[last revised: 27/11/2018]Print

286 [= Tav 79,46]
Por Deus Sennor, que vos tanto ben fez

Por Deus Sennor, que vos tanto ben fez
que vos fezo parecer e falar
mellor, sennor, e mellor semellar
das outras donas e de mellor prez,
avede vós oje doo de min!
E porque son mui ben quitos os meus
ollos de nunca veeren prazer
u vos, sennor, non poderen veer,
ai mia sennor, por tod’est’e por Deus,
avede vós oje doo de min!
E porque non á no mund’outra ren
que esta coita ouvess’a sofrer,
que eu sofro, que podesse viver,
e, porque sodes meu mal e meu ben,
avede vós oje doo de min!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscripts


A 179, B 330

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 353 [= LPGP 545]); Correia (2001: 493); Littera (2016: I, 608).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 121); Carter (2007 [1941]: 107); Machado & Machado (1950: II, 82-83); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 286).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 305).

Manuscript variants


1 vos] uos A   2 vos] uus A; fezo] fez B   5 min] mj B   6 quitos] quites B   8 vos] uos A   10 min] mj B   11 non] no A   12 ouvess’a] ouuess(e) a A   14 meu] men B

Editorial variants


1 vos] vos Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   8 vos] vos Michaëlis : vós Correia

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C (= Tav 155:8)

Notes


Text
  • 2

    A variante fez de B faría hipométrico o verso. Véxase nota a 53.16.

  • 6

    A variante quito ‘libre, exento’ é forma única, fronte a quite, no corpus trobadoresco profano, pois mesmo no Cancioneiro da Ajuda só se rexistra quite (69.2 e 9). Moi probabelmente quito supón unha adaptación morfolóxica do fr. quitte ‘libre’ (< quietum).

Search
    No results