(I) –Lourenço, ti soías vivir como podías, mal que ben, grazas ao teu citolón, non che digo que non; e véxote entremeterte no trobar e quérote desenganar disto: tanto sabes ti que é trobar canto o asno sabe de ler.
(II) –Joán d’Avoín, xa moitos me viñeron atacar por ese motivo que me dicían, Deus me perdoe, que non entendía nada de trobar; viñeron por iso disputar comigo e eu fíxenos ficar vencidos, e pénsovos vencer neste debate.
(III) –Lourenço, serías moi sabio se me venceses en trobar ou noutra cousa, pois eu ben sei quen troba ben ou mal, que ningún trobador sabe máis ca min, e por isto te desenganei; e atende, Lourenço, a como cho direi: afástate sempre do que non sexa o teu!
(IV) –Joán d’Avoín, por Noso Señor, por que hei deixar un trobar tal que moi ben fago e que moito me vale? Ademais, tamén mo agradece a miña señora porque o fago; e xa que eu teño todo isto, nunca eu deixarei o trobar, porque o fago ben e me dá moito pracer.