949 [= Tav 63,81]
Vi eu donas, senhor, en cas d’el-rei

Vi eu donas, senhor, en cas d’el-rei,
fremosas e que parecian ben,
e vi donzelas muitas u andei;
e, mia senhor, direi-vos ũa ren:
a máis fremosa de quantas eu vi
long’estava de parecer assi
come vós; eu muitas vezes provei
se acharia de tal parecer
algũa dona, senhor, u andei;
e, mia senhor, quer[o]-vos al dizer:
a máis fremosa de quantas eu vi,
[long’estava de parecer assi]
come vós; e, mia senhor, preguntei
por donas muitas, que oi loar
de parecer nas terras u andei;
e, mia senhor, pois mi-as foron mostrar,
a máis fremosa de quan[tas eu vi,
long’estava de parecer assi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 946, V 534

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 357-358); Rodríguez (1980: 72 [= LPGP 409-410]); Littera (2016: I, 427).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 192); Braga (1878: 102); Machado & Machado (1953: IV, 315); Gassner (1933: 395-396); Fernández Pousa (1959: 87).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 37-38); Tavares (1961: 31); Spina (1972: 322); Álvarez Blázquez (1975: 28); Pena (1990: 21); Ferreira (1991: 17-18); Jensen (1992: 136); Pena (1993:107).

Variantes manuscritas


5 eu] en V   6 long’estava] Longe gaua B : longe gaua V   7 vezes] uezos V; provei] ꝓ ney B   8 acharia] acaria B : a maria V   9 algũa] Alguna B; senhor] sen hº V   10 quer[o]-vos al dizer] qixnoal dizer B : qix u\o/(ꝯ)oal dizey V   14 muitas] maytas BV   15 terras] mas B : m̄ as V   16 mi-as] tuhas B; foron] foy V

Variantes editoriais


7 eu] e Nunes   8 se acharia] sse veeria Nunes : se ac[h]aria Rodríguez

Paráfrase


(I) Vin eu donas, señora, na na corte real, fermosas e de boa figura, e vin moitas doncelas por onde andei; e, miña señora, direivos unha cousa: a máis fermosa de cantas eu vin estaba lonxe de ter unha aparencia así (II) coma vós; moitas veces eu tentei ver se achaba algunha dona de tal fermosura, señora, por onde andei; e, miña señora, quérovos dicir outra cousa: a máis fermosa de cantas eu vin estaba lonxe de ter unha aparencia así (III) coma vós; e, miña señora, nas terras por onde andei preguntei por moitas donas que ouvín louvar pola súa fermosura; e, miña señora, despois de mas mostraren, a máis fermosa de cantas eu vin estaba lonxe de ter unha aparencia así.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C

Encontros vocálicos: 16 mi͜-as

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 8

    A lección <amaria> de V supón o erro inverso ao habitual, <ch>/<m>, que se atesta en diversas pasaxes dos apógrafos italianos. Véxase nota a 927.4.

  • 9

    A presenza da forma gráfica <alguna> en B incide no feito da existencia dalgunhas voces en que aparentemente se mantén o -n- intervocálico (<bona>, <poner>, <(h)una>, <alguna> etc.), feito que demostra que supoñen unha simple representación gráfica da nasalidade fonolóxica da vogal (bõa, põer, ũa, algũa...). Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b).

  • 15

    O erro de copia en B e V delata a confusión <m>/<tir>, xa que a voz terra(s) aparece con moita frecuencia como <tirā(s)> nos apógrafos italianos, pola equivalencia <ir> = rr e a presenza da abreviación de e (véxanse en B 119.8, 130.25, 194.9, 203.26, 313.2, 628.24 etc.; e en BV, 809.21, 931.15 –<tiran> en V–, 965.9, 998.11, 1072.16 etc.). En calquera caso, véxase o mesmo erro en 854.14, onde partirei a parece como <p̄mey> en V (cfr. <p̄tirey> en B).

  • 16

    Obsérvese neste verso como no Cancioneiro da Vaticana o copista tivo un lapso <ꝝ>/<y> ao interpretar a abreviatura de -ron como <y>.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado