(I) Pedr’Amigo comete dúas soberbias ao trobar e o trobar quéixase moito diso –isto seino eu moi ben–, pois di que lle fai mal abondo e o escarnece cos seus cantares; tamén di que o deixe eu, que sei seguir cantigas e coñezo a arte toda do trobar.
(II) E estas soberbias que Pedr’Amigo fai contra o trobar son dúas: na primeira vaino escarnecer cos seus cantares e a súa música, na outra vai falar mal de min; disto se queixa moito o trobar, que me dá toda a razón niso.
(III) Mais dicídeme: por que lle hei de aturar a Pedr’Amigo que vitupere os meus cantares se eu os fago ben? E, ademais, o trobar está da miña parte, e el ficará como ignorante polo que me di, e calquera verá que fago ben isto que comecei a facer.