510 [= Tav 25,79]
Pois que vos Deus fez, mia senhor

Pois que vos Deus fez, mia senhor,
fazer do ben sempr’o melhor
e vos én fez tan sabedor,
ũa verdade vos direi,
se mi valha Nostro Senhor:
erades boa pera rei.
E, pois sabedes entender
sempr’o melhor e escolher,
verdade vos quero dizer,
senhor, que sérvi’e servirei:
pois vos Deus atal foi fazer,
erades [boa pera rei].
E, pois vos Deus nunca fez par
de bon sén nen de ben falar
nen fara ja, a meu cuidar,
mia senhor e quanto ben ei,
se o Deus quisesse guisar,
erades bõa pera rei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 512, V 95

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 23-24 [= LPGP 213]); Nunes (1972 [1932]: 89-90); Littera (2016: I, 174).
II. Outras edicións: Moura (1847: 24-25); Monaci (1875: 43); Braga (1878: 20); Machado & Machado (1952: III, 33); Júdice (1997: 92); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 46-47); Tavares (1943 [1923]: 23); Nemésio (1961 [1949]: 199-200); Tavares (1961: 18-19); Ferreira (1988: 59-60); Alvar & Beltrán (1989: 369); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 40); Arias Freixedo (2003: 366-367); Alvar & Talens (2009: 586); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 37).

Variantes manuscritas


13 Deus] (dez) đs V   14 sén] sen B   15 fara] fera B; cuidar] cuyder B

Variantes editoriais


3 vos] vós Lang   6 boa] bõa Lang, Littera   10 sérvi’] sêrvi’ Littera   12 boa] bõa Lang, Littera   16 e] por Lang   18 bõa] boa Nunes

Paráfrase


(I) Xa que Deus vos fixo, miña senhor, facer sempre dos ben o mellor e vos fixo niso tan sabia, vouvos dicir unha cousa que é ben certa, así Noso Señor me valla: erades boa para rei.

(II) E xa que sabedes comprender e escoller sempre o que é mellor, quérovos dicir unha verdade, senhor, que sirvo e servirei: erades boa para rei.

(III) E xa que Deus non fixo nin fará xa, segundo eu penso, quen se vos poida comparar en ter bo xuízo e en falar axeitadamente, miña senhor e canto ben teño, se Deus así o dispuxese, erades boa para rei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B (= Tav 13:48)

Encontros vocálicos: 10 sér·vi͜’e

Notas


Texto
  • 6

    Nótese a variación no refrán desta estrofa con respecto á nasalidade vocálica coa forma boa (I-[II]) e bõa (III). Véxase nota a 233.5.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado