1443 [= RM 88,11]
Pedr’Amigo duas sobervias faz

Pedr’Amigo duas sobervias faz
ao trobar e queixa-se muit’én
o trobar (aquesto sei eu mui ben),
ca diz que lhi faze de mal asaz,
con seus cantares vai-o escarnir;
ar diz que o leix’eu, que sei seguir
o trobar e todo quant’en el jaz.
E aquestas sobervias duas son
que Pedr’Amigo en trobar vai fazer:
ena ũa vai-o escarnecer
con seus cantares sempr’e en seu son,
ena outra vai de min de[s]loar;
desto se queixa mui mal o trobar,
ca ten comig[o] én toda razon.
Mais dizede: por que lho sofrerei
a Pedr’Amigo se me mal disser
de meus mesteres, poi-los ben fezer?
E demais o trobar de mia part’[e]i,
e el sen-conhocer per-ficará
do que me diz, [e] quen-quer veerá
que faço ben est’a que me filhei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


V 1033 (f. 167r, col. b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Tavani (1964: 140 [= LPGP 603]); Lapa (1970 [1965]: 408); Lopes (2002: 285); Littera (2016: II, 69).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 357); Braga (1878: 196); Machado & Machado (1960: VII, 134).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 169-170); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 156).

Variants manuscrites


3 trobar] trobaz V   10 escarnecer] escar naz’ V   12 de] he V   13 trobar] trobador V   17 fezer] faz̄ V   18 edemais otrobar demi ia party V   19 e el] sel V   20 veerá] ueēra V   21 faço] fazo V

Variants editorials


4 faze de mal asaz] faço de mal as[s]az Lapa : faz ende mal as[s]az Lopes, Littera   7 en el] en’el Littera   10 escarnecer] escarnazer Tavani   11 sempr’e] sempre Tavani, Lapa, Lopes, Littera   12 vai  [d]e min de[s]loar] vai a min de loor Lapa : vai em mim desloar Lopes : vai i mim desloar Littera   13 trobar] trobador Lapa   14 ca ten comig[o] én toda razon] ca ten comig[o] én tod’a razon Tavani : ca t[ẽ]en comigu’en toda razon Lapa : ca tem comigo em tod’a razom Lopes, Littera   18-20 E demais o trobar de mia part’[e]i, / e el sen-conhocer per-ficará / do que me diz, [e] quen-quer veerá] e demais o trobar de mi ja partirey? / S[e] el sem-conhocer perficará / do que me diz quenquer veerá Tavani : e o trobar de mi já partirei, / se el sen conhocer; per[o] ficará / no que me diz, [e] quen quer veerá Lapa : e o trobar de mi já partirei? / S’[é] el sem-conhocer, perficará / do que me diz; [e] quem quer veerá Lopes : e o trobar de mi já partirei? / S’el sem conhocer [é], per ficará / do que me diz; [e] quem quer veerá Littera   21 faço] fazo Tavani

Paràfrasi


(I) Pedr’Amigo comete dúas soberbias ao trobar e o trobar quéixase moito diso –isto seino eu moi ben–, pois di que lle fai mal abondo e o escarnece cos seus cantares; tamén di que o deixe eu, que sei seguir cantigas e coñezo a arte toda do trobar.
(II) E estas soberbias que Pedr’Amigo fai contra o trobar son dúas: na primeira vaino escarnecer cos seus cantares e a súa música, na outra vai falar mal de min; disto se queixa moito o trobar, que me dá toda a razón niso.
(III) Mais dicídeme: por que lle hei de aturar a Pedr’Amigo que vitupere os meus cantares se eu os fago ben? E, ademais, o trobar está da miña parte, e el ficará como ignorante polo que me di, e calquera verá que fago ben isto que comecei a facer.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:61)

Encontros vocálicos: 1 so·ber·vi͜as; 8 so·ber·vi͜as; 9 Amigoen

Notes


Text
  • 1

    Pedr’Amigo é o trobador Pedr’Amigo de Sevilha.

