418 [= Tav 50,11]
Sennor, que eu por meu mal vi

Sennor, que eu por meu mal vi,
pois m’eu de vós a partir ei,
creede que non á en mí
senon mort’ou ensandecer,
pois m’eu de vós a partir ei
e ir allur sen vós viver.
Pois vos eu quero mui gran ben
e me de vós ei a quitar,
dizer-vos quer’eu ũa ren
(o que sei no meu coraçon),
pois me de vós ei a quitar
[e ir allur sen vós viver].
E mal dia naci, sennor,
pois que m’eu d’u vós sodes vou,
ca mui ben sõo sabedor
que morrerei, u non jaz al,
pois que m’eu d’u vós sodes vou,
[e ir allur sen vós viver].
E logo, u m’eu de vós partir,
morrerei se mi Deus non val.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 259, B 436, V 48

A fiinda só aparece copiada en BV.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 507-508); Lanciani (1977: 62 [= LPGP 339]); Littera (2016: I, 376).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 24-25); Braga (1878: 9-10); Carter (2007 [1941]: 152); Machado & Machado (1950: II, 262-263); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 418).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 19-20); Piccolo (1951: 124-125).

Variantes manuscritas


3 que] que que B; mí] min A   5 pois] ois A; m’eu de] mende B   6 vos] uos A   9 o] e BV   15 sõo] soo B : sco V   16 morrerei] moirerey B; jaz] iam V   18 senhᵉ q̄ eu uj pᵉ meu mal / Poysme deuos ej B : senhᵉ q̄ eu ui pᵉmeu mal / poys me de uos ei V   19-20 om. A

Variantes editoriais


En Michaëlis os vv. 2 e 5 de cada estrofa son editados como refrán. En Lanciani, o mesmo que en Littera, non existe refrán. 

7 vos] vos Michaëlis : vus Lanciani   9 vos] vus Michaëlis, Lanciani   10 o] e Michaëlis   12 [e ir allur sen vós viver]] [de pran, morrerei logu’enton] Michaëlis : om. Lanciani, Littera   18 [e ir allur sen vós viver]] senhor que eu vi por meu mal Michaëlis, Lanciani, Littera   19 logo] log(o) Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8a 8c 8b 8C (I) + 8a 8b 8a 8c 8b 8D (II, III) + 8e 8c (cfr. Tav 121:3)

Encontros vocálicos: 19 logo,‿u

Notas


Texto
  • *

    A configuración definitiva desta cantiga é problemática, feito que explica as diversas opcións editoriais. Porén, no Cancioneiro da Ajuda a composición aparece copiada cun refrán de dous versos (vv. 5-6), de modo que, erradamente, na segunda e terceira estrofa só é copiado o hipotético primeiro verso do refrán (vv. 11 e 17). En BV non existen indicacións de refrán na primeira estrofa, nin é copiado (nin abreviado) na segunda estrofa, ao tempo que, na terceira estrofa, en lugar do v. 18 aparecen copiados os vv. 1-2 con variantes.
    Por outra parte, esta composición presenta a repetición practicamente literal do segundo e quinto verso de cada estrofa: I (v. 2 = v. 5), II (v. 8 = v. 11, coa variación e / pois), III (vv. 14 = 17).

  • 12

    Por non considerar a existencia de refrán, este verso é reconstruído arbitariamente en Michaëlis (de pran, morrerei logu’enton) e presentado como unha lacuna textual en Lanciani.

  • 16

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.

  • 19-20

    Ausente de A (no seu lugar foi copiada a fiinda da seguinte cantiga e posteriormente raspada), a fiinda da cantiga presenta anomalías na rima, pois só no segundo verso se retoma a rima c da terceira estrofa, mentres que o primeiro verso non ten correspondencia con ningunha outra rima da composición. Porén, se se considera o seu carácter de palavra perduda, si encontra correlato nas rimas c das estrofas II e III, que tamén son palavras perdudas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado