1420 [= RM 75,10 (= 88,9)]
Lourenço, soias tu guarecer

– Lourenço, soias tu guarecer
como podias, per teu citolon,
ou ben ou mal, non ti dig’eu de non;
e vejo-te de trobar trameter
e quero-t’eu desto desenganar:
ben tanto sabes tu que é trobar
ben quanto sab’o asno de leer.
– Joan d’Avoin, ja me cometer
veeron muitos por esta razon,
que mi dizian, se Deus mi perdon,
que non sabia’n trobar entender;
veeron por én comig’entençar,
e figi-os eu vençudos ficar,
e cuido-vos deste preito vencer.
– Lourenço, serias mui sabedor
se me vencesses de trobar nen d’al,
ca ben sei eu quen troba ben ou mal,
que non sabe máis nen un trobador,
e por aquesto te desenganei;
e ves, Lourenço, onde cho direi:
quita-te sempre do que teu non for!
– Joan d’Avoin, por Nostro Senhor,
por que leixarei eu trobar atal
que mui ben faç’e que muito mi val?
Des i ar gradece-mi-o mia senhor
porque o faç’; e, pois eu tod’est’ei,
o trobar nunca [o] eu leixarei,
poi-lo ben faç’e ei [i] gran sabor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


V 1010 (f. 162v, cols. a-b)
[Tenzón]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 342-343 [= LPGP 491-492]); Tavani (1964: 111); Lopes (2002: 233); Littera (2016: I, 577).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 348); Braga (1878: 191); Michaëlis (1990 [1904]: II, 630); Machado & Machado (1960: VII, 104-105); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 69-70; 2025: 77-78).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 83-84); Nunes (1959: 417-418); Oliveira & Machado (1959: 155-156); Fonseca (1971: 91); Landeira Yrago (1975: 144-145); Torres (1977: 21-22); Gonçalves & Ramos (1983: 167); Dobarro Paz et alii (1987: 44); Tavares & Miranda (1987: 192-193); Alvar & Beltrán (1989: 280); Jensen (1992: 392); Alonso Girgado (1992: 85); Souto Cabo (2017: 135).

Variants manuscrites


1 Lourenço] Lourenzo V   2 citolon] cicolon V   12 veeron ... entençar] e ueherō ... ē tenzar V   13 -os] us V   15 Lourenço] Lourenzo V   16 vencesses] uenzesses V   24 faç’e] faze V   26 faç’; e] faze V   28 faç’e] faze V

Variants editorials


1 Lourenço] Lourenzo Tavani   12 veeron] e veeron Lapa : e veerom Lopes, Littera; entençar] entenzar Tavani   13 figi-os ... vençudos] figi-us ... vençudus Tavani   14 vos] vus Tavani   15 Lourenço] Lourenzo Tavani   16 vencesses] venzesses Tavani   18 nen un] nẽhũ Tavani : nẽum Littera   24 faç’] faz’ Tavani   26 faç’] faz’ Tavani   28 faç’e ei [i] gran sabor] faz’e [én] ei gran sabor Tavani

Paràfrasi


(I) –Lourenço, ti soías vivir como podías, mal que ben, grazas ao teu citolón, non che digo que non; e véxote entremeterte no trobar e quérote desenganar disto: tanto sabes ti que é trobar canto o asno sabe de ler.
(II) –Joán d’Avoín, xa moitos me viñeron atacar por ese motivo que me dicían, Deus me perdoe, que non entendía nada de trobar; viñeron por iso disputar comigo e eu fíxenos ficar vencidos, e pénsovos vencer neste debate.
(III) –Lourenço, serías moi sabio se me venceses en trobar ou noutra cousa, pois eu ben sei quen troba ben ou mal, que ningún trobador sabe máis ca min, e por isto te desenganei; e atende, Lourenço, a como cho direi: afástate sempre do que non sexa o teu!
(IV) –Joán d’Avoín, por Noso Señor, por que hei deixar un trobar tal que moi ben fago e que moito me vale? Ademais, tamén mo agradece a miña señora porque o fago; e xa que eu teño todo isto, nunca eu deixarei o trobar, porque o fago ben e me dá moito pracer.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:51)

Encontros vocálicos: 25 -mi͜-o

Notes


Text
  • *

    O xograr Lourenço foi albo de críticas doutros trobadores, que o atacaron sobre todo por non se limitar á interpretación e querer ser tamén trobador, isto é, compositor. Nesta polémica participou Joan Garcia de Guilhade, trobador a cuxo servizo Lourenço exercía de intérprete (UC 1513, 1514, 1515, 1516, 1520), mais tamén outros trobadores: Joan Perez d’Avoin (UC 1420), Joan Soarez Coelho (UC 1432), Rodrig’Eanes Redondo (UC 1442), Pero Garcia Burgales (UC 1444), Joan Vaazquiz de Talaveira (UC 1445), Pedr’Amigo de Sevilha (UC 1680). Lourenço, aludido tamén na tenzón entre Soarez Coelho e Joan d’Avoin (UC 1421), non só se defendeu nas tenzóns senón que mesmo utilizou unha cantiga de amigo para defender o seu dominio da arte de trobar (UC 1279).

  • 3

    A construción dizer de non ‘negar’, en que de cumpre a función da conxunción que, aparece esporadicamente no corpus profano (153.11, 328.4, 400.3, 536.10, 759.8, 971.26, 989.10, 1488.9, 1636.13 e 1648.16-17).

  • 4

    O verbo trameter ‘entremeterse, intervir indebidamente’, de escaso uso na lingua medieval (véxase CGPA, s.v.), só conta con outro rexistro no corpus profano (71.26).

  • 7

    Este verso (ben quanto sab’o asno de leer) é utilizado tamén en 1583.20, nunha tenzón entre Joan Baveca e Lourenço.

  • 11

    Aténtese en que a orde sintáctica é «non sabia entender (e)n trobar». Así, no verso aparece máis unha ocorrencia da preposición en nunha crase coa voz anterior (sabia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; de todos modos, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 18.16, 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23. Cfr. nota a 6.4.

  • 12

    Do punto de vista editorial, a alternativa á expunción da copulativa inicial, que con relativa frecuencia pode aparecer de modo espurio nesa posición, sería a redución da forma comig(o) para mig(o), unha variación morfolóxica que os trobadores utilizan por necesidades métricas: e veeron por én mig’entençar.

  • 20

    Fronte ás Cantigas de Santa Maria, onde se mantén o hiato na P2 do presente de indicativo de veer (uĭdes > vees), na lingua das cantigas profanas aparece sempre a forma evoluída, con crase (véxase tamén 1428.9, 1513.29, 1515.15 e 22), embora se rexistre vee para a P3 (véxase, por exemplo, a cantiga 1424, onde reiteradamente comparece vee nos vv. 8, 14 e 16 e 23).
    Verbo da aparición da crase cho, co pronome che como CI, fronte ao CD te, procedente da palatalización por fonética sintáctica do lat. te (véxase Ferreiro 1999: §§104b, 155.2), ao longo do corpus trobadoresco achamos casos diversos (cfr. UC/Glosario, s.v. che, cho), o mesmo que na prosa, con perto de 150 ocorrencias da forma palatalizada en textos galegos no banco de datos do TMILG, s.v. che, chi, cho(s), cha; en textos escritos en Portugal só se pode localizar na contracción cho/-a nuns poucos contextos, que se concentran na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v.). Véxase Ferreiro (2012c).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat