I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 796-797); Blasco (1984: 125-126 [= LPGP 825-826]); Marcenaro (2012b: 202); Littera (2016: II, 349).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 85); Machado & Machado (1949: I, 324-325); Fernández Pousa (1953: 13); Rios Milhám (2018a: II, 185).
8 Per] Ꝑer B 18 todas lhi] rodas lhr B 21 Vós] uꝯ B 22 nen o] Douo B 24 nen] nō B
4 Deus, quando] des quando Michaëlis, Littera 5 ũa] ua Littera 9 e mui melhor falar e parecer] falar, e muito melhor parecer Michaëlis 11 doair’] dõair’ Michaëlis 12 vos] vus Michaëlis, Blasco 13 ca] mais Michaëlis 19 vos] vus Michaëlis, Blasco 20 non] nen Michaëlis, Marcenaro; vos] vus Michaëlis, Blasco 22 nen] Dou Blasco, Littera 24 nen] non Blasco : nom Littera
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= Tav 100:35)
Encontros vocálicos: 16 mansa‿e; 23 mi-‿a
Por máis que en ningunha das edicións precedentes a cantiga sexa editada como ateúda (só parcialmente en Marcenaro: I-II, III-IV), nin foi considerada como tal por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), o desenvolvemento da composición aconsella considerar que estamos perante unha cantiga con ligazón sintáctico-conceptual das catro estrofas, tal como propón Rios Milhám (isto leva consigo, outrosí, a emenda da estraña fórmula inicial do v. 22; véxase nota). Cfr. nota UC 15.
Nesta cantiga, outrosí, repárese no recurso por duplicado ao dobre en posición de rima: fezestes (nos vv. 1, 3, 7 de todas as estrofas) e con variación da palabra: vi, direi, ben, ja (nos vv. 5-6 das catro estrofas).
A única interpretación posíbel de <deꝯ> é Deus, sen necesidade de considerar a existencia dun erro, tal como acontece en Michaëlis e Littera.
Sendo posíbel a asimilación do pronome (e do artigo) de P3 en función de CD ao vocábulo anterior cando este acaba en -r ou en -s (nomeadamente formas verbais e algúns pronomes e preposicións), é inusual a asimilación co adxectivo melhor (tamén en 202.10) e con conhocer, en función substantiva (v. 15). Véxase nota a 25.16.
A versión deste verso en Michaëlis é unha refacción sen apoio textual, coa emenda inxustificada dun texto que non presenta problemas sintácticos nin semánticos. Na mesma liña intervencionista se deben situar as emendas michaëlianas aos vv. 13, 22 e 24.
Carolina Michaëlis afástase da lección manuscrita, substituíndo a conxunción causal ca pola adversativa mais.
Enténdase: ‘esfórzome en falar todo o que podo porque nunca serei capaz de expresar todo o ben que Vós lle concedestes’.
A raridade dunha expresión Dou o gran mal que Vos a min fezestes, que, ademais, rompería a secuencia daquilo que o protagonista di que non é quen de expresar con palabras, ao tempo que impediría culminar a ligazón sintáctica de todas as estrofas, aconsella unha emenda do texto de B, tal como Michaëlis realizou xa na súa edición. Neste sentido, xulgamos que <Douo> constitúe un erro por <Neno> a partir das banais confusións <u>/<n> e <e>/<o>, xunto con <N>/<D>~<n>/<d>, erro que se rexistra noutras pasaxes de B (e V): Na <[N]a> A, <Da> B (404.7); nen <den> BV (490.17) etc. E tamén existe o erro inverso (<d>/<n>); véxase, por exemplo, d’amor <Namor> B, <damor> V (1167.3 e 8).
A secuencia negativa no período iniciado no v. 19 solicita a emenda de non en prol de nen neste verso (en liña coa emenda do v. 22), formas que con alta frecuencia aparecen trocadas nos manuscritos, e nomeadamente en B, coa banal confusión <o>/<e>.