551 [= RM 25,128]
Ũa pastor ben-talhada

Ũa pastor ben-talhada
cuidava en seu amigo
e estava, ben vos digo,
per quant’eu vi, mui coitada;
e diss’: «Oimais non é nada
de fiar per namorado
nunca molher namorada,
pois que mi o meu á errado».
Ela tragia na mão
un papagai mui fremoso
cantando mui saboroso,
ca entrava o verão;
e diss’: «Amigo loução,
que faria por amores,
pois m’errastes tan en vão?».
E caeu antr’ũas flores.
Ũa gran peça do dia
jouv’ali, que non falava,
e a vezes acordava,
e a vezes esmorecia;
e diss’: «Ai Santa Maria,
que sera de min agora?».
E o papagai dizia:
«Ben, per quant’eu sei, senhora».
«Se me queres dar guarida»,
diss’a pastor, «di verdade,
papagai, por caridade,
ca morte m’é esta vida».
[E] diss’el: «Senhor comprida
de ben, e non vos queixedes,
ca o que vos á servida
erged’olho e vee-lo-edes».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscrits


B 534, V 137

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 51-52 [= LPGP 237]); Nunes (1973 [1928]: 2-3); Stegagno Picchio (1979 [1962]: 63); Cohen (2003: 643); Littera (2016: I, 198-199); Fassanelli (2021: 52-54).
II. Outras edicións: Moura (1847: 86-87); Monaci (1875: 57); Braga (1878: 28); Machado & Machado (1952: III, 130-131); Júdice (1997: 152-153); Montero Santalha (2004); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 179-180).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 40-41); Pellegrini (1928: 2-3); Cidade (1941: 10-11); Nemésio (1961 [1949]: 189-190); Piccolo (1951: 183-184); Varela Jácome (1953: 52-53); Nunes (1959: 337-338); Oliveira & Machado (1959: 63-64); Tavares (1961: 34-35); Álvarez Blázquez (1975: 233-234); Reckert & Macedo (1980: 200-201); Fiúza (1981: 77-80); Gonçalves & Ramos (1983: 290-291); Dobarro Paz et alii (1987: 104); Ferreira (1988: 88-89); Pena (1990: 316-317); Sansone (1990: 318-320); Jensen (1992: 84); Alonso Girgado (1992: 14); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 263-264); Diogo (1998: 192-193); Vallín (1999: 19-20); Arias Freixedo (2003: 380-381); Mongelli (2009: 163-164); Souto Cabo (2017: 73); Gutiérrez (2023: 255).

Variantes manuscrites


3 e] om. V   6 per] ꝑe B   8 errado] eirado B   9 mão] mano B   13 loução] lontano B   15 m’errastes] meirastes B   17 Ũa] Huna V   20 esmorecia] esmorezia V   21 Santa] sancta B   23 papagai] papa g(u)ay B   27 papagai] Papa g(u)ay B   28 ca] Ta B   30 non vos] nouꝯ B

Variantes éditoriales


14 por] per Lang, Nunes, Stegagno, Littera   24 per] por Nunes, Lang   29 [E] diss’el] Diss’el Lang, NunesFassanelli : Diss'el[e] Cohen : Diss[e] el Littera; Senhor comprida] Senhor[a] comprida LangFassanelli : Senhor [mui] comprida Nunes

Paraphrase


(I) Unha pastora moi ben feita pensaba no seu amigo e estaba, ben volo digo, polo que eu vin, moi coitada; e dixo: «De aquí en diante nunca se debe fiar nada do seu namorado ningunha muller namorada, xa que o meu me enganou».

(II) Ela traía na man un papagaio moi fermoso que cantaba moi ben, pois entraba a primavera; e dixo: «Amigo garrido, que poderei facer cos meus amores, pois tan en van me enganastes?». E caeu entre unhas flores.

(III) Alí estivo xacendo unha boa parte do día, sen fala, e ás veces acordaba e ás veces desmaiábase; e dixo: «Ai Santa María, que vai ser de min agora». E o papagaio dicía: «Ben, polo que eu sei, señora ».

(IV) «Se me queres salvar» dixo a pastora , «di a verdade, papagaio, por caridade, porque esta vida é a miña morte». E el dixo:«Senhor plena de ben, non vos queixedes, pois o que vos serviu erguede o ollar e verédelo».

Métrique


Esquema métrico: 4 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’a 7’c 7’a 7’c (= RM 137:1)

Encontros vocálicos: 8 mio; 19-20 acordava,/e; 32 olhoe, -lo͜-edes

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga pertence a un reducido grupo de sete composicións de carácter híbrido que combinan en graos diferentes elementos propios das cantigas de amigo –mais tamén das cantigas de amor e mesmo das de escarnio– con elementos temáticos e léxicos propios do xénero da pastorela. Era esta unha modalidade poética bastante cultivada nas tradicións literarias oitánica e occitánica, en que un cabaleiro encontra soa e require de amores a unha moza pastora. As outras cantigas deste grupo son: Ũa pastor se queixava e Vi oj’eu cantar d’amor, ambas de D. Denis (nº 517 e 564); Cavalgava noutro dia, de Joan Perez d’Avoin (nº 691); Oi oj’eu ũa pastor cantar, de Airas Nunes (nº 864); Pelo souto de Crexente, de Joan Airas de Santiago (nº 969) e, finalmente, Quand’eu un dia fui en Compostela, de Pedr’Amigo de Sevilha (nº 1100). Sobre esta cuestión véxase Tavani (1986: 217-223).

  • 3

    En Don Denis rexístrase a cláusula ben vos digo (véxase tamén 596.r1 e 19) cun valor de frase formularia, equivalente a outras construídas arredor de ben e creer. Véxase nota a 212.14.

  • 9

    A presenza de -n- en diversas formas manuscritas de B e V (<mano / lontano / huna>, vv. 9, 13, 17) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ã/ ou /ũ/ (feito confirmado en cada caso pola lección alternativa), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilãoSobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 10

    Nesta cantiga aparece a primeira atestación de papagaio (tamén nos vv. 23 e 27), termo de orixe escura, talvez un provenzalismo. Os seguintes rexistros achámolos en textos portugueses de finais do século XV (véxase CdP, s.v. papagaio, papagayo).

  • 12

    Lémbrese que no período medieval verão significa esencialmente ‘final da primavera, época do bo tempo’ (véxase tamén 866.1), xa que para o concepto de ‘verán’ era utilizada a voz estio.

  • 18

    Na lírica profana, as formas de pretérito de jazer (918.26, 1387.19, 1554.1, 1674.9) presentan sempre a raíz analóxica jouv- (cfr. lat. iacui > jouve ~ jouve etc.) (Ferreiro 1999: §231).

  • 20

    Neste verso Cohen indica graficamente a supresión da copulativa inicial, sen dúbida pola resistencia á sinalefa da conxunción; mais a hipermetría do verso é só aparente se considerarmos a existencia dunha episinalefa acordava‿/‿e.

  • 24

    O feminino analóxico senhora (tamén no v. 29), de xeración tardía na lingua, é aínda na lingua trobadoresca excepcional con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Estevan Faian (402.16), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16).

  • 29

    Face ás solucións das anteriores edicións (a forma senhor[a] de Lang e Fassanelli), a hipometría versal en Stegagno, ou as reintegracións de Nunes e Cohen), preferimos restaurar a copulativa que precede disse en todas as estrofas (vv. 5, 13 e 21).

  • 30

    Nótese a presenza dunha copulativa e expletiva, que confire énfase e expresividade ao rogo formulado á pastor.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé