392 [= Tav 70,14]
Deus, como se foron perder e matar

Deus, como se foron perder e matar
mui boas donzelas, quaes vos direi!
[E] foi Dordia Gil e foi Guiomar,
que prenderon ordin; mais, se foss’eu rei,
eu as mandaria por en[de] queimar
porque foron mund’e prez desemparar.
Non metedes mentes en qual perdiçon
fezeron no mund’e se foron perder
(com’outras arlotas viven na raçon)
por muito de ben que poderon fazer;
mais eu por alguen ja mort’ei de prender,
que non vej’, e moiro por alguen veer.
Outra bõa dona, que pelo reino á
de bon prez e rica, de bon parecer,
se mi-a Deus amostra, gran ben mi fara,
ca nunca prazer veerei sen a veer:
que farei, coitado? Moiro por alguen
que non vej’e moiro por veer alguen.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 425, V 37

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 884-885); Nobiling (2007 [1907]: 82 [= LPGP 444-445]); Lopes (2002: 221); Littera (2016: I, 514).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 21); Braga (1878: 8); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 126-127); Machado & Machado (1950: II, 246); Domingues (1992: 36); Rios Milhám (2018b: III, 392).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 33-34).

Variantes manuscritas


2 mui] uiui V; donzelas] douzelas B   3 Dordia] Oordia V; Guiomar] Gu(o)yomar V   6 desemparar] desenpar[*]r B   7 qual perdiçon] q̄l ꝑdicō V   8 fezeron] fezon V   9 arlotas] arllotas BV; raçon] racō V   10 poderon fazer] podom faz V   11 eu] en B   13 Outra bõa dona] Ouc̄ dōa V; reino] Beyno V

Variantes editoriais


2 boas] bõas Michaëlis, Nobiling; vos] vus Michaëlis   3 [E]] om. Michaëlis, Nobiling, Lopes, Littera; Dordia] Oordia Michaëlis; e foi] e [ar] foy Nobiling : e [er] foi Littera   5 en[de]] én [a] Michaëlis : en [ja] Lopes   8 mund’e] mundo e Lopes, Littera   9 com’outras arlotas] Come outras arllotas Michaëlis   13 reino] rein(o) Michaëlis   14 de] [e] de Nobiling   16 veerei] verey Nobiling : verei Littera; sen a] se’-na Michaëlis : sẽ-na Nobiling

Métrica


Esquema métrico: 11a 11b 11a 11b 11a 11a (I [= Tav 58:1]) + 11a 11b 11a 11b 11b 11b (II [= Tav 85:1]) + 11a 11b 11a 11b 11c 11c (III [= Tav 99:2])

Encontros vocálicos: 1 Dor·di·a; 3 Gui·o·mar; 13 reino‿á; 15 mi-‿a; 16 ve͜erei

Notas


Texto
  • 3

    Aínda coa articulación paroxítona de Dordia, tal como parece derivarse da probábel súa procedencia do nome grego Dorothea, e tendo en conta que Guiomar é tamén trisilábico, é precisa unha reintegración neste verso, que a copulativa inicial resolve perfectamente (casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.). No relativo a outras edicións, nótese a forma Oordia de Michaëlis ou a introdución de ar ou er (ar foy ou er foi) que Nobiling e Littera consideraron.

    Dordia Gil está documentada, tanto no Livro Velho (LV 1M9) como no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (25B2), como filla de Gil Vasques de Soverosa (morto en 1245) e da súa terceira muller Maria Gonçalvez Giroa, e tamén se indica que foi monxa no mosteiro de Arouca. Canto a Guiomar, foi Carolina Michaëlis (2004: esp. 83-84) a primeira en a identificar coa media irmá de Dordia, mais os Livros de Linhagens informan de que Guiomar Gil de Soverosa casou con Joham Rodriguez de Briteiros e tivo catro fillos (16B6-7; 23B2). De todos os xeitos, figuran nos Livros de Linhagens varias doncelas de nome Guiomar que foron freiras, e, máis en concreto, no mosteiro de Arouca viviu como tal Guiomar Mendes (36G11), filla de Men Rodriguez de Vasconcelos (véxase Mattoso 1980 e Mattoso & Piel 1980; tamén Brocardo 2005: 61-62).

  • 4

    Prender ordin é ‘tomar os hábitos relixiosos, ingresar nun convento’ é sintagma sinonímico de filhar orden, na cantiga 330. Cfr. omen d’orden ‘freire’ en 878.10

  • 5

    Optamos, con Nobiling, pola conversión de én en ende, emenda que permite resolver a hipometría do verso. Michaëlis (por én [a] queimar) introduciu unha preposición a, que non se rexistra con mandar, e Lopes o adverbio ja (por én [ja] queimar).

  • 7

    O substantivo perdiçon só é utilizado por Don Denis (541.17, 544.19, 557.15) e por Joan Airas (960.14), nos dous casos asociado a viver ou a vida.

  • 9

    O vocábulo arlota, de orixe galo-románica (cfr. fr. ant. arlot, harlot, herlot, it. ant. arlotto, alrotto), de etimoloxía escura1 , só conta con esta documentación na lírica profana, aínda que nas Cantigas de Santa Maria se rexistran arlotia (CSM 125.91, 346.53, 414.48) e arloton (CSM 305.48). O seu significado fundamental é ‘persoa de má vida’2 . Por tanto, o verso aparentemente (e así é sinalado por Nobiling e Michaëlis cunha interrogación) indica que as arlotas viven precariamente (talvez escondidas no convento?) da raçon ‘ración’, vocábulo tamén documentado nas Cantigas de Santa Maria e mais en Pero da Ponte (1666.3). Con todo, debe ser considerada a posibilidade de que raçon (<ratiōnem) signifique ‘regra monástica’.
    Canto á grafía de <arllotas>, é de sublinhar que nos apógrafos italianos é sistemática a presenza de <ll> tras a consoante vibrante, tal como se pode comprobar nas restantes voces que presentan esta secuencia fonética: burlado <burllado> B (1606.14); canterlada <canterllada> BV (1359.3 e 13 <canterlhada> V; 1362.r3; 1366.36 <cancerllada> B) e canterladuras <cãterlladuras> B (1575.12); burlado <burllado> B (1606.14); escarlata <escarllata> BV (1634.14); parlar <parllar> B (1558.7); Morpirler <morpirller> (1673.15 e 26 <mõ pirller> B, <mõ pilher> V). Véxase nota a 29.22.

  • 14

    A presenza da conxunción [e] no texto editado por Nobiling non é necesaria; por outra parte, Lopes opta por, a través da puntuación, estabelecer un sintagma rica de bon parecer.

  • 17

    O verso permitiría unha outra puntuación, de modo que a pregunta afectase unicamente aos dous elementos iniciais: Que farei? Coitado moiro...

  1. ^

    Véxase Corominas & Pascual (1980-1991: s.v. arlote) e Machado (1967: s.v. arlota).

  2. ^

    Cfr. o ingl. harlot, que modernamente significa ‘prostituta’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado