526 [= RM 25,114]
Senhor fremosa, non poss’eu osmar

Senhor fremosa, non poss’eu osmar
que ést’aquel’en que vos mereci
tan muito mal quan muito vós a mí
fazedes; e venho-vos preguntar
o por que é, ca non poss’entender,
se Deus me leixe de vós ben achar,
en que vo-l’eu podesse merecer,
se é, sen[h]or, porque vos sei amar
mui máis que os meus olhos nen ca min;
e assi foi sempre des que vos vi,
pero sabe Deus que ei gran pesar
de vos amar, mais non poss’al fazer;
e por én vós, a que Deus non fez par,
non me devedes i culp’a põer,
ca sabe Deus que, se m’end’eu quitar
podera des quant’á que vos servi,
mui de grado o fezera log’i;
mais nunca pudi o coraçon forçar
que vos gran ben non ouvess’a querer;
e por én non dev’eu a lazerar,
sen[h]or, nen devo por end’a morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 528, V 111, T 5

Edicions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 34 [= LPGP 230]); Nunes (1972 [1932]: 118-119); Eirín (2015: 133); Littera (2016: I, 183).
II. Outras edicións: Moura (1847: 47-48); Monaci (1875: 48-49); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 75); Montero Santalha (1997: 233); Júdice (1997: 107); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 136-137).

Variants manuscrites


4 venho] uēnho B; preguntar] per guntar V   7 que] quē B   8 sen[h]or] senō B : senor B   10 vos] uos BV   12 vos] uos B : uor V   14 põer] pᵒcer B : p̃cer V   15 Ca] (E)Ca V   16 podera] Po’da B   17 grado] g̃rdo V   18 forçar] forcar BV   19 vos gran] uos g̃am BV; ouvess’a] ouuassa BT : ouua ssā V   21 morrer] moirer B1

Variants editorials


2 aquel’en] aquel em Lang   4 preguntar] perguntar Lang   9 min] mi Lang, Nunes, Littera   11 sabe Deus] sabedes Lang   12 vos] vós Lang   13 que] quem Lang, Littera   14 culp’a põer] culpa põer Lang, Nunes, Littera   15 sabe Deus] sabedes Lang

Paràfrasi


(I) Señora fermosa, non podo eu imaxinar que é aquilo en que merecín tanto mal canto me vós facedes; e véñovos preguntar por que iso é así, porque non podo entender, así Deus me deixe ter o voso ben, nada en que volo puidese merecer, (II) se é, señora, porque vos sei amar moito máis que aos meus ollos nin que a min; e así foi sempre desde que vos vin, mais sabe Deus que sinto un gran pesar por vos amar, mais non podo facer outra cousa; e por iso vós, a quen Deus fixo sen par, non me debedes culpar por iso, (III) pois Deus sabe que, se eu puidese deixar de facelo desde que comecei a servir, de moi boa vontade o fixera logo alí; mais nunca puiden forzar o corazón para que non deixase de vos amar; e por iso non debo eu sufrir tanto, señora, nin debo por iso morrer.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10a 10c (= RM 156:1)

Encontros vocálicos: 18 pudio

Notes


Text
  • *

    En todos os editores da cantiga, as estrofas aparecen isoladas sintacticamente, desaparecendo, por tanto, o carácter de cantiga ateúda. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 2

    A ausencia de apóstrofo no texto langiano, se non é unha gralla, constitúe unha lectura errada, pois estamos perante a forma invariábel demostrativa aquelo.

  • 4

    Lang optou por perguntar, erro de copia en V, pois a forma con metátese de /ɾ/ é cronoloxicamente posterior ao período trobadoresco.

  • 6

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 8-9

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 11

    De novo a ambivalencia sabedes / sabe Deus (tamén no v. 15) se manifesta na edición de Lang, que tamén presenta un texto verosímil (véxase nota a 524.4).

  • 14

    Na lingua das cantigas profanas o verbo dever participa en perífrases obrigativas con infinitivo, tanto sen elemento nexual como coas preposición de (rara) e, sobre todo, a, que constitúe a fórmula maioritaria. É por isto que na frecuente construción dever culp’a põer2 se debe segmentar a preposición a, aínda que, en xeral, os editores actúan contraditoriamente neste punto. Outros contextos semellantes poden verse en 53.9, 70.23 e 668.13, onde diversos editores tampouco deglutinaron o enlace preposicional.

  • 15

    Na copia do Cancioneiro da Vaticana precíbese unha vacilación que remite a unha certa alternancia de ca / eno inicio de estrofa (e de verso) entre os diferentes testemuños. Véxase nota a 64.15.

  1. ^

    Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.

  2. ^

    O feito de culpa anteceder o verbo dever impide a presenza da preposición en 269.24, 341.3, 384.24, 1092.32 e 1578.8.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat