I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 404-405 [= LPGP 637]); Littera (2016: II, 115).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 229); Braga (1878: 124); Machado & Machado (1956: V, 63-64).
4 tod’esto] to\de/sto V 5 leixasse] leixass B 6 morrer] moirer B 7 deu] da BV 14 coraçon] coracon B 16 de] om. V
5 leixasse a] leixass(e) a Nunes : leixass’a Littera 8 que [eu] en grave dia] que en [mui] grave dia Nunes, Littera 11 leixasse a] leixass(e) a Nunes : leixass’a Littera 13 [E] leixar-m’-ia de cuidado] Leixar-m’-ia d’e[ste] cuydado Nunes, Littera 17 leixasse a que] leixass(e) a qui Nunes : leixass’a que Littera 20 leixa en] leix(a) en Nunes : leix’em Littera
(I) Quería eu xa deixar de cavilar e de andar triste e de perder o sono e de servir a Amor, a quen sempre servín; de todo isto me quería eu libertar se me deixase a que me fai ter estas coitas, de que hei morrer.
(II) E libertaríame da coita que me deu Amor, que eu vin en nefasto día, e do pesar que sempre sufro e sufrín; de todo isto me libertaría eu se me deixase a que me fai ter estas coitas, de que hei morrer.
(III) E libertaríame da miña cavilación e da gran coita do meu corazón e de servir a Amor; con gran razón me libertaría eu de todo esto se me deixase a que me fai ter estas coitas, de que hei morrer.
(1) E ela deixa de me facer ben, mais non me deixa vivir nos seus pensamentos.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160: 174) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 5 leixase‿a; 11 leixase‿a; 17 leixase‿a; 20 leixa‿en
Nótese a distribuión simétrica de leixar nos vv. 1 e 4 de cada estrofa, así como nos dous versos da fiinda.
Neste verso hai que sobreentender leixar: «e (leixar) de servir Amor, que sempre servi».
O erro da lección <da> como palabra rimante debe ser emendado para deu, pola rima con eu (v. 9).
De novo o texto subministra indicios para emendar os erros dos códices: no v. 7, a forma verbal leixar-m’-ia é solicitada pola aparición do verbo leixar, sempre pronominal, ao longo da cantiga: m’eu queria leixar (v. 4), me leixaria eu (v. 10), leixar-m’-ia (v. 13), me leixaria eu (v. 17).
Por outra banda, no v. 8, a ausencia dunha sílaba é doadamente subsanábel co pronome eu, presente ao longo da cantiga (vv. 1, 4, 10, 16) e probabelmente omitido no proceso de copia por contiguidade (cfr. <eu en>); neste sentido, esta recuperación pronominal parece menos intrusiva e máis lóxica do que a recuperación dun adverbio mui (Nunes, Littera), para alén do feito de non existir no corpus o sintagma (en) mui grave dia.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal (cfr. a solución de Nunes e de Littera, máis interventiva co demostrativo este). Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.