[last revised: 29/08/2018]Print

201 [= Tav 125,26]
Non me poss’eu, mia sennor, defender

Non me poss’eu, mia sennor, defender
que me non mate cedo vosso amor
se m’eu de vós partir, ai mia sennor,
pois mi aqui ven ante vós cometer,
ca, pois mi Amor ante vós quer matar,
matar-xe-mi-á se me sen vós achar.
E, mia sennor, al vos quero dizer
de que sejades ende sabedor:
non provarei eu mentre vivo for
de lle fogir, ca non ei én poder,
ca, pois mi Amor ante vós quer matar,
[matar-xe-mi-á se me sen vós achar].
Pois mi ante vós en tan gran coita ten
e me tolleu, mia sennor, o dormir,
non quer’eu ja provar de me partir
d’u fordes vós, ca faria mal sén,
ca, pois mi Amor ante vós quer matar,
[matar-xe-mi-á se me sen vós achar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


A 108, B 217

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 223); Blasco (1984: 195 [= LPGP 824-825]); Marcenaro (2012b: 293); Littera (2016: II, 361).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 93-94); Carter (2007 [1941]: 66-67); Machado & Machado (1949: I, 355-356); Fernández Pousa (1953: 24-25); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 201).

Manuscript variants


2 vosso amor] uossamor B   4 mi aqui] ma quj B   6 matar-xe-mi-á] matarxema B   9 mentre] mentreu A   10 lle] lhi B; non ei én] nō ei endo B   14 me] mj B   16 sén] om. B   17 mi Amor ante] mia ante A

Editorial variants


2 cedo] ced’o Michaëlis   7 vos] vus Michaëlis, Blasco   9 mentre] mentr’eu Blasco, Michaëlis, Littera   11 vós] vos Marcenaro   13 vós] vos Marcenaro   14 tolleu] toll’ eu Marcenaro   17 vós] vos Marcenaro

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:207)

Encontros vocálicos: 2 vosso‿amor; 4 mi‿aqui; 5 mi‿Amor; 6 -mi-‿á; 11 mi‿Amor; 12 -mi-‿á; 13 mi‿ante; 17  mi‿Amor; 18 -mi-‿á

Notes


Text
  • 2

    Sendo amplamente maioritaria a ausencia de artigo nas construcións con posesivo (ca. 65.5% vs. 35.5%), non é necesaria a segmentación do determinante realizada por Michaëlis.

  • 9

    A lección de B evita criteriosamente a repetición de eu no verso, que, non obstante, aparece en Michaëlis e Blasco por seguiren literal e mecanicamente o hipométrico texto de A.

  • 10

    Neste verso, o texto de B faria un verso hipermétrico, por introducir o artigo con poder (ca non ei end’o poder).

  • 14

    A segmentación de eu que Marcenaro realizou en toll’eu resulta certamente estraña, pois implica que é o propio trobador o que se quita o sono.

Search
    No results