1249 [= RM 64,19]
Ora veerei, amiga, que fara

Ora veerei, amiga, que fara
o meu amigo, que non quis creer
o que lh’eu dix’e soube-me perder,
ca de tal guisa me guardan del ja
que non ei eu poder de fazer ren
por el, mais esto buscou el mui ben.
El quis comprir sempre seu coraçon
e soub’assi sa fazenda trager
que tod’ome nos podia ‘ntender,
e por aquest’as guardas tantas son
que non ei [eu] poder [de fazer ren
por el, mais esto buscou el mui ben].
E, pero lh’eu ja queira des aqui
o maior ben que lhi possa querer,
pois non poder, non lhi farei prazer,
e digo-vos que me guardan assi
que [non ei eu poder de fazer ren
por el, mais esto buscou el mui ben].
E vedes vós: assi contec’a quen
non sab’andar en tal preito con sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 1233, V 838

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 404-405); Zilli (1977: 133-134 [= LPGP 419]); Cohen (2003: 468); Littera (2016: I, 485).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 288-289); Braga (1878: 158); Machado & Machado (1956: V, 345-347).

Variantes manuscrites


1 que fara] O que fara B   5 eu] en V   7 coraçon] corazon V   9 nos] nos BV   13 queira] q̅ir(i)a B : q̅rra V   19 contec’a] cōteza V   20 sén] seu V

Variantes éditoriales


10 por aquest’as guardas] pois aquestas guardas Nunes : por aquestas guardas Zilli   16 vos] vus Zilli

Paraphrase


(I) Agora verei, amiga, que fará o meu amigo, que non quixo crer o que eu lle dixen e sóubome perder, pois de tal maneira me gardan xa del que non teño eu poder de facer cousa ningunha por el, mais isto é o que el buscou moi ben.

(II) El quixo cumprir sempre os seus desexos e soubo traer os seus asuntos de modo que calquera llos podía entender, e por isto as gardas son tantas que non teño eu poder de facer cousa ningunha por el, mais isto é o que el buscou moi ben.

(III) E aínda que eu lle queira desde aquí o maior ben que lle poida querer, xa que non podo, non lle farei pracer, e dígovos que me gardan de modo que non teño eu poder de facer cousa ningunha por el, mais isto é o que el buscou moi ben.

(1) E vede vós: así acontece a quen non sabe gobernarse en tales asuntos con sentido.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:107) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 1 ve͜e·rei

Notes


Texte
  • 1

    A lección ofrecida por B tamén sería aceptábel métrica e lingüisticamente (a través dunha sinalefa amiga,‿o):

             Ora veerei, amiga, o que fara

             o meu amigo, que non quis creer

             o que lh’eu dix’e soube-me perder, / ...

  • 9

    O verbo entender presenta elisión da vogal inicial e- (cfr. tamén en dela ‘ntendi, 1092.9), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a. Así: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11); endurar: coita ’ndurar (155.r2, 195.15 e 18); ensandecer: querria ’nsandecer (182.7), a ’nsandecer (182.16), ela ’nsandeci (389.5); entender: ela ’ntendi (1092.9), podia ’ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ’ndar (700.r2) e mais en ela ’nton (1400.5), para alén de noutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 10

    Cohen estabeleceu, con xusteza, a segmentación aquest’as (e por aquest’as guardas tantas son), en face dos anteriores editores, pois non ten sentido o verso sen considerar a suma de demostrativo + artigo.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé