[last revised: 13/05/2022]Print

907 [= Tav 143,11]
Pero mia senhor nulha ren

Pero mia senhor nulha ren
non mi á de fazer senon mal,
nen eu dela non atend’al,
tan muito parec’ela ben
que o seu mui bon parecer
mi-a faz à força ben querer.
De punhar de lhi nunca [ja]
querer algũa vez mi praz,
e de tod’esto al xi mi faz,
pois [que] tan bon parecer á
que o seu mui [bon parecer
mi-a faz à força ben querer].
De ja sempr’esta dona amar
per min non se pode partir,
ca Deus, que m[e] quis destroir,
tan bon parecer lhi foi dar
que o seu [mui bon parecer
mi-a faz à força ben querer],
e faz-mi que non ei poder
que lho non aja de querer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 906, V 492

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 320-321 [= LPGP 898-899]); Arias Freixedo (2010: IX); Littera (2016: II, 442-443).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 180); Braga (1878: 94); Machado & Machado (1953: IV, 257-258).

Manuscript variants


6 à] o V   8 algũa] alguna B   9 mi] nuj B   14 min] q̅ V   15 que m[e]] quen B : quē V

Editorial variants


10 pois [que] tan bon parecer á] pois tan bon parecer [ela] á Nunes   14 per] por Nunes   20 lho] lhi Nunes, Littera

Paraphrase


(I) Aínda que a miña señora nada me ha de facer senón mal, nin eu dela espero outra cousa, é tanta a súa beleza que a súa fermosura á forza me fai querela.

(II) Algunha vez gústame tentar non querela nunca máis, mais o resultado é moi diferente ao desexado, pois é tal a súa beleza que a súa fermosura á forza me fai querela.

(III) Amar por sempre esta dona é algo que eu non podo deixar de facer, pois Deus, que me quixo destruír, deulle unha beleza tal, que a súa fermosura á forza me fai querela (1) e fai que eu non teña poder para deixar de querela.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:379) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 2 mi‿á; 6 mi͜-a; 9 esto‿al; 12 mi͜-a; 13 dona‿amar; 18 mi͜-a

Notes


Text
  • 7

    A falta de unha sílaba métrica e da palabra rimante, xunto co sentido da pasaxe, xustifican a reintegración do adverbio ja.

  • 8

    A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> en B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <poner> põer, <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 15

    Interpretamos a lección dos manuscritos (<quen> B, <quē> V) como unha lección defectuosa de que me, tal como acontece noutras pasaxes do corpus (véxanse outros casos en 56.25, 367.14).

  • 20

    A emenda de lho para lhi (Nunes, Littera) é desnecesaria, pois o pronome o refírese ao mui bon parecer da senhor.

Search
    No results