1033 [= Tav 63,41]
Non ei eu poder d’o meu amigo

Non ei eu poder d’o meu amigo
partir, amigas, de mi querer ben,
e, pero m’eu queixo, prol non mi ten;
e, quando lh’eu rogo muit’e digo
que se parta de mí tal ben querer,
tanto mi val come non lho dizer.
Se mi quer falar, digo-lh’eu logo
que mi non fale, ca mi ven gran mal
de sa fala, mais mui pouco mi val;
e, quando lh’eu digo muit’e rogo
que se parta de min tal ben querer,
[tanto mi val come non lho dizer].
Sempre mi pesa con sa companha
porque ei medo de mi crecer prez
con el com’outra vegada ja fez;
e, pero lhi dig’en mui gran sanha
que se parta [de min tal ben querer,
tanto mi val come non lho dizer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1029, V 619

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 278-279); Rodríguez (1980: 217 [= LPGP 391]); Cohen (2003: 562); Littera (2016: I, 455).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 220); Braga (1878: 118-119); Machado & Machado (1956: V, 24-25); Fernández Pousa (1959: 252).

Variantes manuscritas


1 Non] Nen V   7 falar] falhar V   8 fale] sule B; ca] co V; ven] nō BV   13 pesa] pesā  B; companha] apanha V   14 crecer] crezer V   15 vegada] negada BV

Variantes editoriales


1 d’o] do Nunes, Littera   9 mui] om. Rodríguez   11 min] mi Nunes, Rodríguez, Cohen, Littera   17 min] mi Nunes, Rodríguez, Cohen, Littera

Paráfrasis


(I) Eu non teño poder, amigas, para que o meu amigo deixe de amarme e, aínda que me queixo, non me vale de nada; e cando lle eu rogo moito e lle digo que deixe de amarme así, de tanto me vale como non llo dicir.
(II) Se me quere falar, dígolle eu logo que me non fale, porque a súa fala me causa un gran mal, mais de moi pouco me vale; e cando lle eu digo e rogo moito que deixe de amarme así, de tanto me vale como non llo dicir.
(III) Sempre me causa pesar coa súa compaña porque teño medo de adquirir fama (de andar) con el como xa fixo outra vez; e aínda que lle digo moi enfadada que deixe de amarme así, de tanto me vale como non llo dicir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (= Tav 160:291)

Notas


Texto
  • 1

    Non parece axeitada a representación gráfica do que Nunes e Littera fixan para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos («Non ei eu poder de partir, amigas, o meu amigo de mi querer ben»), que aconsella unha grafía d’o.

  • 5

    Nótese a variación do refrán con respecto á forma pronominal mí/min: I  vs. II-III min (cfr. nota a 27.4). Esta forma pronominal tónica (carácter indicado no v. 11) cumpre función de complemento indirecto sen preposición; contrariamente, todos os editores interpretan a forma mi do v. 5 como átona e esténdena ás seguintes ocorrencias do refrán.

  • 7

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 8

    A lección <nō> de BV ten unha explicación paleográfica que asenta na confusión <o>/<e> e <n>/<u>: uen → uon → non ~ nõ.

Buscar
    Sin resultados