202 [= Tav 125,39]
Quantos oj’eu con amor sandeus sei

Quantos oj’eu con amor sandeus sei
dizen, si Deus me leixe ben aver,
que a dona lles fez o sén perder,
mellor de quantas oje no mund’á;
se verdad’é, sei eu a dona ja,
ca tal dona, si Deus a mí perdon,
non á no mundo, se mia sennor non.
Ainda vos outra cousa direi:
a todos estes eu ouço dizer
que a mello-los fez ensandecer
dona do mundo; mais, se verdad’é,
log’eu a dona sei, per bõa fe,
ca tal dona, si Deus [a] mí perdon,
[non á no mundo, se mia sennor non].
Se verdad’é que eles por atal
dona qual dizen perderon-no sén,
pola mellor do mundo, e son por én
sandeus e non an d’outra ren sabor,
non son sandeus senon por mia sennor,
ca tal dona, si Deus a min perdon,
[non á no mundo, se mia sennor non].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 109, B 218

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 224); Blasco (1984: 199 [= LPGP 832]); Marcenaro (2012b: 297); Littera (2016: II, 361-362).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 94); Carter (2007 [1941]: 67); Machado & Machado (1949: I, 356-357); Fernández Pousa (1953: 25); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 202).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 193).

Variantes manuscritas


1 Quantos] Quantus B   2 si] se B   3 a] om. A; lles] lhis B   6 si] se B; non á] non (n) a B   8 vos] uos A   10 a mello-los fez] a melhʳ lhes fez B   12 dona] don A   13 si] se B; a mí] me A   15 atal] tal B   16 perderon-no] ꝑdero no B   19 non] nē B   20 si] se B; a min] mj B

Variantes editoriais


6 ca] e Littera; mí] min Blasco : mim Littera   8 vos] vus Michaëlis, Blasco   13 ca] e Littera; mí] m[i]<n> Blasco : mim Littera   16 -no] o Littera   17 mundo] mund(o) Michaëlis   19 ca] e Littera   20 min] mi Michaëlis, Marcenaro

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10D 10D (= Tav 199:2)

Encontros vocálicos: 17 mundo,‿e

Notas


Texto
  • 1-3

    O deslocamento de sei para a posición de rima opaca a orde sintáctica lóxica: Quantos oj’eu sei sandeus con amor / dizen, si Deus me leixe ben aver, / que a dona lles fez o sén perder.

  • 2

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 6

    A fórmula si Deus a mí perdon, do primeiro verso do refrán, presenta unha lección diferente na segunda cobra (v. 13), pois aparece o pronome me en A (sen copia en B, que abrevia antes do retrouso), mentres que na terceira estrofa falta a preposición en B. A conseguinte hipometría da lección de A indica que o refrán da segunda cobra debe ser emendado para restaurar a isometría.
    Nótese, ademais, a variación mí ~ min no refrán (I-II ; III min), en liña coa alternancia das dúas formas na lingua trobadoresca e mais na lingua medieval en xeral. Cfr. nota a 27.4.

  • 10

    Sendo posíbel a asimilación do pronome (e do artigo) de P3 en función de CD ao vocábulo anterior cando este acaba en -r ou en -s (nomeadamente formas verbais e algúns pronomes e preposicións), é verdadeiramente inusual a asimilación co adxectivo melhor, que tamén comparece en 185.8) (cfr nota a 25.16). No entanto, é significativo comprobar como en B se evita tal fenómeno, introducíndose un pronome lhes que implica a aparición dun anómalo CI con ensandecer. O encontro mello-los ten a súa orixe no violento hipérbato producido pola separación do modificador (mellor) do núcleo do suxeito (dona do mundo), que é deslocado ao final da frase (que a mello-los fez ensandecer / dona do mundo = que a mellor dona do mundo os fez ensandecer).

  • 15

    No Cancioneiro da Ajuda percíbese unha maior presenza das formas reforzadas atal, atan, atanto, fronte a BV, que tenden a presentar as variantes sen a- protético (coa conseguinte hipometría no presente verso). Véxase tamén 42.5, 282.14 ou 285.19

  • 16

    Para alén da aparición da variante no do artigo após con, quen, ben, non e nen, non é moi frecuente o uso deste alomorfo após forma verbal acabada en nasal, aínda que é produto, de modo similar ao que acontece con -lo tras -r ou -s, da asimilación da consoante nasal final co forma arcaica do artigo (-n+lo > -n+no): Ambas eran-nas melhores (113.13),  [e] perdian-na color (489.12), «Venhan-nas barcas polo rio / a sabor» (1167.4), pesa-lhes én / e razoan-no ben por mal (1447.21). Similar situación se produce nas Cantigas de Santa Maria, onde podemos achar o mesmo alomorfo no artigo e/ou pronome: cab’ o altar u tangen-na canpãa / Do Corpus Domini (CSM 69.38); e prometeu poren / hu͂a que lle nacera | de en orden-na meter (251.13).

Procurar
    Não foram encontrados resultados