1173 [= Tav 145,6]
Que muito ben fez Deus a mia senhor

Que muito ben fez Deus a mia senhor
se por ben ten de lh’eu gran ben querer,
ca tan ben está ja do meu amor
que nunca ja máis o pode perder;
mais, se eu dela esteves[s]’assi,
mui maior ben faria Deus a min.
Muito ben lhi fez, aquesto sei eu,
se a ela praz de lhi eu querer ben,
pois meu coraçon é en poder seu,
que nunca o pode perder per ren;
mais, s[e] eu dela [estevess’assi,
mui maior ben faria Deus a min].
E muito ben lhi deve Deus fazer
se co[n] meu serviço lhi prazer á,
poi-lo coraçon ten en seu poder,
que nunca ja per ren no perderá;
mais, se eu dela esteves[s]’assi,
[mui maior ben faria Deus a min].
E, se prouguesse a Deus que foss’as[s]i,
non me fezesse outro ben des ali.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 1160, V 763

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 514-515); Macchi (1966: 20 [= LPGP 905-906]); Littera (2016: II, 463).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 264); Braga (1878: 144); Machado & Machado (1956: V, 252-253).

Varianti manoscritte


1 fez] fiz V   2 gran] g̃ra B   4 o] a BV   5 se] si B; dela] della BV   8 a ela] e ala B : cala V; praz] peaz V   9 seu] om. B : ssey V   14 á] om. B   15 poi-lo coraçon] Poylo meu coraçō B : poylo meu corazom V; ten en] tẽra eu V   17 se eu dela esteves[s]’assi] ssay della estenessay V   19 prouguesse] prougouesse B   20 non me] nome V; des ali] dess aly B : dessally V

Varianti editoriali


1 a mia senhor] à mha senhor Macchi   5 se] si Macchi; dela] d’ella Nunes   6 min] mi Nunes   8 lhi] lh(y) Nunes   12 min] mi Nunes   14 prazer á] prazerá Nunes, Macchi, Littera   15 poi-lo coraçon] poy’lo meu coraçon Nunes : poys meu coraçon Macchi : poilo meu coraçon Littera   16 no] o Littera   17 dela] d’ella Nunes   18 min] mi Nunes   19 prouguesse] prouguess(e) Nunes; as[s]i] asy Macchi   20 fezesse] fezess(e) Nunes

 

Parafrasi


(I) Canto ben lle fixo Deus á miña señora se ela ten por ben que eu a ame, pois está xa tan favorecida polo meu amor que nunca máis o pode perder; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(II) Moito ben lle fixo, seino eu, se a ela lle agrada que eu a ame, pois o meu corazón está no seu poder, de forma que nunca o pode perder por nada; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(III) E moito ben lle debe Deus facer se co meu servizo lle prace, pois o corazón xa o ten no seu poder, de forma que nunca por nada o perderá; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(1) E, se a Deus lle prouguese que así fose, non me faría outro ben despois diso.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= Tav 99:26) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 8 lhi‿eu; 19 prouguesse‿a; 20 fezesse‿outro

Note


Testo
  • 1

    O abrupto inicio da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1023.11040.11397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).

    Por outra banda, no Cancioneiro da Vaticana rexístrase a rara confusión fez / fiz que se produce no proceso de copia, como acontece, á inversa, en 726.7 (e probabelmente en 55.9), en que é necesaria a emenda editorial da lección manuscrita (fiz <fez> B).

  • 4

    O sentido aconsella emendar a lección manuscrita <a> para o masculino, pois o pronome refírese ao amor: ca tan ben está ja do meu amor / que nunca ja máis o pode perder.

  • 14

    A consecutio temporum leva a deglutinar prazer á na cláusula condicional (cfr. prazerá en Nunes, Macchi e Littera), de modo que fica máis natural a expresión: deve fazer ... se prazer á.

  • 15

    A métrica indica a presenza dun elemento excedente, que ben podería ser o posesivo meu, por máis que Nunes e Littera manteñan a lección dos manuscritos (poi-lo meu coraçon); por outra parte, coa omisión dese posesivo, o acento recae na quinta sílaba, como nos versos correspondentes das outras estrofas. 

    En calquera caso, o verso continúa a ser paralelo e simétrico co v. 9 na estrofa anterior, con mudanzas estilísticas na súa redacción: pois meu coraçon é en poder seu (v. 9) - poi-lo coraçon ten en seu poder (v. 15).

  • 16

    Non achamos no corpus trobadores profano máis casos en que o pronome o presente o alomorfo no após ren. Como é sabido, a antiga forma pronominal lo sofreu asimilación progresiva cando posposto a forma verbal acabada en nasal e mais após elementos como non, nen, quen, ben etc. O indefinido ren, tal como alguen ou ninguen pode provocar, pois, o aparecemento desta forma alomórfica: *rem illum > ren lo > ren no.

Cerca
    Nessun risultato trovato