[last revised: 24/04/2023]Print

921 [= Tav 128,2]
Meu amigo quando s’ia

Meu amigo quando s’ia,
preguntei-o se verria;
disse-m’el: «Verrei mui cedo».
De tardar máis ca suia,
madr’, ei én ben mui gran medo.
 
 
 
 
5

Manuscripts


B 919, V 506

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 238 [= LPGP 856]); Cohen (2003: 322); Calderón Calderón (1996: 335); Littera (2016: II, 395).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 184); Braga (1878: 96); Machado & Machado (1953: IV, 277).

Manuscript variants


2 se verria] Seueria B : senema V   3 Verrei] querey B : querrey V; cedo] redo B : pedo V   5 madrey einen mey grā medo(*) V

Editorial variants


4 suia] soia Nunes   5 ei én ben mui] ei eu ben muy Calderón Calderón : ei end’ eu mui Cohen : hei eu bem mui Littera

Paraphrase


(I) Ao meu amigo, cando se ía, pregunteille se viría; (e) el díxome: «Virei axiña». (E) de que tarde máis do que adoitaba, madre, teño moito medo.

Metrics


Esquema métrico: 7’a 7’a 7’b 7’a 7’b (= Tav 33:18)

Encontros vocálicos: 4 su·i·a

Notes


Text
  • 3

    Como os demais editores precedentes, corriximos a lección dos apógrafos italianos querey B : querrey V en verrei, atendendo ás esixencias semánticas da cantiga. O erro, que se remonta ao antecedente de BV, pode deberse a unha trivialización do copista (lectio facilior).

  • 4

    A variante suia (< soia) semella apuntar ao carácter bisilábico de soía nalgúns contextos trobadorescos (20.11, 58.12, 1197.29), e acha correspondencia na súa frecuente ocorrencia en textos prosísticos (desde textos tabeliónicos galegos até a Crónica Geral d’Espanha de 1344 ou as crónicas de Fernão Lopes), con grafías diversas: suia, suya, suhya... (véxase CGPA, s.v.).

  • 5

    Acollemos o texto subministrado pola copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, que presenta un superlativo reforzado con ben, construción que se pode documentar tamén en 1237.6 (outrossi ben mui rafece molher).

Search
    No results