[last revised: 03/08/2021]Print

653 [= Tav 115,8]
O meu amigo que mi dizia

O meu amigo que mi dizia
que nunca máis migo viveria,
par Deus, donas, aqui é ja!
Que muito m’el avia jurado
que me non visse, mais, a Deus grado,
par Deus, do[nas, aqui é ja!]
O que jurava que me non visse,
por non seer todo quant’el disse,
par Deus, donas, aqui [é ja!]
Melhor o fezo, ca o non disse:
par Deus, [donas, aqui é ja!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 

Manuscripts


B 638, V 239

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 68-69); Vallín (1995: 247 [= LPGP 731]); Cohen (2003: 123); Littera (2016: II, 238-239).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 92); Braga (1878: 48); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 435); Machado & Machado (1952: III, 298).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 75-76); Nunes (1959: 273-274); Oliveira & Machado (1959: 83-84); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 89); Landeira Yrago (1975: 68); Torres (1977: 506); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 187); Diogo (1998: 43); Vallín (1999: 97); Magalhães (2007: 90).

Manuscript variants


7 jurava] uiraua V

Editorial variants


10 Melhor o fezo, ca o non disse] Melhor o fezo ca o nom disse Littera

Paraphrase


(I) O meu amigo, que me dicía que nunca máis viviría comigo, por Deus, donas, xa está aquí!

(II) Canto me xurou el que non me vería, mais, grazas a Deus, por Deus, donas, xa está aquí!

(III) O que xuraba que non me vería máis, por non se cumprir todo canto el dixo, por Deus, donas, xa está aquí!

(1) Mellor o fixo, pois non o dixo: por Deus, donas, xa está aquí!

Metrics


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 8B + 9’a 8b (= Tav 26:93)

Notes


Text
  • 4-6

    Existen dúas posibilidades interpretativas para esta cobra: optamos por manter o paralelismo construtivo e, en consecuencia, considerar o Que inicial da estrofa como un pronome relativo que, seguido de muito, achega un ton intensificador-exclamativo a esta cobra e o fai equivalente ao relativo quanto.

    Contrariamente, en Cohen a puntuación indica como o relativo inicial sería unha conxunción concesiva, e mais un adverbio de cantidade:

              Que muito m’ el avia jurado

              que me non visse mais, “a Deus grado”,

               par Deus, do<nas, aqui é ja>

  • 7

    A forma verbal visse mostra a utilización de pretérito de subxuntivo con valor de pospretérito. No corpus das cantigas profanas, existen casos similares: ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7); Ca preit'avia comigo, / ... / ..., que se veese / o mais cedo que podesse (711.r1); Vistes vós, amiga, meu amigo, / que jurava que sempre fezesse / todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2); ca mi jurou que se non partisse / d’aqui, e foi-se sen meu mandado (790.9); mais sei que, des i, / tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.1); Assanhou-s’o meu amigo / a mí porque non guisei / como falasse comigo (1123.3). De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana: Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 225); tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso: E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).

  • 10

    A ausencia da vírgula no texto de Vallín, Cohen e Littera implicaría unha estrutura comparativa melhor ... ca que non encaixa sintacticamente no contexto pola presenza da negación.

  • 10-11

    Obsérvese a presenza do dístico final, que recolle o refrán, dun modo similar ao que acontece na cantiga nº 654, tamén de Paai Soarez de Taveiroos, onde existe un dístico inicial.

Search
    No results