I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 102-103 [= LPGP 544]); Cohen (2003: 163); Littera (2016: I, 608-609).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 111); Braga (1878: 54); Machado & Machado (1952: III, 353).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 119); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 161).
2 e] om. B; por én] poreu B 3 lume] lnme B 12 mil] mal V; coraçon] coracon B 13 que lhi] q̅lhi q̅lhi BV
1 boa] bõa Cohen; mui fremosa, sanhuda] mui fremosa sanhuda Littera 4 perdud[o], e el mi [á] perduda] perdud’e el mi [á] perduda Nunes : perdud’e el[e] mi perdud’á Cohen : perdud’e el mi [há] perduda Littera 13 dé] dê Nunes, Littera
(I) Abofé, moi fermosa, que eu estou sañuda e triste e coitada por isto: polo meu amigo e meu lume e meu ben, a quen dou por perdido, e el perdeume a min porque se foi de aquí contra a miña vontade.
(II) El pensou que ao irse me causaría un gran pesar, porque non lle falei, pero ben sabe Deus que non ousei (falarlle): mais hoxe seríalle mellor a morte porque se foi de aquí contra a miña vontade.
(III) Tan cruelmente llo penso prohibir, até que rogue el ben mil veces a Deus que lle conceda o meu perdón ou a súa morte se eu non lle perdoar, porque se foi de aquí contra a miña vontade.
Esquema métrico: 10’a a0b 10b 10’a 10C (I-II [= RM 155:12]) + 10a 10b 10b10a 10C (III [= RM 155:7])
Encontros vocálicos: 4 mi‿[á]
A puntuación en Littera anula a consideración de mui fremosa como vocativo dirixido á confidente, e converte a amiga en mui fremosa sanhuda e trist’e coitada.
A estrofa I desta cantiga de Joan Soarez Coelho mostra certas reminiscencias coa primeira estrofa da cantiga 1220, de Pero d’Armea:
Sej’eu fremosa con mui gran pesar
e mui coitada no meu coraçon,
e choro muit’e faço gran razon,
par Deus, mia madre, de muito chorar
por meu amig’e meu lum’e meu ben,
que se foi d’aqui, ai madr’, e non ven.
A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).
A rima grave -uda descualifica a segmentación sanhud’á de Cohen, que tenta xustificar en nota editorial, nun verso que na edición de Nunes e Littera é hipométrico, pola inevitábel sinalefa mi‿[á].
Embora vedar (do lat. uetāre) sexa documentación única no corpus das cantigas profanas, era voz de uso corrente na lingua medieval (cfr. CGPA, s.v.).
Utilizziamo cookie di terze parti per scopi analitici in modo da poter tracciare le abitudini di navigazione (ad esempio i siti visitati). Si avvisa l’Utente che se accetta cookie di terze parti, dovrà escluderli dalle opzioni del browser o dal sistema offerto dalle terze parti.
Clicca per accettare o rifiutare i cookies: