I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 140-141 [= LPGP 670-671]); Cohen (2003: 206); Littera (2016: II, 156-157).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 127-128); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1953: IV, 13-14).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 171); Souto Cabo (2017: 178).
1 -m’oj’un] mouin V 6 pesou] persou V 19 tenho] tēho B : tħo V 20 tornei] toruey B
(I) Un cabaleiro quíxome dicir hoxe, amigas, que me amaba, e prohibinllo eu, e estou certa dunha cousa polo que del puiden percibir: tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.
(II) Quíxome el dicir, así Deus me perdoe, con moito medo o moito que me ama, e quíxome logo chamar «señora», e eu prohibinllo e el entón tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.
(III) Falaba comigo e quíxome falar do moito que el me di que me ama, e eu díxenlle que non lle valía de nada falar diso, e el con gran pesar tornou moi triste, e eu ben entendín que lle pesou porque llo prohibín.
(1) E coido que niso obrei con desmesura porque non lle correspondín en nada.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:179)
Encontros vocálicos: 20 tornei‿i
Repárese na repetición do elemento rimante na fiinda (o adverbio i), situación anómala na métrica trobadoresca, aínda que pode ser comparábel coa reiteración de rimantes nalgúns refráns, nomeadamente nas cantigas de Joan Garcia de Guilhade. Véxase nota a 14.48-50.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: