185 [= Tav 125,28]
Nostro Senhor, e por que mi fezestes

Nostro Senhor, e por que mi fezestes
nacer no mundo, pois me padecer
muitas coitas e mui graves fezestes,
Deus, quando me fezestes ir veer
ũa dona mui fremosa que vi,
por que moiro, ca nunca dona vi
con tanto ben quanto lhi Vós fezestes?
Per bõa fe, ca melho-la fezestes,
e mui melhor falar e parecer
de quantas outras no mundo fezestes,
e en doair’e en mui máis valer;
e, Nostro Senhor, máis vos én direi:
punh’en dizer, ca ja nunca direi
tanto de ben quanto lhi Vós fezestes!
Ca de melhor conhoce-la fezestes,
máis mansa e máis mesurada seer
de quantas outras no mundo fezestes,
sobre todas lhi destes tal poder:
non vos poss’eu contar todo seu ben,
non vos poss’eu dize-lo mui gran ben
que lhe Vós, meu Senhor, fazer fezestes.
Dou o gran mal que Vós a min fezestes,
pois mi-a fezestes tan gran ben querer,
non tanto ben quanto lhi Vós fezestes;
nen o meu mal non o posso dizer,
nen como moiro non o direi ja,
nen ar direi a dona nunca ja
por que moiro, que mi veer fezestes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 199

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 796-797); Blasco (1984: 125-126 [= LPGP 825-826]); Marcenaro (2012b: 202); Littera (2016: II, 349).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 85); Machado & Machado (1949: I, 324-325); Fernández Pousa (1953: 13); Rios Milhám (2018a: II, 185).

Variantes manuscritas


8 Per] Ꝑer B   18 todas lhi] rodas lhr B   21 Vós] u B

Variantes editoriales


4 Deus, quando] des quando Michaëlis, Littera   5 ũa] ua Littera   9 e mui melhor falar e parecer] falar, e muito melhor parecer Michaëlis   11 doair’] dõair’ Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis, Blasco   13 ca] mais Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis, Blasco   20 non] nen Michaëlis; vos] vus Michaëlis, Blasco   22 Dou] Nen Michaëlis   24 non] nen Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= Tav 100:35)

Encontros vocálicos: 16 mansa‿e; 23 mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    Nesta cantiga, repárese no recurso por duplicado ao dobre en posición de rima: fezestes (nos vv. 1, 3, 7 de todas as estrofas) e con variación da palabra: vi, direi, ben, ja (nos vv. 5-6 das catro estrofas).

  • 4

    A única interpretación posíbel de <deꝯ> é Deus, sen necesidade de considerar a existencia dun erro, tal como acontece en Michaëlis e Littera.

  • 8

    Sendo posíbel a asimilación do pronome (e do artigo) de P3 en función de CD ao vocábulo anterior cando este acaba en -r ou en -s (nomeadamente formas verbais e algúns pronomes e preposicións), é inusual a asimilación co adxectivo melhor (tamén en 202.10) e con conhocer, en función substantiva (v. 15). Véxase nota a 25.16.

  • 9

    A versión deste verso en Michaëlis é unha refacción sen apoio textual, coa emenda inxustificada dun texto que non presenta problemas sintácticos nin semánticos. Na mesma liña intervencionista se deben situar as emendas michaëlianas aos vv. 13, 22 e 24.

  • 13

    Carolina Michaëlis afástase da lección manuscrita, substituíndo a conxunción causal ca pola adversativa mais.

  • 13-14

    Enténdase: ‘esfórzome en falar todo o que podo porque nunca serei capaz de expresar todo o ben que Vós lle concedestes’.

  • 22

    Novamente Michaëlis modifica o texto, mudando a forma verbal dou, que neste contexto debe ser entendida como ‘devolvo, entrego’.

Buscar
    Sin resultados