1418 [= RM 60,16]
Sei eu, donas, que deitad’é d’aqui

Esta cantiga fez Don Gonçalo Anes do Vinhal ao Infante Don Anrique, porque dizian que era entendedor da rainha Dona Joana, sa madrasta; e esto foi quando o el-rei Don Afonso pôs fóra da terra.

Sei eu, donas, que deitad’é d’aqui
do reino ja meu amig’, e non sei
como lhi vai; mais quer’ir a el-rei,
chorar-lh’-ei muito e direi-lh’assi:
«Por Deus Sen[h]or, que vos tan bon rei fez,
perdoad’a meu amig’esta vez».
Porque o amo tan de coraçon
como nunca amou amigo molher,
irei ali u el-rei estever;
chorando dos olhos, direi-lh’e[n]ton:
«Por [Deus Senhor, que vos tan bon rei fez,
perdoad’a meu amig’esta vez]».
E, pois que me non val rogar a Deus
nen a santos, ne[n] me queren oir,
irei a [e]l-rei mercee pedir,
e direi, chora[n]do dos [o]lhos meus:
«Por [Deus] Senhor, que vos tan bon [rei fez,
perdoad’a meu amig’esta vez].
E por Deus, que vos deu onra e bondade,
a Don Anriqu’esta vez [perdoade]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


V 1008 (f. 162r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 133); Lagares (2000: 124 [rúbrica]); Lopes (2002: 181); Víñez Sánchez (2004: 265 [= LPGP 368]); Littera (2016: I, 421-422).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 347); Braga (1878: 190); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 332); Machado & Machado (1960: VII, 100-101).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 213-214); Seoane (1941: 82-83); Álvarez Blázquez (1975: 137); Alvar & Beltrán (1989: 177); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 76); Diogo (1998: 128); Arias Freixedo (2003: 424-425); Alvar & Talens (2009: 432); Corral Díaz & Vieira (2023: 23-24).

Varianti manoscritte


Rúbrica: entendedor da rainha] entendē/doz da zrayħa V; quando] q̄do V; Afonso] a(l)fonso V

Texto:
4 chorar-] chorā V   5 Sen[h]or ... vos] senō ... uos V   7 coraçon] corazō V   8 tomo nūca\a/mou amigo molhē V   9 irei] rrey V   10 dos ... e[n]ton] doq̅ ... ecō V   14 a santos ... oir] ascāz ... oys V   15 mercee pedir] m̄zer pedar V   16 direi] diga V   17 Por] pois V   19 vos deu ... bondade] uos deuos ... ridoade V   20 Anriqu’esta vez] anrris esta uos V

Varianti editoriali


Rúbrica: Anes do Vinhal] [E]anes do Vinhal Nunes : Anes Dovinhal Víñez Sánchez; quando o ... Afonso pôs] quando o ... Alfonso pôs Lagares : quando ... Afons’o pôs Lopes : quando o ... Afons’o pôs Littera
Texto:
8 nunca amou] nunc’amou Nunes, Lopes, Littera   10 lh’] lhe Víñez Sánchez   13-14 non val rogar a Deus / nen a santos, ne[n] me queren oir] non val rogar a Deus, / nen os santos non me queren oir Nunes : nom val rogar a Deus, / nem os santos nom me querem oir Lopes, Littera : non val rrogar a Deus / nen aficar, ne[n] me queren oyr Víñez Sánchez   15 mercee] mercê Lopes   19 onra e bondade] onr’e bondade Nunes : honr’e bondade Lopes : honra e [prez] Littera   20 a Don Anriqu'esta vez [perdoade]] a don Anrris esta vez [perdoade] Víñez Sánchez : [p]erdoade a dom Anris esta vez Littera

Parafrasi


Don Gonçalo Anes do Vinhal fixo esta cantiga ao Infante Don Henrique, porque dicían que era amante da raíña Dona Joana, a súa madrasta; e isto pasou cando o rei Don Afonso o desterrou.

(I) Sei eu, donas, que o meu amigo foi expulsado de aquí do reino, e non sei como lle vai; mais quero ir xunto ao rei, chorareille moito e direille así: «Por Deus Señor, que tan bo rei vos fixo, perdoade o meu amigo esta vez».
(II) Porque o amo tan de corazón como nunca unha muller amou o seu amigo, irei alí onde o rei estiver; chorando con estes meus ollos, direille entón: «Por Deus Señor, que tan bo rei vos fixo, perdoade o meu amigo esta vez».
(III) E xa que de nada me vale rogar a Deus nin a santos, nin me queren oir, irei pedir mercé ao rei, e direi, chorando cos ollos meus: «Por Deus Señor, que tan bo rei vos fixo, perdoade o meu amigo esta vez».
(1) E por Deus, que vos deu honra e bondade, perdoade a Don Henrique esta vez.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:72) + 10’d 10’d

Encontros vocálicos: 8 nuncaamou; 19 onrae

Note


Sigla
  • É clara a relación, mesmo coincidencia, desta rúbrica coa da cantiga UC 1409, composta por volta dos mesmos feitos.

Testo
  • *

    Esta composición presenta un carácter híbrido entre cantiga de amigo e cantiga de escarnio (nótese a presenza de rúbrica característica nas cantigas satíricas), igual que UC 1409, tamén de Gonçal’Eanes do Vinhal. Nesta cantiga aludíase á suposta relación entre Dona Joana, segunda esposa de Fernando III e madrasta de Afonso X, e o irmán do rei sabio, D. Henrique. En 1259, D. Henrique tivera de renunciar ao señorío de Mourón (Morón de la Frontera), concedido por Fernando III, por imposición de seu irmán, Afonso X. A partir deste feito, Henrique, aliado con outros nobres e con apoio de Xaime I de Aragón, iniciou unha revolta en 1255 que durou varios anos, cun enfrontamento final co exército afonsino preto de Lebrija que acabou con derrota de D. Henrique e consecuente exilio (1259), feito a que alude a presente cantiga. Véxase a obra clásica de Ballesteros-Beretta (1963: 104-121) e tamén, a modo de síntese recente, Marcenaro & González (2024: s.v. Anrique, Don; Johana, Dona; Mouron).

  • 3

    O encontro da preposición a co artigo el de el-rei resólvese habitualmente coa contracción al; cando non hai crase gráfica (1166.r2, 1598.20), prodúcese en xeral sinalefa.

  • 14

    A diverxencia de lectura do verso é provocada pola interpretación da secuencia <ascāz>, probábel transcrición defectuosa de <assantos>, que foi interpretado como os santos en Nunes (Lopes e Littera), e como aficar en Víñez Santos.

  • 20

    A medida, a rima e a semántica encamiñan para resolver a lacuna textual con perdoade, que encaixa perfectamente na cantiga enlazando co segundo verso do refrán.
    Por outra parte, en liña cos múltiplos erros de copia nesta cantiga e tal como Nunes e Lopes consideraron, a lección <anris> de V semella conter o erro <s>/<qu> que se detecta noutra pasaxe do Cancioneiro da Vaticana, en que Esquio presenta a lección <essio> en V (1615.2). Ademais, a forma Anrique é frecuente variante de Enrique nos textos medievais (véxase CGPA, s.v.), sen que se ache en ningún texto nin época unha variante *Anris ~ Enris.
    D. Henrique era o irmán de Afonso X, con quen tivo relacións conflituosas, tamén citado nunha cantiga afonsina (459.2). Véxase Torres Sevilla-Quiñones, en HH, s.v. Enrique de Castilla.

Cerca
    Nessun risultato trovato