[last revised: 15/09/2020]Print

618 [= Tav 25,80]
Por Deus, amiga, pes-vos do gran mal

Por Deus, amiga, pes-vos do gran mal
que diz andand’aquel meu desleal,
ca diz de mí, e de vós outro tal,
andand’a muitos que lhi fiz eu ben
e que vós soubestes tod’este mal,
de que eu nen vós non soubemos ren.
De vos én pesar é mui gran razon,
ca diz andando mui gran traiçon
de min e de vós, se Deus mi perdon,
u se louva de min que lhi fiz ben
e que vós soubestes end’a razon,
de que [eu nen vós non soubemos ren].
De vos én pesar dereito per-é,
ca diz de min gran mal, per bõa fe,
e de vós, amiga, cada u sé
falando, ca diz que lhi fiz eu ben
e ca vós soubestes todo com’é,
de que eu nen vós non [soubemos ren].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 601, V 204

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 98 [= LPGP 213-214]); Nunes (1973 [1928]: 51-52); Cohen 638); Littera (2016: I, 240-241).
II. Outras edicións: Moura (1847: 191-192); Monaci (1875: 80); Braga (1878: 41); Machado & Machado (1952: III, 237-238); Júdice (1997: 55); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 382).

Manuscript variants


1 gran] g̃ra B   3 tal] (n)tal B   4 muitos] muytus V   7 gran] g̃ra B   8 gran] g̃ra B; traiçon] trayzō V   9  Deus] des V; perdon] pardon B   11 soubestes] sobestes B   13 dereito] deyto V   14 gran] g̃ra B

Editorial variants


2 diz andand’] dizend’and’ Lang   8 diz andando] dizend’anda Lang   15 sé] s’é Lang

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= Tav 13:14)

Notes


Text
  • 2

    A emenda de Lang neste verso e mais no v. 8 (dizend’anda), aínda que cunha expresión ben acaída, non é necesaria, como mostra a reaparición de andando no v. 4 (ca diz de mí, e de vós outro tal, andand’a muitos que lhi fiz eu ben ...). Este uso do xerundio andando cun valor próximo a ‘por onde vai’ detéctase tamén nalgún outro contexto: Diga-x’andando quis o que quiser (692.13).

  • 9

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 10

    Igual que acontece con oir ~ ouvir (véxase nota a 334.4), loar (< laudāre) é a solución xeral (véxase nota a 496.17) no corpus trobadoresca, mais atéstase tamén a evolución alternativa louvar con ditongo inicial e posterior epéntese consonántica (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 135b.1). Véxase tamén 706.1, 1171.7, 1372.5, 1506.2, 1520.6.

  • 15

    A pesar da existencia da P2 sees (1383.2), a P3 do presente de seer, descendente de sedet, é sempre (é de subliñar a errada segmentación langiana), con crase vocálica (véxase 776.13, 1050.18, 1453.10), por rimar sempre con é e fe. Esta situación é similar á da prosa, onde o resultado arcaico see conta con poucos rexistros fronte á forma contracta (véxase CGPA, s.v. see, sé).

  • 17

    Obsérvese, máis unha vez, a vacilación entre que ~ ca que se percibe nos vv. 5, 11 e 17: e que ~ ca soubestes... Sobre a variación que ~ ca e a súa distribución no corpus profano, véxase nota a 66.6.

Search
    No results