940 [= Tav 150,3]
Amiga, do meu amigo

Amiga, do meu amigo
[o]i eu oje recado:
que é viv’e namorado
d’outra dona, ben vos digo;
mais jur’a Deus que quisera
oir ante que mort’era.
Eu era maravilhada
porque tan muito tardava,
pero sempr’esto cuidava,
se eu del seja vingada;
mais jur’a Deus que quisera
[oir ante que mort’era].
Mui coitada per-vevia,
mais ora non sei que seja
de min, pois outra deseja
e leixou min, que servia;
mais jur’a Deus que quisera
[oir ante que mort’era],
e a el mui melhor era,
e a min máis mi proug[u]era.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 937, V 525

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 250-251 [= LPGP 934]); Cohen (2003: 337); Pousada Cruz (2015: 183-184); Littera (2016: II, 497-498).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 190); Braga (1878: 100); Machado & Machado (1953: IV, 304).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 57); Piccolo (1951: 179-180); Nunes (1959: 290); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 231); Arias Freixedo (2003: 848-849).

Variantes manuscritas


12 seja] sia B   19 e a el] E nel B

Paráfrase


(I) Amiga, escoitei hoxe novas do meu amigo: que está vivo e namorado doutra, ben volo digo; mais xuro a Deus que antes quixera oír que morrera.
(II) E estaba eu marabillada porque tardaba tanto, e sempre pensaba nisto, así eu me vingue del; mais xuro a Deus que antes quixera oír que morrera.
(III) Vivía moi coitada, mais agora non sei que será de min, pois desexa a outra e deixoume a min, a quen servía; mais xuro a Deus que antes quixera oír que morrera, (1) e a el mellor lle fora e a min máis me prouguera.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:463) + 7’c 7’c

Notas


Texto
  • 10

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 703.1, 720.1, 733.15, 845.11, 1042.16, 1140.10, 1284.18). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 13

    A forma verbal vevia (con disimilación similar á sofrida por dezia, véxase nota a 1.12) só volve aparecer noutra ocasión: quand’alegria / vevia / no mund’... (888.50); porén, cfr. vevi en 902.5 e 6, 960.18, 966.5 e 1060.6. Na realidade, vevia é forma extremadamente rara fronte á xeral vivia, tal como corresponde ao infinitivo viver. Só achamos un minúsculo número de atestacións da forma disimilada: Et [en] esa terra, en poder dos mouros, auia hũu moesteyro de mõges, que dizi[ã] Boriano, et ueui[ã] per lauor de [suas] mãos, et teni[ã] muyto pam [d']orio et trijgo et millo et muytas legumyas (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España); Et o dito Johan Nunnes respondendo ao do dito testemoyo diso que obedeçia a dita carta do dito sennor rey commo a carta do seu rey et de seu sennor et que el que uevia con o conde don Pedro (doc. de 1381); Et logo o dito Gomes Rodrigues diso que por quanto o dito Johán d'Ayra e seus conpañeiros veuían en terra de Çerreda, que era en terra do señor conde Lemos (doc. de 1457); et seredes todos basalos seruentes et obedientes ao dito moesteiro, et non veuiredes con outro señor (doc. de 1458); por quanto o que fesera fora por mandado do dito señor obispo, con que veuía e cuio criado era, a quen auía de obedesçer, e que o pedía por testemuyo (doc. de 1467); Ho quoal elrey Chytarao, despois que reynou, foy llamçado sempre aos viços e tiranyas, semdo homem de muy pouca verdade, de que ho povo e capitaẽes, de sua maa vyda e ymclinação, vevião muy descontentes, por que não fazia mais que ho que querião dous cunhados seus, homẽes muy malquystos, e muyto gramdes judeus (Chronica dos Reis de Bisnaga).

  • 14

    Neste verso aparece novamente o pronome persoal tónico, oblicuo, min como CD sen preposición, tal como se percibe con frecuencia na lingua trobadoresca (e especialmente co verbo leixar). 

Buscar
    Non se atopou ningún resultado