En A non foi copiada a estrofa III, ficando libre o espazo que lle correspondía.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 191); Blasco (1984: 105 [= LPGP 839-840]); Marcenaro (2012b: 176); Littera (2016: II, 345-346).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 83); Carter (2007 [1941]: 55); Marques Braga (1945: 174); Machado & Machado (1949: I, 316); Fernández Pousa (1953: 10); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 180).
2 vos] uus A 3 per-faç’i] per fa B 6 me] mj B 8 me] mj B 9 se] xe B 10 nen] nō B; queixo a] queixa a A : q̄ixe a B 13 coraçon] coracon B
2 de] de[s] Michaëlis, Littera; vos] vus Michaëlis, Blasco 4 devi’a] devia Michaëlis, Blasco, Marcenaro, Littera 8 dé] dê Michaëlis, Littera 9 vos ] vus Michaëlis, Blasco; queix’én] queix(e) én (?) Michaëlis 10 queixo] queix(o) Michaëlis : queixe Blasco 12 me] mi Marcenaro 13 e meu] en meu Michaëlis, Blasco, Marcenaro, Littera 18 me] mi Blasco, Marcenaro
(I) Señora, quéixome de que vos vin co gran pesar que teño, e fago gran dereito niso; e aínda me debía queixar máis eu desa vosa (bela) figura que me fai sufrir tanto mal.
(II) E quéixome dos meus ollos por iso, así Deus me dea ben, con medo de que non se vos queixen por iso, miña señora, e non me queixo a Deus eu desa vosa (bela) figura que me fai sufrir tanto mal.
(III) E quéixome eu, e o meu corazón, porque me fai amarvos a vós, de quen nunca obtiven ben, e quéixome con razón eu desa vosa (bela) figura que me fai sufrir tanto mal.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I, II [= RM 160:372]) + 8a 8b 8b 8a 8B 8B (III [= RM 151:12])
Encontros vocálicos: 10 queixo‿a
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda, por máis que os anteriores editores non a considerasen.
Parece que o verbo queixar se refire a ollos (plural), mais a rima impón a segmentación de én pola necesaria tonicidade rimática (cfr. nota a 117.10). Deste modo, queix’én encobre un sintagma queixen én.
Segmentamos, a diferenza dos editores anteriores, unha copulativa en <m̄> que suxire unha diferenciación entre o «eu» do trobador e o seu «coraçon», tal como noutras cantigas acontece; deste modo, coraçon é o suxeito de faz (v. 14). De modo diverso, os editores precedentes emendan a lección manuscrita e estabelecen m’en, cunha lectura que banaliza o texto do manuscrito.
O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: