I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 713-714 [= LPGP 942-943]); Littera (2016: II, 523).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 26); Machado & Machado (1949: I, 104-105); Rios Milhám (2017: I, 52).
3 vós] uꝯ B 11 quite] qⁱce B 13 meted’o] mecedo B 14 vos] uos B 18 se morte no[n]] semorce no B 19 preguntar-vos-ei] ꝑʼgūcaruꝯ ei B 25 bõa] bona B
6 eu est’en] eu esta Michaëlis : est’em Littera 7 poer] põer Michaëlis 10-11 que m’eu por én [non] possa creer / sempre voss’omen’ e al non Michaëlis : que m’eu por en possa creer / sempre voss’homem quite, nom Littera 12 guisa ei] guis(a) ei Michaëlis : guis’ei Littera 14 vos] vos vos Michaëlis 15 vos] vos Michaëlis 19 vos] vus Michaëlis 20 vos] vus Michaëlis 22 vos] vus Michaëlis 26 por ... vos] per ... vus Michaëlis : per ... vos Littera 27 vos] vus Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8a 8c 8b (= Tav 184:2)
Encontros vocálicos: 12 poi-lo‿eu
Obsérvese a repetición da conxunción completiva ca (noutras ocasión é que) tras unha frase parentética, como medio de recoller de novo o discurso: Par Deus, senhor, ja eu ben sei / ca, entanto com’eu viver, / ca nunca de vós ei d’aver, / mal pecado, se coita non. Véxase nota a 53.17-18.
O texto de Michaëlis (que m’eu por én [non] possa creer / sempre voss’omen’ e al non) practica unha emenda no v. 10 que acrecenta o adverbio non e, deste xeito, altera a medida octosilábica do verso, para alén de ser desnecesaria do punto de vista semántico; resulta, así mesmo, incomprensíbel a interpretación da mesma editora no v. 11, cunha nova e desnecesaria emenda da lección manuscrita. Por súa parte, o texto de Littera, sendo máis fiel ao manuscrito, presenta unha artificiosa e forzada interpretación para o v. 11.
Son razóns rítmicas as que aconsellan a sinalefa poi-lo‿eu en vez de guisa‿ei.
Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 244.5, 246.6, 268.8, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e pé): E en pe / sse levou e diss’: «Aque / m’estou tod’aprestidado / De log’ir» (CSM 135.109); E diz un a outr’: «Aque o / angeo que ven do ceo, / que alça aquele veo / e faz no aire parar» (CSM 405.36).
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.