844 [= Tav 55,1]
Filha, do voss’amigo m’é gran ben

– Filha, do voss’amigo m’é gran ben,
que vos non viu quando se foi d’aquen.
– Eu [mi]-o fiz, madre, que lho defendi:
se m’el non viu quando se foi d’aqui,
eu mi-o fiz, madre, que lho defendi.
– Nunca lhi ben devedes a querer
porque se foi e vos non quis veer.
– Eu mi-o fiz, madre, [que lho defendi:
se m’el non viu quando se foi d’aqui,
eu mi-o fiz, madre, que lho defendi].
– [E] gran prazer ei no meu coraçon
porque se foi e vos non viu enton.
– Eu mi-o fiz, madre, [que lho defendi:
se m’el non viu quando se foi d’aqui,
eu mi-o fiz madre que lho defendi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 848, V 434

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 226 [= LPGP 344]); Cohen (2003: 307); Littera (2016: I, 391).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 162); Braga (1878: 82); Machado & Machado (1953: IV, 170).

Variantes manuscritas


2 d’aquen] daqueu B   6 Nunca] Aunca V   11 coraçon] corazō V   12 enton] encon B : encō V   13 Eu mho (madre) fiz madre B

Variantes editoriais


11 [E] gran prazer ei no] Gran prazer ei [e]no Nunes, Cohen : Gram prazer hei [e]no Littera

Paráfrase


(I) –Filla, vénme moi gran ben do voso amigo, xa que non vos viu cando se foi de aquí. –Foi cousa miña, madre, que llo prohibín: se el non me viu cando se foi de aquí, foi cousa miña, madre, que llo prohibín.
(II) –Nunca o debedes amar porque se foi e non vos quixo ver. –Foi cousa miña, madre, que llo prohibín: se el non me viu cando se foi de aquí, foi cousa miña, madre, que llo prohibín.
(III) –E teño gran pracer no meu corazón porque se foi e non vos viu daquela. –Foi cousa miña, madre, que llo prohibín: se el non me viu cando se foi de aquí, foi cousa miña, madre, que llo prohibín.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10B (= Tav 42:7)

Encontros vocálicos: 3 mi͜-o; 5 mi͜-o; 8 mi͜-o; 10 mi͜-o; 13 mi͜-o; 15 mi͜-o

Notas


Texto
  • 3

    Non cabe considerar como variación de refrán a ausencia do pronome CI mi (en mi-o) nesta ocorrencia, xa que aparece sucesivamente reiterado no mesmo verso; estamos, pois, ante un vulgar erro de copista por omisión.

  • 11

    Sendo posíbel a opción editorial de Nunes e Cohen para sumar máis unha sílaba ao verso ([e]no), semella máis acaído recuperar a copulativa inicial, que mantén o acento na 4ª sílaba; a súa ausencia é frecuente na copia das cantigas, en particular no inicio de estrofa (e de verso) ou de fiinda (véxase no mesmo autor 845.21). Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado