[last revised: 31/05/2020]Print

180 [= Tav 125,53]
Sennor, queixo-me con pesar

Sennor, queixo-me con pesar
grande que ei de que vos vi,
e gran dereito per-faç’i;
e máis me devi’a queixar
eu desse vosso parecer
que tanto mal me faz aver.
E queixo-me dos ollos meus
por end’, assi Deus me dé ben,
con medo non se vos queix’én,
mia sennor, nen me queixo a Deus
eu desse vosso parecer
[que tanto mal me faz aver].
E queixo-m’, e meu coraçon,
porque mi faz gran ben querer
vós de que nunca pud’aver
ben, e queixo-me con razon
eu desse vosso parecer
[que tanto mal me faz aver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


A 90, B 194

En A non foi copiada a estrofa III, ficando libre o espazo que lle correspondía.

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 191); Blasco (1984: 105 [= LPGP 839-840]); Marcenaro (2012b: 176); Littera (2016: II, 345-346).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 83); Carter (2007 [1941]: 55); Machado & Machado (1949: I, 316); Fernández Pousa (1953: 10); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 180).

Manuscript variants


2 vos] uus A   3 per-faç’i] per fa B   6 me] mj B   8 me] mj B   9 se] xe B   10 nen] nō B; queixo a] queixa a A : q̄ixe a B   13 coraçon] coracon B

Editorial variants


2 de] de[s] Michaëlis, Littera; vos] vus Michaëlis, Blasco   4 devi’a] devia Michaëlis, Blasco, Marcenaro, Littera   8 dé] dê Michaëlis, Littera   9 vos ] vus Michaëlis, Blasco; queix’én] queix(e) én (?) Michaëlis   10 queixo] queix(o) Michaëlis : queixe Blasco   12 me] mi Marcenaro   13 e meu] en meu Michaëlis, Blasco, Marcenaro, Littera   18 me] mi Blasco, Marcenaro

Metrics


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I, II [= Tav 160:372]) + 8a 8b 8b 8a 8B 8B (III [= Tav 151:12])

Encontros vocálicos: 10 queixo‿a

Notes


Text
  • 4

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda, por máis que os anteriores editores non a considerasen.

  • 9

    Parece que o verbo queixar se refire a ollos (plural), mais a rima impón a segmentación de én pola necesaria tonicidade rimática (cfr. nota a 117.10). Deste modo, queix’én encobre un sintagma queixen én.

  • 13

    Segmentamos, a diferenza dos editores anteriores, unha copulativa en <> que suxire unha diferenciación entre o «eu» do trobador e o seu «coraçon», tal como noutras cantigas acontece; deste modo, coraçon é o suxeito de faz (v. 14). De modo diverso, os editores precedentes emendan a lección manuscrita e estabelecen m’en, cunha lectura que banaliza o texto do manuscrito.

  • 15

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

Search
    No results