I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 98 [= LPGP 213-214]); Nunes (1973 [1928]: 51-52); Cohen 638); Littera (2016: I, 240-241).
II. Outras edicións: Moura (1847: 191-192); Monaci (1875: 80); Braga (1878: 41); Machado & Machado (1952: III, 237-238); Júdice (1997: 55); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 382).
1 gran] g̃ra B 3 tal] (n)tal B 4 muitos] muytus V 7 gran] g̃ra B 8 gran] g̃ra B; traiçon] trayzō V 9 Deus] des V; perdon] pardon B 11 soubestes] sobestes B 13 dereito] deyto V 14 gran] g̃ra B
2 diz andand’] dizend’and’ Lang 8 diz andando] dizend’anda Lang 15 sé] s’é Lang
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= Tav 13:14)
A emenda de Lang neste verso e mais no v. 8 (dizend’anda), aínda que cunha expresión ben acaída, non é necesaria, como mostra a reaparición de andando no v. 4 (ca diz de mí, e de vós outro tal, andand’a muitos que lhi fiz eu ben ...). Este uso do xerundio andando cun valor próximo a ‘por onde vai’ detéctase tamén nalgún outro contexto: Diga-x’andando quis o que quiser (692.13).
A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
Igual que acontece con oir ~ ouvir (véxase nota a 334.4), loar (< laudāre) é a solución xeral (véxase nota a 496.17) no corpus trobadoresca, mais atéstase tamén a evolución alternativa louvar con ditongo inicial e posterior epéntese consonántica (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 135b.1). Véxase tamén 706.1, 1171.7, 1372.5, 1506.2, 1520.6.
A pesar da existencia da P2 sees (1383.2), a P3 do presente de seer, descendente de sedet, é sempre sé (é de subliñar a errada segmentación langiana), con crase vocálica (véxase 776.13, 1050.18, 1453.10), por rimar sempre con é e fe. Esta situación é similar á da prosa, onde o resultado arcaico see conta con poucos rexistros fronte á forma contracta sé (véxase CGPA, s.v. see, sé).
Obsérvese, máis unha vez, a vacilación entre que ~ ca que se percibe nos vv. 5, 11 e 17: e que ~ ca soubestes... Sobre a variación que ~ ca e a súa distribución no corpus profano, véxase nota a 66.6.