I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 711); Martínez Pereiro (1992: 49 [= LPGP 312]); Littera (2016: I, 343).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 25); Machado & Machado (1949: I, 101-102); García (2001: 36); Rios Milhám (2017: I, 50); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 57).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 29-30); Nunes (1959: 237-238); Jensen (1992: 114); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 69).
5 toda via] codauia B 8 vos] uos B
En Michaëlis o refrán está composto por dous versos (4+5)
7 Per] Pero Littera 8 vos] vos Michaëlis, vós Martínez Pereiro
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’B (= Tav 37:44)
A disposición partida do refrán (v. 3, 6 e 9), presente no códice e mantida por Michaëlis, provocaría a aparición dun infrecuente refrán anisosilábico (4+5) coa rima -osa; tal como o aquí presentamos, mantense unha estrutura métrica regular e habitual, con rima interna.
Por outra parte, a expresión seer poderosa de mi(n) / seer poderosa del, con que se mostra o dominio da senhor sobre o trobador, aparece posteriormente só na obra de Don Denis (véxanse 506.2-3, 569.7-8 e 575.15-16).