  • 4

    Todos os editores, sen excepción, emendan a lección manuscrita para estabelecer unha lectura diferente da secuencia manuscrita de V que achamos transparente: <faze de mal a saz>. Non é necesaria a reconversión da forma verbal faze por canto esta variante (minoritaria) se rexistra en e faze filhos e filhas assaz (1614.6). Ademais, existen outras formas verbais de presente con similar evolución, para alén dos pretéritos fize e feze a carón de fiz e fez (véxanse notas a 95.13 e 167.5): praze (< placĭt), en 338.r1; dize (< dīcĭt) en 730.1.
    Por outra parte, a convivencia de assaz ~ asaz nos textos galego-portugueses (no CGPA, a presenza de assaz supón o duplo de ocorrencias en face de asaz) suxire unha diferente asunción fonética do provenzalismo na lingua medieval. É por isto que respectamos a forma transmitida por V (véxase tamén 1119.26, 448.4 e 1585.3).

  • 12

    Desloar neste contexto é lectura factíbel, proposta por Tavani, tendo en conta, tamén, que desloar e desloador reaparecen na cantiga 1513, no parlamento de Lourenço en tenzón con Joan García de Guilhade. Fóra das cantigas, as dúas ocorrencias recollidas no Corpus Galego-Portugués Antigo mostran a variante deslouvar:

    Pero non deslouvamos monteiros que, des que os allaãos trouverem colares, de os tragerem nas treellas pellos começarem a ensinar a andar en ellas (Livro da Montaria, ed. A. de Almeida Calado).

    E por esto e outras razõões dereitas que a ello me inclinam, som muyto da ssua parte em louvar e prezar aquellas que boas som, contrariando aos que as prasmam em geeral e deslouvam (Leal Conselheiro, ed. J. Piel).

  • 13

    Nótese que o mesmo erro (trobador por trobar) tamén se rexistra en 485.15.

  • 15-21

    A articulación e edición da derradeira estrofa varía conforme os editores: articulación enunciativa / interrogativa, hipermetría no v. 18, resolución da hipometría nos vv. 19-20... En calquera caso, a nosa edición baséase na interpretación do verbo partir (v. 18) co significado de ‘explicar’, ben documentado no corpus (véxase UC/Glosario, s.v. partir1).

  • 18

    O texto transmitido por V (<edemais otrobar demi ia party>) presenta unha lección obviamente corrupta, especialmente na rima. Perante a situación, e diferentemente doutros editores, que supoñen a existencia de sílabas excedentes pola lectura de mí ja a partir de <demi ia>, preferimos interpretar esa secuencia como de mia, ao tempo que emendamos a secuencia rimante de modo que transparece a frecuente locución de mia parte (véxase CGPA, s.v.). Paleograficamente ten base, pois mantén no esencial <demi ia>, de modo que <i i> ben pode ser un erro por <h>; semanticamente tamén cadra moi ben: o trobar está da parte de Lourenço, ao tempo que se sente escarnecido por Pedr’Amigo. Esta opción editorial, por outra parte, evita calquera tipo de expunción de elementos no verso.

  • 19

    Perante a lección <sel> actuamos editorialmente considerando o erro <s>/<e>, que se rexistra nos cancioneiros italianos; neste sentido, véxase, en especial as leccións <E eu> B, <seu> V para e eu (1669.14), de similar factura que a detectada no inicio deste verso.
    Só achamos a formación nominal sen-conhocer na lírica profana (tamén 1036.7, 1237.11, 1442.7, 1672.14), onde é formación sinónima de ‘parvo, desasisado’, similar a outras formacións, como sen-razon, sen-saber ou sen-verdade (véxase UC/Glosario, s.v.). Porén, un uso próximo, sen lexicalización, pode verse na Crónica Geral Galega:

    Et tu me semellas a dona sem piedade et sem boo conocer, et tees grã poder de fazer bẽ et mal (cfr. CGPA, ed. R. Lorenzo).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat