan fez[o] sa partiçon
con seus irmãos e caeu mui ben
[.......................................... -on]
en Lixboa e mal en Santaren,
mais en Coimbra caeu (ben provado);
caeu en Runa atá eno Arnado,
en todos tres os portos que i son.
Quen diz d’Estevan que non vee ben
dig’eu que mente, ca diz mui gran falha,
e mostrar-lh’-ei [eu] que non disse ren
nen é recado que nulha ren valha;
pero mostrado devi’a seer,
ca non pode per nulha ren veer
mal ome que non vee nemigalha.
E quen lho disse sei que lho non diria,
ca vee mal, se migo falass’ante
ou se o viss’andar fóra da via,
como o eu vi én junt’a Amarante,
que non sabia sair d’ũu tojal;
por én vos digo que non vee mal
quen vee derredo quant’é deante.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manoscritti


V 1014 (f. 163r, col. b, 163v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 353 [= LPGP 532]); Lopes (2002: 242-243); Littera (2016: I, 616-617); Correia (2021: 53).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 349-350); Braga (1878: 192); Machado & Machado (1960: VII, 109); Callón (2017: II, 108).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 50).

Varianti manoscritte


1 partiçon] partiçou V   2 irmãos] irma9 V   9 gran] grō V   18 como o ... junt’a] comou ... cūt V   20 vee] ues V   21 derredo] de redo V

Varianti editoriali


En Lopes e Littera, a cantiga está dividida en dúas composicións diferentes: a primeira, fragmentaria, comprende a estrofa I, mentres que a segunda está formada polas estrofas II e III.

1 fez[o]] fez Correia   3 om. Littera   4 Lixboa] Lisboa Lapa   5 caeu (ben provado)] caeu ben provado Lapa, Correia : caeu bem provado Lopes, Littera   7 todos tres os] tôd[ol]os tres Lapa, Lopes, Littera; son] ten Lapa, Lopes   8 d’Estevan] Dom ‘Stêvam Lopes, Littera; vee] vê Littera   10 e mostrar-lh’-ei [eu]] e [ar] mostrar-lh’-ei Lapa, Lopes : e [eu] mostrar-lh’-ei Littera : e mostrar-lh’-ei Correia   11 é] á Lapa   12 devi’a seer] devia seer Lapa, Lopes, Littera, Correia   15 E quen lho disse sei] E se lho diz, sei Lapa : E quem lho diz, sei Lopes, Littera : Quen lho disse sei Correia   17 viss’] visse Lapa, Lopes, Littera   18 én junt’a] em junt'a Lopes : junt’a Littera   19 ũu] un Lapa, Correia : um Lopes, Littera   21 quant’é] quanto Correia

Parafrasi


(I) Don Estevan fixo o seu reparto (de tarefas) con seus irmáns e caeu moi ben [...] en Lisboa e mal en Santarém, mais en Coimbra caeu, sen dúbida; caeu en Runa até no Arnado, en todos os tres portos que alí hai.
(II) De quen di de Estevan que non ve ben digo eu que mente, pois di unha gran mentira, e demostrareille que non dixo nada nin é argumento que valla nada; mais debía ser demostrado que non pode ver ningunha cousa o mal home que non ve nada de nada.
(III) E quen llo dixo, que ve mal, sei que llo non diría se falase antes comigo ou se o vise andar fóra do camiño como eu o vin alí xunto a Amarante, que non daba saído dunha toxeira; por iso vos digo que non ve mal quen ve detrás o que está diante.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b [10a] 10b 10’c 10’c 10a (I) + 10a 10’b 10a 10’b 10c 10c 10’b (II [= RM 101:24]) + 10’a 10’b 10’a 10’b 10c 10c 10’b (III [= RM 101:33) 

