518 [= Tav 25,65]
Ora vej’eu ben, mia senhor

Ora vej’eu ben, mia senhor,
que mi non ten nen ũa prol
de no coraçon cuidar sol
de vós, senon que o peior
que mi vós poderdes fazer
faredes a vosso poder,
ca non atend’eu de vós al
nen er passa per coraçon,
se Nostro Senhor mi perdon,
senon que aquel maior mal
que mi vós poderdes fazer
[faredes a vosso poder].
E sol non met’eu en cuidar
de nunca de vós aver ben,
ca soo certo d’ũa ren:
que o máis mal e máis pesar
que mi vós poderdes fazer
[faredes a vosso poder],
ca Deus vos deu end’o poder
e coraçon de mi-o fazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 520, V 103

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 29 [= LPGP 207]); Nunes (1972 [1932]: 103-104); Littera (2016: I, 178-179).
II. Outras edicións: Moura (1847: 35-36); Monaci (1875: 46); Braga (1878: 21); Machado & Machado (1952: III, 54-55); Júdice (1997: 99); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 vej’eu] ueio V   8 coraçon] coraço V   9 perdon] pardon B   10 aquel maior mal] aq̄l (senhor) mayor mal B   19 deu] (deꝯ) deu V   20 coraçon] o coraçō BV

Variantes editoriais


1 vej’eu] vejo Lang   2 nen ũa] nenhunha Lang : nẽũa Littera   3 de no] d’e-no Lang   7 vós] yós Nunes   15 soo] sõo Lang, Nunes, Littera   20 coraçon] o coraçon Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Ben vexo agora, miña señora, que de nada me vale que o meu corazón só pense en vós, senón que o peor que vós me poidades facer mo faredes con todo o voso poder, (II) porque non espero eu de vós outra cousa nin se me pasa pola mente, así Noso Señor me perdoe, agás que aquel maior mal que vós me poidades facer mo faredes con todo o voso poder.

(III) E nin sequera se me ocorre pensar en obter algún día o voso ben, pois estou certo dunha cousa: que o maior mal e o maior pesar que vós me poidades facer mo faredes con todo o voso poder, (1) porque Deus vos deu o poder para o facer e a vontade de mo facer.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:330)

Encontros vocálicos: 20 mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Aínda que desde Lang a Littera non son ligadas as estrofas I-II, esta composición móstrase próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha unión copulativa das dúas últimas estrofas (véxase nota á cantiga 55).

  • 3

    Igual que en 514.19, é discutíbel a segmentación que efectúa Lang na secuencia <De no> B, <de no> V, e que afecta á variación no ~ eno (cfr. nota a 99.18).

  • 9

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 20

    Nas edicións precedentes, o verso resulta hipermétrico, pola imposibilidade de sinalefa entre a copulativa e o artigo (cfr. tamén nen er passa per coraçon, v. 8); é por isto que semella axeitada a expunción do artigo, como noutras pasaxes do corpus en que a súa presenza é claramente espuria, pois son casos de estruturas paralelísticas ou de repetición do refrán. Véxanse, por exemplo, 943.17 (V vs. B), 1081.5 (BV) ou 1298.4 (BV).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado