I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 289-290); Tavani (1993 [1963]: 116 [= LPGP 125]); Littera (2016: I, 128-129).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 170); Braga (1878: 87); Machado & Machado (1953: IV, 210-211); Fernández Pousa (1954: 28).
1 coraçon] coracō B 8 qw B 9 ela] ola B 10 morreredes] morredes V 11 ca] ea V 12 pode] podē V
1 coraçon] [ai] coraçon Nunes; [mui]] om. Nunes, Tavani, Littera 8 Ava] ora Nunes, Tavani, Littera
(I) Por Deus, corazón, moi mal me matades e non facedes cousa de proveito para vós nin para min e, se así for, pouco viviredes; e a señora por quen me así matades pensa outra cousa e non no que vós pensades: en mal día os meus ollos foron catar a fermosura pola que me matades!
(II) Eis que eu morro, con quen ficades vós? Con ela non ficaredes e, se eu morro, morreredes, porque vós noite e día ficades comigo; mais o voso pensamento pode chegar a onde está a dona que non quere dar cousa por min, pois sempre ficades comigo.
Esquema métrico: 2 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:189)
Encontros vocálicos: 4 mi‿assi
Aínda que é frecuente o desdobramento do eu poético, de xeito que o propio corazón e os ollos do namorado actúen como entes independentes e, polo xeral, en prexuízo deste, a presente cantiga chama a atención porque a voz poética se dirixe ao corazón como interlocutor en ton invocativo e con intención persuasiva, concedéndolle un estatuto protagónico.
Nótese, por outra banda, a repetición da palabra rimante en cada estrofa, nos vv. 1, 4 e 7 (I matades; II ficades).
Perante a evidente hipometría deste verso, en que falta unha sílaba, e que Tavani xustifica por razóns rítmicas (e así se mantén en Littera), Nunes propón a reintegración dunha exclamación no vocativo ([ai] coraçon), embora non se rexistre ese sintagma no corpus das cantigas (cfr. [ai] lume destes meus en 926.26).
Canto á nosa proposta, baseáse, por unha banda, na presenza da intensificación con mui de matar mal nun íncipit de Fernan Rodriguez de Calheiros (Par Deus, senhor, mui mal me per-matou, 31.1); por outra banda, mui é un elemento que con certa frecuencia é esquecido no proceso de copia, como mostran algunhas pasaxes en que os testemuños son diverxentes (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3). Cfr., ademais, outros contextos similares: ca vos quero mui melhor d’outra ren (194.4); polo meu ben / me quis e quer mui melhor d’outra ren (1154.3).
A lección unánime dos manuscritos transmite unha forma <aua>, que deberemos interpretar como ava; isto é, un adverbio presentativo (‘eis, velaí’), con valor interxectivo, de moi rara aparición nos textos medievais, onde só localizamos dúas ocorrencias na Geral Estoria (véxase CGPA, ed. Martínez López):
Et diso [estonçes] Cayn anoso señor Deus: “Aua queme tu deytas da façe da terra et da tua, et eu asconder me ey ante ty, et andarey errado et fugido [perla] terra, et Pareyso aque chamarõ despoys Edom, pero nõ morarõ aly, mays ficarõ em outra terra açerca dy aque diserom despoys por nome Nod [...]”»; «Despoys que Deus catou aquela obra diso: “Aua que este he hũ pouoo, et hũa he alyngagéé de todos; et começarõ esto afazer et bem creo quese nõ partyrã de seus pensamẽtos máos ata queos cõplam por obra [...]”.
As restantes ocorrencias medievais deste adverbio achegan outras variantes (euade, evades, ávache, ava-cha; véxase Lorenzo 1977: II, s.v. euade), todas elas procedentes do lat. habeatis, polo valor imperativo. Canto a ava, talvez existiu cruzamento con (h)ave, forma de imperativo de (h)aver que goza dunha relativa presenza nos textos medievais. Véxase tamén Corominas & Pascual 1980-1991, s.v. haber.
En calquera caso, todas as edicións precedentes (Nunes, Tavani, Littera) interpretaron a existencia dun erro de copia por ora.
A articulación discursiva do parágrafo, coa formulación interrogativa, é formulada diferentemente nas edicións precedentes. Eis a versión xeral, tamén posíbel, estabelecida a partir de Nunes:
Ora que eu moiro con quem ficades?
Vós con ela par Deus non ficaredes / ...