Encontros vocálicos: 6 Runaatá; 14-15 nemigalha/E; 18 comoo; 19 ũ͜u

Note


Testo
  • *

    Don Estevan, ou Don Estevão, é o personaxe escarnecido por catro trobadores: Roi Queimado (UC 1405, 1407), Joan Soarez Coelho (UC 1424, 1425), Meen Rodriguiz Tenoiro (UC 1492, 1493)1 e Airas Perez Vuitoron (UC 1494, 1498) . Foi Ângela Correia quen propuxo a hipótese de que este nome encobre a figura do arcediago Joan Viegas de Portocarreiro, elixido arcebispo de Braga en 1244 por influencia de Sancho II, para conseguir fidelidades que precisaba pola situación problemática do final do seu reinado, mais que acabará atraizoándoo2 .
    Probabelmente a orixe do ciclo se deba a Soarez Coelho, que coa cantiga Atal vej’eu aqui ama chamada xa experimentara unha substitución antroponímica similar, co nome ama para designar Urraca Goterrez Moucha, da familia dos Meneses (véxase UC 274). No ciclo de D. Estevan, esta ‘máscara’ procedería, segundo Correia, do nome de D. Estevan Soarez, o antigo e prestixiado arcebispo de Braga, cuxas altas virtudes como diplomático e figura principal do reino contrastaban grandemente coas de Joan Viegas. Deste modo, a sátira contra este alcanza tamén a figura do monarca portugués, Sancho II, axiña substituído por D. Afonso III (en 1247).
    A presente composición foi dividida por Lopes e Littera en dúas cantigas diferentes, após considerar que non existe continuidade discursiva entre a primeira estrofa e as dúas seguintes. Non obstante, para alén de non existir indicación ningunha neste sentido no manuscrito e sendo certo que existe unha maior continuidade entre as estrofas II-III, a concorrencia e xogo cos verbos veer e caer (tal como na cantiga UC 1425) ou a “insistência na toponímia”, entre outros factores, non aconsella a división practicada pola editora do cancioneiro satírico.

  • 1

    Para recuperar a medida decasilábica do verso, mantemos Estevan (cfr. nota a 1405.1) e recorremos á variante fezo. Na lingua medieval aparece a desinencia -o na P3 dos pretéritos fortes, de modo que naquelas formas en que -it final latino desapareceu é posíbel a convivencia das formas fez, quis ou pôs con fezo (tamén feze), quiso (tamén quise) ou poso (tamén pose). Os trobadores utilizan unha ou outra variante por necesidades métricas, e os manuscritos achegan datos que confirman esta variación nos usos lingüísticos, de modo que en ocasións as leccións de A e B son diverxentes. Así, face ao necesario fezo transmitido por A (ás veces produto da revisión da copia) achamos <fez> en B: 277.17 (<fez{o}> A, <fez> B), 286.2 (<fezo> A, <fez> B), 309.10 (<fezo> A, <fez> B), 404.10 (<fezo> A, <fez> B), 430.28 (<fez{o}> A, <fez B>). Porén, en 175.6 o necesario fezo transmitido por B correspóndese co <fez> de A, que torna o verso hipométrico. E aínda se achan contextos en que fronte á lección de A, con fezo, B rexistra unha variante en que, mantendo o monosilábico fez, se reescribe o texto para asegurar a isometría: Qual dona Deus fez melhor parecer / e que fezo [B: <a fez>] de quantas outras son (175.2), de rogar Deus, e fezo-me [<a d’s e fez mj> B] perder (197.30). É por isto que o recurso a fez[o] está certamente xustificado perante leccións afectadas por hipometría versal: é significativo que no v. 1 do refrán da cantiga 847, face ao correcto fezo que se rexistra na estrofa I (<fez> B, <fezo> V), apareza fez en BV nas estrofas II e III. Cfr. nota a 60.19.
    A partiçon alude, conforme indica Correia (2021: 58-59), á repartición de tarefas de apoio a Afonso III entre os irmáns do arcebispo de Braga.

  • 2

    Nótese a aparición poliptótica do verbo caer (ben / mal), isto é, ‘ser ben/mal recibido, caer en desgraza’ (véxase tamén UC 1425).

  • 4

    Nótese a enumeración de cidades portuguesas, que teñen a ver cos feitos relacionados coa deposición de Sancho II e a tomada do poder de Afonso III: «Antes da chegada do Conde, quando o reino está mergulhado em profunda insegurança devido à não aplicação da justiça, as três cidades referidas nesta cantiga são consideradas as mais seguras (...). Durante a crise de 1245-1248, Coimbra foi a cidade do Rei e dos seus fiéis, enquanto Lisboa foi por onde o Conde entrou no reino, para executar a bula papal onde se exortava todos a prestarem-lhe fidelidade, homenagem e juramento. Santarém deverá ter sido cedida logo a seguir (...), tal como Leiria, que entre 1246 e 1247, foi o quartel-general de Afonso. O bispo de Coimbra, D. Tibúrcio, que juntamente com o arcebispo Joam Viegas de Portocarreiro foi executor da bula de deposição de Sancho II, tem de se refugiar em Santarém e Leiria, acabando por morrer em novembro de 1246» (cfr. Correia 2021: 59).

