1350 [= RM 47,1]
Agora oi d’ũa dona falar

Outrossi fez outra cantiga a outra dona a que davan preço con un peon que avia nome Vela; e diz assi:

Agora oi d’ũa dona falar
que quero ben, pero a nunca vi,
por tan muito que fez por se guardar
por molher que nunca fora guardada:
por se guardar de maa nomeada,
filhou-s’e poso vela sobre sí.
[E] ainda d’al o fez mui melhor,
que lhi devemos máis a gradecer:
que nunca end’ouve seu padre sabor
nen lho mandou nunca, pois que foi nado,
e, a pesar dele, sen o seu grado,
non quer vela de sobre sí tolher.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscripts


B 1332, V 939

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 222 [= LPGP 313]); Lagares (2000: 146 [rúbrica]); Lopes (2002: 33); Littera (2016: I, 367); Arias Freixedo (2017: 160).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 321); Braga (1878: 176); Machado & Machado (1958: VI, 66-67); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 57).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 106-107); Arias Freixedo (1993: 125); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 101); Diogo (1998: 17-18); Arias Freixedo (2003: 220).

Manuscript variants


Rúbrica: preço] p̃zo V; un] huū V; Vela] nela V

Texto:
7 o] e V   8 devemos] deuems V

Editorial variants


Rúbrica: e diz assi] om. Lapa, Lopes

Texto:
4 por] pois Lapa, Lopes : poi[s] Littera, Arias Freixedo   6 filhou] fechou Lapa; vela] Vela Lapa, Lopes, Littera   7 [E]] om. Lopes, Littera, Arias Freixedo; d’al] d[e] al Arias Freixedo; fez] fez[o] Lopes, Littera   8 devemos ... a gradecer] devemos ... agradecer Lopes, Littera   11 dele] del e Arias Freixedo   12 vela] Vela Lapa, Lopes, Littera

Paraphrase


Outrosí fixo outra cantiga a unha dama de quen dicían que andaba de amores cun peón chamado Vela, e di así:

(I) Ouvín agora falar dunha dama que quero moito, aínda que nunca a vin, polo empeño que puxo en ser vixiada por unha muller que nunca fora gardada: por se gardar da mala fama, encerrouse e puxo garda sobre si.
(II) E aínda o fixo mellor por outra cousa que lle debemos agradecer máis: que a seu pai nunca lle gustou iso, nin llo mandou nunca; mais a pesar del e sen a súa aprobación, non se quere desfacer da garda que ten sobre sí.

Metrics


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10a 10’c 10’c 10b (= RM 124:3)
Encontros vocálicos: 1 Agorao·i; 9 nuncaend’

Notes


Text
  • *

    A cantiga mostra un escarnio que “radica sobre todo na dupla interpretación do último verso de cada estrofa, principalmente no duplo sentido da palabra vela” (Arias Freixedo 2017: 161). Isto é, Vela, o nome do (descoñecido) peón, tal como indica a rúbrica, e o nome común vela ‘vixilancia, garda, sentinela’ (do lat. vĭgĭlĭam). Un xogo moi similar con saco/Saco pode verse na cantiga 1352, do mesmo trobador.

  • 4

    En face das edicións precedentes, mantemos a lección dos manuscritos, con por no inicio do verso, porque ten sentido no contexto. No entanto, é certo que resulta algo estraña a presenza de por a iniciar os vv. 3, 4 e 5. Talvez por isto, e porque tamén acae ben no contexto, foi considerada a emenda por > pois, confusión de que hai probas nos manuscritos italianos (véxase, por exemplo, 1264.1 Pois <Poys> B, <Por> V). Nesse caso, a articulación da estrofa sería levemente diferente:

    Agora oi d’ũa dona falar
    que quero ben, pero a nunca vi,
    por tan muito que fez por se guardar,
    pois molher que nunca fora guardada, 
    por se guardar de maa nomeada, 
    filhou-s’e poso vela sobre sí.

    Isto é, ‘Ouvín agora falar dunha dama que quero moito, aínda que nunca a vin, polo moito que fixo por se gardar, pois unha muller que nunca fora gardada, para se gardar da mala fama, encerrouse e puxo garda sobre sí’.

  • 5

    O substantivo nomeada ‘fama, reputación’ (de nomear + -ada) só se rexistra nesta cantiga e mais en 464.25.

  • 6

    Igual que acontece con fezo vs. fez (véxase nota a 53.16) ou quiso vs. quis (véxase nota a 60.19), a forma poso supón o mesmo proceso de caracterización da P3 do pretérito forte de poer (posuit > pôs poso), coa particularidade de que poso é ocorrencia única na lingua das cantigas profanas, embora frecuente na produción prosística, nomeadamente na producida no territorio galego (cfr. CGPA, s.v. poso). 
    Tanto o substantivo vela, derivado regresivo de velar, aparentemente derivado do lat. uigilare (Corominas & Pascual 1980-1991, s.v. velar), como o verbo velar deben de ser castelanismos antigos no ámbito galego-portugués (cfr. lat. uĭgĭlāre > vigiar). Existen documentacións na prosa desde o século XIV. Eis algunhas (cfr. CGPA):

    nin posa chamar a frade que este ena granja de Santa Maria de Oliueyra, nin seus homes nin hos que y moraren e esteueren por lo moesteyro aa vela nin pera garda do muro (doc. 1314, ed. Romaní Martínez).

    Agora diz o cõto que os gregos fezeron poer uelas por gardar ben suas ostes. (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo).

    Outrosí, mandades uelar de cada noyte ós omes do conçello et os que uan emprasar da uosa parte espeyran a huus e [outros e os leuan] aa uela (doc. 1385, ed. Ferro Couselo).

    Et os ditos homes das ditas pesoas et coengos et raçoeyros da dita iglesia que non vellasen en uela con o conçello saluo quando vellasen aqueles con quen viuesen (doc. 1389, ed. Cal Pardo).

    Et declarando dos panigoados que aquelles a que os [sic] pesoas et coengos et homes boos deren de vestir et de comer continuadamente que sean panigoados et non outros et que uellen con elles ennas suas uelas (doc. 1389, ed. Cal Pardo).

    E os da vela que disto tiinham esperto cuidado, como semtirom que eram açerca, e virom viinr a rrollda pello muro, começarom de braadar apupamdo: Ex a Traposa vai! Eyla Traposa vay! que era o çerto sinall amtrelles (Fernão Lopes, Crónica de D. João I; ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto).

  • 7

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar placidamente a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

Search
    No results