Fernan Rodrig[u]iz de Calheiros entendia en ũa donzela, e tragian a esta donzela preito de a casaren con Fernan Roiz ‘Corpo Delgado’, e ela disse que o non queria; e por esto fez este cantar Fernan Rodrig[u]iz; e diz assi:
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 221 [= LPGP 317]); Lagares (2000: 145 [rúbrica]); Lopes (2002: 32); Littera (2016: I, 366-367).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 211); Braga (1878: 176); Machado & Machado (1958: VI, 66).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 190); Landeira Yrago (1975: 169); Tavares & Miranda (1987: 347); Diogo (1998: 17); Arias Freixedo (2003: 218); Corral Díaz & Vieira (2023: 135).
Rúbrica: esta] esto B; queria] queiria B; Rodrig[u]iz] om. B
Texto:
2 soo] Coo B 3 de como] (de como) / De como B
Rúbrica: o] om. Lapa, Lopes, Littera; e diz assi] om. Lapa, Lopes
Texto:
2 soo] sõo Lopes, Littera 4 contra mí [e]n outro dia] [es]contra mi noutro dia Lapa, Lopes, Littera
Fernan Rodriguiz de Calheiros pretendía de amores unha doncela, e andaban en tratos para casar esta doncela con Fernan Roiz, dito “Corpo Delgado”, e ela dixo que o non quería; e por isto fixo este cantar Fernan Rodriguiz, e di así:
(I) Eu estou moi sorprendido polo moi ben que unha doncela enfadada me argumentou o outro día, pois díxome que antes quería ser mal feita que ter corpo delgado.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’c 7’c 7’a 7’b (= RM 123:1)
Encontros vocálicos: 1 donzela‿ensanhada
O participio ensanhada, xunto co infinitivo correspondente (en 722.12, Gonçal’Eanes do Vinhal) e coa formación desensanhar, utilizada por Afonso Paez de Bragaa (850.14), son as únicas ocorrencias da variante ensanhar (en face da maioritaria assanhar), coa presenza dun prefixo en- que talvez remite á orixe do substantivo que está na base de assanhar: lat. (in)saniam > sanha. Fóra destes rexistros, só achamos ensanar na Crónica de Santa Maria de Iria e ensanamento nun fragmento xurídico do século XIV, para alén de unha outra ocorrencia de ensanar na lírica galego-castelá (véxase CGPA, s.v.).
Para resolver a hipometría do verso acudimos ao sintagma en outro dia, tamén existente no corpus xunto con noutro dia (véxase 943.1, 1386.6 e 11, 1400.1, 1439.1, 1598.2), en vez da variante preposicional [es]contra dos anteriores editores.
Obsérvese o xogo con corpo delgado, co sentido denotativo do sintagma e mais co explicitado pola rúbrica: Corpo Delgado é alcume de Fernan Roiz, que a doncela non quería aver. De todos os modos, tal personaxe non ten identificación segura, tal como se recoñece en Marcenaro & González (2024: s.v. Fernan Roiz Corpo Delgado).