  • 5

    A frase parentética ben provado ‘con certeza, sen ningunha dúbida’ (non identificada como tal a través da puntuación en ningunha das edicións anteriores) ten o verbo elíptico, tal como acontece nunha cantiga de Gonçal’Eanes do Vinhal:

    D’amor e d’escarnh’en todas razões
    os seguides sempre (ben provado
    eu o sei), que avedes filhado (1417.9).

    O seu ton formulario intúese tamén na cláusula est’é provado que se rexistra en 1467.4. De calquera modo, ben provado como frase formularia é reiteradamente utilizada noutras obras, nomeadamente nas Cantigas de Santa Maria3 :

    Mas un dia sinaado
    en que Deus quis encarnar,
    o convento foi levado
    de comer, e a rezar 
    se fillaron –ben provado
    por aa eigreja passar
    con seu “Miserere mei” (CSM 88.60).

    Log’a madre do moço convidou de bon grado
    a moça e ssa madre, e mandou –ben provado
    guisar de comer toste; ... (CSM 241.36)-

                        ...; mas a mui Santa Reỹa
    fezo que a moça visse cona santa meezynna
    que lle seu Fillo mostrara, e viu logo, ben provado (CSM 247.34).

  • 6

    Runa e Arnado son referencias toponímicas da área de Coimbra: «indicam um itinerário que “Don Estevan” terá percorrido e onde a vida lhe correu mal: em Coimbra, desde Runa até ao Arnado, “Don Estevan” foi mal sucedido, caiu em desgraça. A Runa, em Coimbra, era um curso de água, onde existiram “Banhos régios”, que desaguavam no Mondego (...). Quanto ao Arnado, trata-se de zona em Coimbra junto ao rio Mondego, documentado já em meados do século XII» (cfr. Correia 2021: 59-60). 

  • 12

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase UC/Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 18

    Amarante é unha vila portuguesa do Norte, do distrito do Porto. Nótese a progresión xeográfica de sur a norte: Lisboa, Santarém e Runa, Arnado e Coimbra, Amarante.
    O topónimo podería aludir a frei Gonçalo de Amarante, cuxa historia cun sobriño se podería hipoteticamente relacionar con Joan Viegas de Portocarreiro (véxase Correia 2021: 64-68). En calquera caso, D. Estevan, en Amarante, fora da via, nun tojal, demostrou, en palabras da editora lisboeta, «incapacidade entendimento, para se desembaraçar de uma situação espinhosa» (cfr. Correia 2021: 68).

  • 19

    O indefinido ũu debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
    No relativo a tojal, é voz que se acha na documentación medieval, como corresponde a un termo común da cultura agraria (véxase CGPA, s.v.): 

    et da outra bay topar aa cortinna do paaço que vos hergestes que esta aa porta principal da dita iglesia de San Salvador de Colantres et a qual herdade agora jaz en tojal (doc. 1375, ed. Rodríguez Núñez); 

    Item enno tallo do Esqueyro quatro millarias de millo do camiño ata o tojal (...) Item o agro do Rego derradoiro, que jaz em tojal (doc. 1399, ed. Lucas Álvarez).

  • 21

    Achamos desnecesaria a emenda de Correia (quant’é > quanto) nun contexto que se pode interpretar sen dificultade.

    O adverbio derredo (tamén en 1500.7 e 1618.27, na loc. adv. a derredo), do lat. de-retro ‘detrás’ non volve aparecer en ningún texto medieval recollido en bancos de datos.

  1. ^

    Estas cantigas (UC 1492 e 1493) tamén foron atribuídas a Airas Perez Vuitoron.

  2. ^

    Esta identificación é considerada como “demasiado especulativa” no Projeto Littera (consult.: 21-1-2026), que propón outras cinco posibilidades alternativas na nota ao v. 1 da cantiga.

  3. ^

    Corriximos a edición de Mettmann no relativo á puntuación indicativa do carácter formulario de ben provado.

Cerca
    Nessun risultato trovato