(I) Don Estevan fixo o seu reparto (de tarefas) con seus irmáns e caeu moi ben [...] en Lisboa e mal en Santarém, mais en Coimbra caeu, sen dúbida; caeu en Runa até no Arnado, en todos os tres portos que alí hai.
(II) De quen di de Estevan que non ve ben digo eu que mente, pois di unha gran mentira, e demostrareille que non dixo nada nin é argumento que valla nada; mais debía ser demostrado que non pode ver ningunha cousa o mal home que non ve nada de nada.
(III) E quen llo dixo, que ve mal, sei que llo non diría se falase antes comigo ou se o vise andar fóra do camiño como eu o vin alí xunto a Amarante, que non daba saído dunha toxeira; por iso vos digo que non ve mal quen ve detrás o que está diante.